Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE401I
Axudas ás persoas mariscadoras afectadas polo cesamento temporal da actividade marisqueira como consecuencia do COVID-19.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Mar
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais e convocar para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, axudas ás persoas mariscadoras a pé afectadas polo cesamento temporal da actividade marisqueira como consecuencia do gromo da COVID-19. Estas persoas, como persoas traballadoras autónomas, quedan sometidas ao disposto no artigo 10.1.a) da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
Código de procedemento administrativo PE401I.
2. O período de referencia subvencionable da paralización temporal da actividade de marisqueo a pé é do 1 de xullo ao 31 de decembro de 2020 (ambos incluídos).
1. Poderán ser beneficiarias:
As persoas titulares de permisos de explotación para marisqueo a pé para recursos marisqueiros xerais ou específicos que levaran a cabo actividade extractiva (días de actividade) cando menos 120 días durante os anos 2018 e 2019.
Cando a persoa mariscadora a pé sexa titular dun permiso de explotación cunha vixencia inferior aos dous anos no momento da data de presentación da solicitude de axuda, os días mínimos de actividade extractiva requiridos para a dita persoa calcularanse como a proporción de 120 días nos dous últimos anos civís. De acordo con isto, os días de actividade extractiva exixidos para cumprir este requisito serán os días resultantes de dividir entre 6, o período desde o outorgamento do permiso de explotación.
2. Os días de actividade extractiva verificaranse mediante as notas de vendas realizadas nas lonxas ou centros de venda autorizados e serán os que consten nos rexistros da Consellería do Mar.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Praza de Europa, 5A, 4º
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 546347
Email: sxmar.cmrm@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Rúa Ramón y Cajal, 2-5º
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro
Gerardo Harguindey Banet
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555003
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar
36201 Vigo (Pontevedra)
Prazo de presentación: PECHADO
28/10/2021 00:00 - 29/11/2021 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
1. As persoas mariscadoras a pé que sexan beneficiarias de acordo co disposto no artigo anterior terán que cumprir os seguintes requisitos:
a) Que o permiso de explotación para marisqueo a pé, o permiso de explotación a pé con utilización dunha embarcación auxiliar ou o permiso de explotación a pé para recursos específicos estea en vigor. Ademais, as persoas mariscadoras a pé non terán autorizada a suspensión temporal da vixencia do permiso de explotación no período de referencia subvencionable.
O cumprimento deste requisito verificarase mediante a información que consta nos rexistros da Consellería do Mar.
b) Estar en situación de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar no momento da solicitude e durante a vixencia do permiso de explotación para 2020.
c) A actividade extractiva de marisqueo (días de actividade) da persoa no período de referencia subvencionable terá que ser inferior á media dos días de actividade no dito período nos tres últimos anos civís anteriores (agás períodos extraordinarios), establecidos no artigo 7.1.
d) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas nas cales concorra algunha das seguintes circunstancias:
a) As sinaladas no artigo 10, parágrafos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Que se atopen nalgún dos supostos establecidos no artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio.
c) Ter sido sancionada coa imposibilidade de obtención de préstamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)
A solicitude de axuda dirixirase, en función do permiso de explotación para marisqueo a pé, á xefatura territorial correspondente da Consellería do Mar.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Forma parte de cada solicitude a declaración responsable que contén e na cal se fan constar os seguintes aspectos:
a) Que cumpran os requisitos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Que non se atopan en ningún dos supostos establecidos no número 1 do artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, é dicir:
1º. Non ter cometido infracción grave consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou o artigo 90.1 do Regulamento (CE) nº 1224/2009.
2º. Non ter estado involucradas na explotación, xestión ou propiedade de buques pesqueiros incluídos na lista de buques INDR da Unión Europea recollida no artigo 40.3 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou de buques que enarboren pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes segundo se establece no seu artigo 33.
3º. Non ter cometido infraccións graves da política pesqueira común (PPC).
4º. Non ter cometido fraude no marco do Fondo Europeo de Pesca (FEP) ou do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
c) Non ter sido sancionadas coa imposibilidade de obter préstamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.
d) O conxunto de todas as solicitudes formuladas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.
e) Non ser perceptor da prestación extraordinaria de cesamento de actividade regulada no artigo 17 do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19.
f) Non ser perceptor de axudas como persoa armadora ou tripulante pola paralización temporal da actividade pesqueira para o mesmo período de tempo como consecuencia do gromo da COVID-19, ao abeiro do artigo 33 do Regulamento (UE) nº 508/2014, do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
g) A percepción dalgunha das seguintes prestacións entre o 1 de xullo e o 31 de decembro: incapacidade temporal, nacemento e coidado de menor, risco durante o embarazo, risco durante a lactación, coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave.
A presentación da solicitude de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade das declaracións anteriores por calquera medio ou rexistro dispoñible.
Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo II. Nomeamento de representante, se é o caso.
b) Documentación de acreditación da personalidade: no caso de solicitude por persoa representante, acreditar a representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia da súa existencia.
Entenderase acreditada a representación nos procedementos administrativos tramitados polo sector público autonómico mediante outorgamento de apoderamentos apud acta efectuados pola comparecencia persoal nas oficinas da rede regulada na dita lei, pola comparecencia electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da acreditación da inscrición no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia, ou no que corresponda, do poder de representación.
c) De ser o caso, informe do Instituto Social da Mariña (ISM) de percepción dalgunha das seguintes prestacións no período comprendido entre o 1 de xullo e o 31 de decembro de 2020:
1º. Cesamento de actividade de traballadores autónomos.
2º. Incapacidade temporal.
3º. Nacemento e coidado de menor.
4º. Risco durante o embarazo.
5º. Risco durante a lactación.
6º. Coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou exista dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa física solicitante.
b) DNI/NIE da persoa autorizada ou NIF da entidade autorizada.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
f) Certificado de estar día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións obtida da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
g) Concesións de subvencións e axudas.
h) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Vida laboral.
j) A condición de persoa mariscadora a pé, que se acredita por ser titular dun permiso de explotación para marisqueo a pé, dun permiso de explotación para marisqueo a pé con utilización dunha embarcación auxiliar ou dun permiso de explotación a pé para recursos específicos, así como o feito de non ter autorizada a suspensión temporal deste, serán verificados pola Consellería do Mar a través dos datos existentes no seus rexistros.
k) Verificación do número de días de actividade extractiva realizados pola persoa no período de parada subvencionable, que se comprobará da mesma forma que na epígrafe anterior.
l) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais que deberá ser obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, e deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que a persoa solicitante non foi declarada culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitaráselle á persoa interesada que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado do anexo I e achegar os documentos.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Iniciación
- Nomeamento de representante (Anexo II)
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
A resolución emitirase e notificarase no prazo máximo de dous (2) meses desde a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, en todo caso a data límite para resolver sería o 31 de decembro de 2021.
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 25 de outubro de 2021 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, pola paralización temporal da actividade de marisqueo a pé como consecuencia do gromo da COVID-19 (cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca) (DOG nº 207 do 27 de outubro de 2021).
-
Extracto da Orde do 25 de outubro de 2021 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, pola paralización temporal da actividade de marisqueo a pé como consecuencia do gromo da COVID-19 (cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca) (DOG nº 207 do 27 de outubro de 2021).
-
CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 25 de outubro de 2021 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, pola paralización temporal da actividade de marisqueo a pé como consecuencia do gromo da COVID-19 (cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca) (DOG núm.227 do 25 de novembro de 2021).
-
CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 25 de outubro de 2021 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, pola paralización temporal da actividade de marisqueo a pé como consecuencia do gromo da COVID-19 (cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca) (DOG núm.227 do 25 de novembro de 2021).
-
Resolución do 30 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se dá publicidade das axudas concedidas correspondentes á convocatoria do exercicio 2021 (DOG nº 8 do 13 de xaneiro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.
Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59
Axudas para proxectos colectivos que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable.
Prazo aberto: 30/04/2025 00:00 - 29/05/2025 23:59
Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano
Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano