Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE209L
Axudas para compensar as perdas de ingresos por COVID-19 ás persoas autónomas redeiras.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Mar
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión e a convocatoria para 2020, de axudas destinadas ás persoas redeiras, con código de procedemento PE209L, para compensar a diminución de ingresos debido ao estado de alarma decretado polo Goberno de España mediante o Real decreto 463/2020 e as súas sucesivas prórrogas.
2. A súa finalidade é apoiar ás persoas redeiras que visen afectados os seus resultados económicos ou se enfronten a unha falta de liquidez ou outros prexuízos significativos a raíz do brote de COVID-19.
3. Esta convocatoria tramítase ao abeiro do disposto no Marco nacional temporal relativo ás medidas de axuda a empresas e autónomos consistentes en subvencións directas, anticipos reembolsables, vantaxes fiscais, garantías de préstamos e bonificación de tipos de interese en préstamos destinados a apoiar a economía no contexto do actual brote de COVID-19 (Marco nacional temporal I), notificado o 27 de marzo de 2020, á Comisión Europea que, mediante Decisión da Comisión do 2 de abril de 2020 (C (2020) 2154 final, sobre axuda estatal SA.56851 (2020/N), declarou as axudas amparadas no devandito Marco compatibles co mercado interior.
4. Estas axudas ampáranse no número 3 do Marco nacional temporal I, relativo á concesión de axudas en forma de subvencións directas.
5. Estas axudas non afectan ningunha das categorías de axuda a que fai referencia o artigo 1.1, letras a) a k), do Regulamento (UE) nº 717/2014 da Comisión (Axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura).
Poderán ser beneficiarias destas axudas todas aquelas persoas que realicen a actividade de redeira e estean afiliadas ao réxime especial de traballadores do mar por conta propia e integrada nunha asociación de redeiras na Comunidade Autónoma de Galicia que levasen a cabo a actividade de armado de redes no ano natural anterior á data de presentación da solicitude.
Obrigacións das persoas beneficiarias
As persoas beneficiarias destas axudas están obrigadas a:
a) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais como comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
b) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.
c) Comunicarlle á Consellería do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente, tanto público como privado. En especial, deberá declarar por escrito calquera outra axuda temporal relativa aos mesmos custos subvencionables que en aplicación dos marcos nacionais temporais I e II ou en aplicación do Marco temporal comunitario recibise durante o exercicio fiscal en curso.
d) Comunicarlle á Consellería do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi concedida a axuda.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Rúa do Valiño, 63
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Prazo de presentación: PECHADO
11/07/2020 00:00 - 10/08/2020 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
No suposto de persoas redeiras:
a) Estar de alta no réxime especial do mar por conta propia como persoa redeira na data de solicitude.
b) Pertencer a unha asociación de persoas redeiras con domicilio fiscal en Galicia.
c) Acreditar por parte da asociación/federación a que pertence que desenvolveu os seus labores como persoa redeira durante algún período do ano natural anterior, así como no período comprendido entre o 14 de marzo e o 15 de maio de 2020.
d) Ter perdas económicas como consecuencia do estado de alarma, que será acreditado a través do descenso de actividade económica certificado pola asociación/federación a que pertence.
e) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica dá Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. A estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Para efectos da presentación da solicitude, os interesados poderán actuar por medio de representantes. A acreditación da representación deberá realizarse mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación utilizando o anexo II.B (PE209L) da presente orde.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación dos procedementos
1 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo I.B (PE209L) de solicitude debidamente cuberto.
b) Anexo II.B (PE209L) de nomeamento de representante para os efectos de presentación da solicitude cando proceda.
c) Anexo III.B (PE209L) de declaración responsable do solicitante da axuda respecto ao cumprimento dos requisitos exixidos na presente orde, en especial no relativo ao cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 5.1, letras a), b), c), d) e e), así como respecto á veracidade de todos os documentos presentados e que dispón de documentación que así o acredita e que a poñerá ao dispor da Administración cando lle sexa requirida.
Así mesmo, a través desta declaración responsable incluída no modelo de solicitude, realizaranse as comunicacións establecidas nas letras c) e d) do artigo 6.
Igualmente, incluirá as declaracións sobre se realizou vendas noutras comunidades autónomas durante o período comprendido entre o 14 de marzo e o 15 de maio de 2020 e, de ser así, achegará certificación do órgano responsable de cada comunidade autónoma do importe en euros do facturado polas vendas da citada embarcación.
d) Anexo IV.1 de pluralidade de persoas físicas, se é o caso, ou anexo IV.2 de agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens, se é o caso.
2. A documentación complementaria estará formada por:
I) Se o solicitante é unha persoa xurídica:
a) Certificación rexistral actualizada dos estatutos sociais e da escritura de constitución.
b) Poder suficiente do representante, no caso de que tal poder non figure nos estatutos.
II) Se os solicitantes son unha pluralidade de persoas poderán ser formuladas nunha única solicitude, por medio de representante e, na súa falta, co que figure en primeiro termo. Para os efectos do ingreso da subvención, a conta bancaria sinalada no anexo I.B (PE209L) deberá estar a nome de todas as persoas solicitantes:
a) Escritura de constitución da comunidade de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica, se é o caso. En calquera caso, deberá nomearse a un representante ou apoderado único da agrupación e especificar a porcentaxe de participación de cada un dos seus membros (anexo IV.2).
III) Folla de asento actualizada (expedida nos 3 meses anteriores contados desde a data de publicación desta orde) ou acreditación da solicitude, sen prexuízo de achegar a folla de asento previa a ditarse a proposta de resolución.
IV) Certificación do órgano responsable de cada comunidade autónoma do importe en euros do facturado polas vendas da citada embarcación, se é o caso
No caso de redeiras:
a) Informe ou certificado do ISM onde figure que está de alta no devandito réxime do mar como redeira autónoma.
b) Certificado da asociación/federación dos seguintes aspectos: que traballou como redeira durante o ano natural anterior, tamén durante o período comprendido entre o 14 de marzo e o 15 de maio, así como do descenso de actividade económica.
c) Presentación de ingresos obtidos no desenvolvemento da súa actividade durante o ano 2019 e durante o período comprendido entre o 14 de marzo e 15 de maio de 2020.
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente ante a Administración. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
3. A documentación complementaria deberá presentarse de xeito electrónico. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. Para os efectos de presentación da solicitude, os interesados poderán actuar por medio de representantes; a acreditación da representación deberá realizarse mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación utilizando o anexo II.B (PE209L) desta orde.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
II) Para o caso de persoas redeiras (PE209L).
a) DNI/NIE da persoa física solicitante.
b) DNI/NIE/NIF da persoa ou entidade representante para os efectos da presentación da solicitude.
c) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigacións coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, de cada persoa solicitante.
d) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigacións coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social, de cada persoa solicitante.
e) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigacións coa Facenda da Xunta de Galicia, de cada persoa solicitante.
f) Consulta de estar ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións, emitido pola Consellería de Facenda (Atriga), de cada persoa solicitante.
g) Consulta das sancións firmes pendentes de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
h) Resolución de concesión doutra axuda para a mesma finalidade concedida pola Xunta de Galicia, se é o caso.
i) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado nos modelos de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Corrección de erros. Orde do 9 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos armadores de buques pesqueiros con porto base en Galicia e ás persoas redeiras para compensar a perda de ingresos como consecuencia da pandemia COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento PE209K e PE209L).(DOG núm. 159 do 10 de agosto de 2020).
-
Extracto da Orde do 9 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos armadores de buques pesqueiros con porto base en Galicia e ás persoas redeiras para compensar a perda de ingresos como consecuencia da pandemia de COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento PE209K e PE209L) (DOG nº 137 do 10 de xullo de 2020)
-
Orde do 9 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos armadores de buques pesqueiros con porto base en Galicia e ás persoas redeiras para compensar a perda de ingresos como consecuencia da pandemia de COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento PE209K e PE209L) (DOG nº 137 do 10 de xullo de 2020)
-
Outros procedementos relacionados
Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.
Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59
Axudas para proxectos colectivos que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable.
Prazo aberto: 30/04/2025 00:00 - 29/05/2025 23:59
Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano
Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano