Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE209K - Axudas para compensar as perdas de ingresos por COVID-19 aos armadores de buques pesqueiros con porto base en Galicia.
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión e a convocatoria para 2020, de axudas destinadas aos armadores de buques pesqueiros con porto base en Galicia, con código de procedemento PE209K, para compensar a diminución de ingresos debido ao estado de alarma decretado polo Goberno de España mediante o Real decreto 463/2020 e as súas sucesivas prórrogas.
2. A súa finalidade é apoiar as empresas armadoras que visen afectados os seus resultados económicos ou se enfronten a unha falta de liquidez ou outros prexuízos significativos a raíz do brote de COVID-19.
3. Esta convocatoria tramítase ao abeiro do disposto no Marco nacional temporal relativo ás medidas de axuda a empresas e autónomos consistentes en subvencións directas, anticipos reembolsables, vantaxes fiscais, garantías de préstamos e bonificación de tipos de interese en préstamos destinados a apoiar a economía no contexto do actual brote de COVID-19 (Marco nacional temporal I), notificado o 27 de marzo de 2020, á Comisión Europea que, mediante Decisión da Comisión do 2 de abril de 2020 (C (2020) 2154 final, sobre axuda estatal SA.56851 (2020/N), declarou as axudas amparadas no devandito Marco compatibles co mercado interior.
4. Estas axudas ampáranse no número 3 do Marco nacional temporal I, relativo á concesión de axudas en forma de subvencións directas.
5. Estas axudas non afectan ningunha das categorías de axuda a que fai referencia o artigo 1.1, letras a) a k), do Regulamento (UE) nº 717/2014 da Comisión (Axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura).
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases os armadores de buques pesqueiros (3ª lista) con domicilio social en España que figuren inscritos no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira e no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia, de buques con porto base en Galicia actualmente e desde 14.3.2020.
Para ter a condición de persoa beneficiaria, os armadores anteriormente mencionados deben sufrir perdas de, polo menos, un 25 por 100 nos ingresos derivados da actividade de primeira venda de produtos da pesca e marisqueo frescos e refrixerados en lonxas galegas no período comprendido entre o 14 de marzo e o 15 de maio, ambos incluídos, en relación coa media do mesmo período dos anos 2017, 2018 e 2019.
Obrigacións das persoas beneficiarias
As persoas beneficiarias destas axudas están obrigadas a:
a) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais como comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
b) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.
c) Comunicarlle á Consellería do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente, tanto público como privado. En especial, deberá declarar por escrito calquera outra axuda temporal relativa aos mesmos custos subvencionables que en aplicación dos marcos nacionais temporais I e II ou en aplicación do Marco temporal comunitario recibise durante o exercicio fiscal en curso.
d) Comunicarlle á Consellería do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi concedida a axuda.
As persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde estarán suxeitas aos seguintes requisitos:
1. Para o suposto de armadores de buques pesqueiros con porto base na Comunidade Autónoma de Galicia:
a) O buque pesqueiro deberá exercer a actividade pesqueira entre o 14 de marzo ao 15 de maio de 2020.
b) Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
c) Non concorrer nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
d) Non ser unha empresa en crise o 31 de decembro de 2019 de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2014/ C249/01).
e) Estar en posesión das preceptivas concesións, autorizacións, permisos ou licenzas para levar a cabo a actividade.
f) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Rúa do Valiño, 63
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Orde do 9 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos armadores de buques pesqueiros con porto base en Galicia e ás persoas redeiras para compensar a perda de ingresos como consecuencia da pandemia de COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento PE209K e PE209L) (DOG nº 137 do 10 de xullo de 2020)
Extracto da Orde do 9 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos armadores de buques pesqueiros con porto base en Galicia e ás persoas redeiras para compensar a perda de ingresos como consecuencia da pandemia de COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento PE209K e PE209L) (DOG nº 137 do 10 de xullo de 2020)
Corrección de erros. Orde do 9 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos armadores de buques pesqueiros con porto base en Galicia e ás persoas redeiras para compensar a perda de ingresos como consecuencia da pandemia COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento PE209K e PE209L).(DOG núm. 159 do 10 de agosto de 2020).
Resolución do 30 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se dá publicidade das axudas concedidas correspondentes á convocatoria do exercicio 2021 (DOG nº 8 do 13 de xaneiro de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
11/07/2020 00:00 - 10/08/2020 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica dá Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. A estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Para efectos da presentación da solicitude, os interesados poderán actuar por medio de representantes. A acreditación da representación deberá realizarse mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación utilizando o anexo II.A (PE209K) da presente orde.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación dos procedementos
1 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo I.A (PE209K) de solicitude debidamente cuberto.
b) Anexo II.A (PE209K) de nomeamento de representante para os efectos de presentación da solicitude cando proceda.
c) Anexo III.A (PE209K) de declaración responsable do solicitante da axuda respecto ao cumprimento dos requisitos exixidos na presente orde, en especial no relativo ao cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 5.1, letras a), b), c), d) e e), así como respecto á veracidade de todos os documentos presentados e que dispón de documentación que así o acredita e que a poñerá ao dispor da Administración cando lle sexa requirida.
Así mesmo, a través desta declaración responsable incluída no modelo de solicitude, realizaranse as comunicacións establecidas nas letras c) e d) do artigo 6.
Igualmente, incluirá as declaracións sobre se realizou vendas noutras comunidades autónomas durante o período comprendido entre o 14 de marzo e o 15 de maio de 2020 e, de ser así, achegará certificación do órgano responsable de cada comunidade autónoma do importe en euros do facturado polas vendas da citada embarcación.
d) Anexo IV.1 de pluralidade de persoas físicas, se é o caso, ou anexo IV.2 de agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens, se é o caso.
2. A documentación complementaria estará formada por:
I) Se o solicitante é unha persoa xurídica:
a) Certificación rexistral actualizada dos estatutos sociais e da escritura de constitución.
b) Poder suficiente do representante, no caso de que tal poder non figure nos estatutos.
II) Se os solicitantes son unha pluralidade de persoas poderán ser formuladas nunha única solicitude, por medio de representante e, na súa falta, co que figure en primeiro termo. Para os efectos do ingreso da subvención, a conta bancaria sinalada no anexo I.A (PE209K) deberá estar a nome de todas as persoas solicitantes:
a) Escritura de constitución da comunidade de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica, se é o caso. En calquera caso, deberá nomearse a un representante ou apoderado único da agrupación e especificar a porcentaxe de participación de cada un dos seus membros (anexo IV.2).
III) Folla de asento actualizada (expedida nos 3 meses anteriores contados desde a data de publicación desta orde) ou acreditación da solicitude, sen prexuízo de achegar a folla de asento previa a ditarse a proposta de resolución.
IV) Certificación do órgano responsable de cada comunidade autónoma do importe en euros do facturado polas vendas da citada embarcación, se é o caso
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente ante a Administración. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
3. A documentación complementaria deberá presentarse de xeito electrónico. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. Para os efectos de presentación da solicitude, os interesados poderán actuar por medio de representantes; a acreditación da representación deberá realizarse mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación utilizando o anexo II.A (PE209K) desta orde.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
I) Para o caso de armadores de buques pesqueiros con porto base en Galicia (PE209K)
a) DNI/NIE da persoa física solicitante. Cando as pretensións correspondan a unha pluralidade de persoas físicas, DNI/NIE de todas elas.
b) DNI/NIE/NIF da persoa ou entidade representante, para os efectos da presentación da solicitude.
c) DNI/ NIE da persoa representante.
d) NIF da entidade solicitante, da comunidade de bens, agrupación ou entidade sen personalidade xurídica, segundo corresponda.
e) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigacións coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, de cada persoa solicitante.
f) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigacións coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social, de cada persoa solicitante.
g) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigacións coa Facenda da Xunta de Galicia, de cada persoa solicitante.
h) Consulta de estar ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións, emitido pola Consellería de Facenda (Atriga), de cada persoa solicitante.
i) Consulta das sancións firmes pendentes de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
j) Informe do Servizo de Análise e Rexistros da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar sobre as notas de primeira venda referidas aos solicitantes para os períodos de referencia, incluída a súa desagregación por especies, de ser necesario.
k) Consulta sobre a inclusión da embarcación no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia e Rexistro Xeral da Frota Pesqueira.
l) Resolución de concesión doutra axuda para a mesma finalidade concedida pola Xunta de Galicia, se é o caso.
m) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
n) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado nos modelos de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Declaración responsable doutras axudas, requisitos e compromiso de admisibilidade (Anexo III-A)
- Nomeamento de representante (Anexo II-A)
- Solicitude (Anexo I-A)
- Comprobación de datos no caso de pluralidade de persoas físicas - Consulta de datos, distribución de compromisos, importe da subvención solicitada para cada un dos solicitantes e nomeamento de representante (Anexo IV.1)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Axudas para proxectos colectivos que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.
Axudas autonómicas para proxectos colectivos para mellorar a eficiencia enerxética nas lonxas pesqueiras.
Axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños
Axudas ás entidades xestoras de lonxa pola caída de ingresos como consecuencia da pandemia covid-19 e a declaración do estado de alarma efectuada polo real decreto 463/2020, do 14 de marzo
Axudas ás persoas armadoras de buques pesqueiros conxeladores do censo unificado de palangre de superficie con porto base en Galicia para paliar as dificultades de comercialización ocasionadas como consecuencia da pandemia Covid-19
Axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca