Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE209O - Axudas para a mellora de instalacións náuticas (mariñas e portos deportivos) en dominio público portuario de Portos de Galicia.
Esta resolución, con código de procedemento PE209O, ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar a concesión das axudas no exercicio 2021, en réxime de concorrencia non competitiva, ás empresas e entidades xestoras dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia que, como consecuencia da pandemia da COVID-19, estean nas seguintes condicións:
1. Que sufriron diminución nos ingresos pola imposibilidade de realizar actividades náuticas recreativas durante o estado de alarma decretado polo Goberno de España mediante o Real decreto 463/2020 e as súas sucesivas prórrogas, pero que se viron obrigados a manter a vixilancia e custodia das embarcacións atracadas nas súas instalacións.
2. Que na época estival posterior ao levantamento do estado de alarma sufriron unha redución significativa dos tránsitos que tradicionalmente atracaban nas instalacións.
Marco normativo .
Para o outorgamento e concesión das axudas reguladas nesta resolución observarase, ademais do previsto nesta, o disposto nas normas seguintes:
1. Texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e posteriores modificacións.
2. O disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento desta Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e os do seu regulamento de execución.
4. No que proceda, ao Regulamento (UE) 1407/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, sobre axudas de minimis.
Para estes efectos, as axudas concedidas ás empresas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, en virtude do cal o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Este límite máximo aplícase a todo o conxunto de axudas recibidas en concepto de minimis pola empresa, independentemente da forma en que se outorguen ou do obxectivo perseguido.
En virtude do anterior, as empresas deberán declarar, no momento de presentar a solicitude, o conxunto de axudas recibidas pola empresa en concepto de minimis, durante os dous exercicios fiscais anteriores, e durante o exercicio fiscal en curso.
5. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normativa de aplicación.
Actuacións subvencionadas .
1. Serán subvencionables aquelas actuacións que revertan na mellora das instalacións portuarias náutico-deportivas: traballos de mantemento preventivo/curativo e/ou melloras funcionais que redunden na prestación de servizos aos usuarios dos portos deportivos –sen incluír salarios nin gastos correntes– e/ou investimentos en eficiencia enerxética e/ou saneamento e/ou accesibilidade e/ou vixilancia e/ou control de accesos.
2. A título enunciativo, labores tales como labores de mantemento/substitución de elementos flotantes, pantaláns, flotadores, estacas, argolas, melloras na instalación eléctrica, iluminación, conectividade, telecomunicacións, subministración de auga, instalacións de eficiencia enerxética, instalacións de xestión de residuos.
3. A obtención da subvención non exime o beneficiario de contar coa preceptiva solicitude para a execución dos traballos por parte de Portos de Galicia.
4. Portos de Galicia reserva para si a opción de priorizar aquelas actuacións de entre as presentadas que, pola súa finalidade e funcionalidade, redunden nun maior beneficio para a instalación portuaria á vista da situación desta e establecendo en tal caso, por resolución, as seguintes prioridades:
a) Mellora das estruturas flotantes, pantaláns: pavimentos, argolas, estacas, rodetes, flotadores, fondeos.
b) Mellora ou acondicionamento da rede ou punto de subministración eléctrica e abastecemento de auga en postos de atracada, incluídas as actuacións de eficiencia enerxética.
c) Mellora nas instalacións relativas a servizos xerais de iluminación e comunicacións, incluídas as actuacións de eficiencia enerxética.
d) Mellora nas instalacións que prestan servizo aos usuarios: baños e vestiarios.
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as entidades xestoras dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia que, como consecuencia da pandemia da COVID-19, se encontren nas seguintes condicións:
1. Que sufriron diminución nos ingresos pola imposibilidade de realizar actividades náuticas recreativas durante o estado de alarma decretado polo Goberno de España mediante o Real decreto 463/2020 e as súas sucesivas prórrogas, pero que se viron obrigadas a manter a vixilancia e custodia das embarcacións atracadas nas súas instalacións.
2. Que na época estival posterior ao levantamento do estado de alarma sufriron unha redución significativa dos tránsitos que tradicionalmente atracaban nas instalacións.
3. Que desenvolven a súa actividade en instalacións localizadas en terreo portuario adscrito á Comunidade Autónoma de Galicia.
4. Que, por tanto, visen reducidos algún dos seguintes parámetros:
a) A facturación derivada pola actividade declarada arredor da concesión no exercicio do 2020 en máis dun 20 % con respecto á media no mesmo período dos dous (2) exercicios anteriores. Para xustificar a dita redución, empregarase calquera medio admitido en dereito.
b) O número de tránsitos que recalaron na instalación náutica no período de xaneiro a outubro (incluídos) de 2020 en máis dun 30 % con respecto á media dos mesmos meses nos dous anos anteriores.
5. Que pretendan investimentos nas instalacións portuarias concesionadas ao seu cargo, así como naquelas instalacións respecto das cales realicen actividades de explotación e prestación de servizos a usuarios, durante o exercicio 2021, tanto en infraestruturas como en servizos portuarios, que redunden directamente na mellora das instalacións ‒funcionalidade ou eficiencia‒ que prestan servizo á náutica recreativa.
Obrigas das personas beneficiarias .
As persoas beneficiarias destas axudas están obrigadas a:
1. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais como comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
En especial, quedarán obrigadas a facultar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Consello de Contas de Galicia e polo Tribunal de Contas del Estado, e someteranse ás accións de control financeiro e de fiscalización destes órganos.
2. Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.
3. Comunicarlle a Portos de Galicia a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente, tanto público como privado, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución.
4. Comunicarlle a Portos de Galicia calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi concedida a axuda.
5. Cumprir coas obrigas do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Os beneficiarios das axudas reguladas nesta resolución estarán suxeitos aos seguintes requisitos:
1. Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
2. Non concorrer nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Non ser unha empresa en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crises (2014/C249/01).
4. Estar en posesión das preceptivas concesións, autorizacións, permisos ou licenzas para levar a cabo a actividade.
5. Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
6. Cumprir coas obrigas recollidas no seu título concesional ou habilitante da súa actividade.
7. Non se aceptarán solicitudes respecto de portos deportivos e zonas de uso náutico-deportivo que non conten con título autorizado por Portos de Galicia e coas demais licenzas, permisos e autorizacións das demais administracións competentes.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Portos de Galicia
Praza de Europa, 5A-6º. Fontiñas
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881950095
Email: portosdeportivos@portosdegalicia.com
Portos de Galicia
Resolución do 29 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a entidades e empresas privadas de carácter náutico-deportivo para a mellora dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 69 do 14 de abril de 2021).
Extracto da Resolución do 29 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a entidades e empresas privadas de carácter náutico-deportivo para a mellora dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 69 do 14 de abril de 2021).
Resolución do 28 de setembro de 2021 pola que se amplía o prazo de xustificación da Resolución do 29 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a entidades e empresas privadas de carácter náutico-deportivo para a mellora dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 196 do 11 de outubro de 2021).
Prazo de presentación: PECHADO
15/04/2021 00:00 - 14/06/2021 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será de dous (2) meses contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Forma de presentación de solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo II. De ser o caso, nomeamento de representante para os efectos de presentación da solicitude.
b) Certificación rexistral actualizada dos estatutos sociais da entidade e da escritura de constitución.
c) Copia do poder de representación do representante legal da persoa solicitante, no caso de que tal poder non figure na certificación rexistral.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria de cada persoa solicitante.
e) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social de cada persoa solicitante.
f) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia de cada persoa solicitante.
g) Informe acreditativo de acharse ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións emitido pola Consellería de Facenda (Atriga) de cada persoa solicitante.
h) Informe do Departamento de Portos Deportivos sobre as autorizacións e concesións outorgadas e estado de cumprimento das condicións establecidas nos ditos títulos.
i) Concesións de subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Axudas para proxectos colectivos que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.
Axudas autonómicas para proxectos colectivos para mellorar a eficiencia enerxética nas lonxas pesqueiras.
Axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños
Axudas ás entidades xestoras de lonxa pola caída de ingresos como consecuencia da pandemia covid-19 e a declaración do estado de alarma efectuada polo real decreto 463/2020, do 14 de marzo
Axudas ás persoas armadoras de buques pesqueiros conxeladores do censo unificado de palangre de superficie con porto base en Galicia para paliar as dificultades de comercialización ocasionadas como consecuencia da pandemia Covid-19
Axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca