Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE403D
Autorización para o desenvolvemento dos plans específicos de xestión marisqueira.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais
Consellería do Mar
As entidades do sector produtivo do marisqueo titulares de plans de xestión aprobados poderán presentar solicitudes para desenvolver a actividade marisqueira durante un período mínimo dun mes e máximo de tres meses que dirixirán ás xefaturas territoriais correspondentes da Consellería do Mar.
Entidades de interese colectivo do sector produtor do marisqueo
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Servizo de Xestión dos Recursos Marisqueiros
RÚA VALIÑO, 63-65
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544014
Fax: 981544740
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182029
Fax: 981182027
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro
RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555002
Fax: 982555005
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817113
Fax: 986817160
Prazo de presentación: PECHADO
31/12/2020 00:00 - 02/01/2024 23:59
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes será cunha anticipación mínima de 15 días á data de inicio da actividade.
- As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de desenvolvemento do plan de xestión en zonas de autorización (anexo III-PE403D), os datos da explotación anteriores necesarios para o seguimento e xestión dos bancos, de acordo coas indicacións do persoal técnico da consellería responsables de informar a solicitude. Non será necesaria a achega destes datos sempre e cando estean dispoñibles na ferramenta para o seguimento dos plans de xestión habilitada pola consellería para a consulta desta información.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas pre senta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo III)
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 153/2019, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas (DOG nº 233 do 9 de decembro de 2019).
-
Orde do 21 de decembro de 2020 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o trienio 2021-2023 (DOG nº 262 do 31 de decembro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.
Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59
Axudas autonómicas a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)
Prazo aberto: 04/07/2025 00:00 - 18/08/2025 23:59
Axudas destinadas á creación e consolidación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros
Prazo aberto: 10/07/2025 00:00 - 11/08/2025 23:59
Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano