Guía de procedementos e servizos

PE210B

Selección de candidatos a grupos de acción local do sector pesqueiro.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2016 - Prazo pechado: 15/06/2016 00:00 - 17/08/2016 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Esta orde ten por obxecto establecer o procedemento de selección de candidatos a grupos de acción local do sector pesqueiro (en diante GALP) para elaborar as estratexias de desenvolvemento participativo (en diante EDLP) e facer pública a súa convocatoria.

Poboación obxecto da actuación.

1. Con carácter xeral, a poboación do territorio de actuación do grupo de acción local non terá menos de 10.000 nin máis de 150.000 habitantes, segundo establece o artigo 33.6 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

Poderase superar o límite de 150.000 habitantes sempre que se xustifique a proposta territorial de maneira razoada e co obxectivo de manter a homoxeneidade, a continuidade e a cohesión territorial.

Poderanse non acadar os 10.000 habitantes en zonas escasamente poboadas onde existan vínculos sociais, culturais e económicos que permitan unha aplicación axeitada da estratexia.

2. A poboación computable na estratexia será a residente nos municipios do anexo I, agás no caso de Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo con zonas urbanas densamente poboadas e nos cales contabilizará como poboación tan só a integrante do sector pesqueiro e as súas familias.

Tipo de entidades.

1. O grupo poderá estará constituído por entidades representativas dos seguintes sectores:

a) Sector pesqueiro: integrado polas asociacións e entidades de interese colectivo pesqueiro, marisqueiro e acuícola con personalidade xurídica propia.

b) Sector social: integrado polas asociacións socioculturais, deportivas, ecoloxistas, recreativas e educativas, as asociacións de mulleres, as relacionadas coa inclusión social e outras similares.

c) Sector económico: integrado polas asociacións de empresarios e empresarias, de axentes económicos e organizacións sindicais.

d) Sector público: integrado polas administracións públicas de ámbito local e entidades do sector público vinculadas ou dependentes destas.

2. As asociacións deberán permitir a integración nela de todas as entidades asociativas e de representación de intereses colectivos, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, así como administracións locais e entidades públicas dependentes destas, dentro do ámbito territorial correspondente, non permitindo en ningún caso a participación de persoas físicas ou xurídicas con ánimo de lucro.

Poderán participar entidades de ámbito suprazonal sempre que non existan entidades da mesma natureza a nivel zonal.

Entidades asociativas, representativas do sector pesqueiro, social, economico e público.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Servizo de Desenvolvemento das Zonas de Pesca

Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546147/ 981546150

Fax: 981546138

Email: galp.cm@xunta.gal

http://mar.xunta.gal/gl/o-mar/o-sector/grupos-de-accion-local-do-sector-pesqueiro

Servizo de Desenvolvemento das Zonas de Pesca

Prazo de presentación: PECHADO

15/06/2016 00:00 - 17/08/2016 23:59

Dous meses, a partir do día seguinte ao da data de publicación da Resolución do 10 de maio de 2016 no Diario Oficial de Galicia.

a) Ter personalidade xurídica e estar constituídas e en funcionamento antes de finalizar o prazo de presentación da solicitude. As persoas xurídico-privadas deben estar constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e normativa de aplicación do Estado e Comunidade Autónoma, e carecer estatutariamente de ánimo de lucro.

b) Estar composto por entidades que representen os intereses socioeconómicos locais públicos e privados dentro da zona, e nos que nin as autoridades públicas, nin ningún tipo de interese concreto representen máis do 49 % dos dereitos de voto na toma de decisións, ou compromiso de adaptación dos seus estatutos á dita composición. Unha entidade só poderá ser socia dunha organización candidata.

c) Delimitar o territorio ou zona de actuación por termos municipais e cumprir as condicións de poboación que aseguren unha masa crítica suficiente para apoiar unha estratexia viable de desenvolvemento. A delimitación xustificarase debidamente.

d) Ser unha asociación que se comprometa a crear un GALP ou un grupo de acción local existente para o desenvolvemento das zonas de pesca que se comprometa a crear un GALP. No primeiro caso, teranse en conta as expresións de apoio (cartas de compromiso) de representantes da comunidade local, e deben incluír o apoio da maioría das entidades asociativas do sector pesqueiro do territorio afectado.

e) Comprometerse, se é seleccionado, a elaborar unha EDL baseada nos recursos do territorio e cuantificada con obxectivos e prioridades, contando coa participación de todas as organizacións públicas e privadas interesadas implantadas no territorio. A estratexia comprenderá as actuacións e investimentos previstos no período de programación 2014-2020, que poderán prorrogarse ata finais de 2023.

  • As solicitudes (Anexo II desta orde) deberán ir acompañadas do orixinal ou copia compulsada ou cotexada da documentación que se relaciona:

    • a) NIF da entidade solicitante, en caso de non ter autorizado a Consellería do Medio Rural e do Mar para obter esta información de acordo co establecido no artigo 9 da orde do 6 de abril de 2015.

    • b) DNI/NIE da persoa representante, en caso de non ter autorizado a Consellería do Medio Rural e do Mar para obter esta información de acordo co establecido no artigo 9 da orde do 6 de abril de 2015.

      Certificado do órgano competente no cal se especifique o acordo polo que se autorizou o representante para formular a solicitude. Se actuar en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia.

    • c) Acta de constitución e copia dos estatutos e, se for o caso, normas de funcionamento interno.

    • d) Para os grupos existentes, certificado de inscrición da asociación no rexistro administrativo correspondente, e para o resto dos candidatos, compromiso de presentalos unha vez emitidos polo rexistro.

    • e) Memoria explicativa da delimitación do territorio que inclúa:

      • 1º. Lista de municipios que compoñen a proposta de zona de actuación con información relativa na poboación que abranguería a EDLP (censo 2013). Criterios e xustificación da delimitación da zona realizada polo candidato. Mapa do ámbito xeográfico da zona de actuación.

      • 2º. Xustificación da cohesión funcional, para o cal se caracterizarán e identificarán os factores xeográficos, económicos, sociais e culturais que contribúen á cohesión e grao de homoxeneidade. De ser o caso, xustificación de non cumprir os límites xerais de poboación.

    • f) Documentación relativa á organización candidata e asociados:

      • 1º. Certificación de socios públicos e privados en activo (indicando denominación, sector de actividade, NIF, domicilio social e ámbito territorial, número de asociados, tipo de entidade, adhesión de cada socio, nome do representante, data de constitución).

      • 2º. Certificado das persoas que integran os órganos de goberno, entidade a que representan e cargos que exercen.

      • 3º. Certificado da porcentaxe de mulleres nos órganos directivos e descrición das accións para a promoción da participación destas nos órganos de goberno, de ser o caso.

      • 4º. Proposta das accións que se realizarán para garantir a participación activa dos socios, especificando as comisións sectoriais, de ser o caso, así como medidas de responsabilidade social corporativa.

      • 5º. Memoria da experiencia do candidato en materias de xestión de políticas de desenvolvemento local, ou dos socios, se for relevante.

      • 6º. Equipo tecnico, se for o caso: descrición e xustificación, currriculum vitae de cada un dos membros do equipo tecnico xustificando documentalmente a experiencia en xestión e elaboración de estratexias de desenvolvemento local participativas, distribución de tarefas e proposta de financiamento.

    • g) Proxecto para a implantación da EDLP, que incluirá os seguintes elementos:

      • 1º. Diagnóstico actual da situación do territorio que fundamente a orientación estratexica.

      • 2º. Proposta de estratexia integrada e multisectorial en grandes liñas e resultados esperados: desafíos aos cales se propón dar resposta coa estratexia, obxectivos e principais áreas de intervención, a contribución da implementación da estratexia aos resultados esperados e un financiamento indicativo.

      • 3º. O proceso de participación das comunidades locais no establecemento da asociación, na delimitación do territorio, no diagnóstico e na definición da estratexia para implantar no territorio.

    • Ás solicitudes xuntaránselles a documentación complementaria que se estableza nesta orde, que se poderá presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

      A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

      As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

    • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

      Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel nas xefaturas territoriais ou comarcais da Consellería do Medio Rural e do Mar ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 6 de abril de 2015 pola que se fai pública a convocatoria de selección de candidatos a grupos de acción local do sector pesqueiro para a elaboración de estratexias de desenvolvemento local participativo no período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020 en Galicia (DOG nº 71 do 16 de abril de 2015).

    • Resolución do 10 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convoca un novo proceso de selección de candidatos a grupos de acción local do sector pesqueiro no ámbito territorial dos concellos de Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo (DOG nº 112 do 14 de xuño de 2016).

Outros procedementos relacionados

PE209P

Axudas para proxectos colectivos que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/04/2025 00:00 - 29/05/2025 23:59

PE211A

Presentación de plans de produción e comercialización e informes anuais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE403A

Plan de xestión marisqueira.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 29/12/2023 00:00 - 02/11/2026 23:59

PE403C

Plans zonais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano