Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE209G - Axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos que modernicen as infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo das persoas pescadoras, da mellora da calidade e do incremento do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca.
2. O procedemento regulado nesta orde ten o código PE209G.
Proxectos obxecto de subvención
1. Poderán ser obxecto de subvención os proxectos colectivos que cumpran as seguintes condicións:
a) Que se desenvolvan dentro da Comunidade Autónoma de Galicia:
1º) Nos edificios ou instalacións dos portos pesqueiros ou lugares de desembarque nas que se presten servizos ou desenvolvan actividades directamente vinculadas coa actividade pesqueira, que non sexan lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros.
2º) Nas lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros.
b) Que teñan algún dos seguintes obxectivos:
1º) Mellorar a eficiencia enerxética.
2º) Mellorar a protección do ambiente.
3º) Mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas.
4º) Mellorar a calidade e incrementar o control e a rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca.
Poderán ser beneficiarias das subvencións as organizacións de produtores da pesca, as cooperativas, as asociacións profesionais de persoas mariscadoras a pé, as asociacións profesionais de redeiras e as confrarías de pescadores, que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables.
- As entidades serán sen ánimo de lucro e deben ter un ámbito territorial que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia e sede social na nesta.
- As persoas poderán ser beneficiarias en función da tipoloxía de proxectos subvencionables conforme o establecido no artigo 7.
- Non poderán obter a condición de beneficiaria aquelas entidades en que concorra algunha das seguintes circunstancias:
a) Os operadores que se atopen nalgún dos supostos establecidos no artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014, do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio.
b) As persoas sinaladas no artigo 10, parágrafos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Ter sido sancionada coa imposibilidade de obter préstamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.
d) Ter incumpridas as obrigas establecidas nos artigos 55 e 58 ou as obrigas de constitución dos órganos reitores recollidas nas seccións 3ª e 4ª do capítulo IX do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, que regula as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, tal e como sinala a disposición adicional segunda do mesmo decreto.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro
Rua dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546142
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Orde do 23 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (DOG nº 153 do 11 de agosto de 2021).
Extracto da Orde do 23 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (DOG nº 153 do 11 de agosto de 2021).
Resolución do 7 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 23 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (Diario Oficial de Galicia número 153, do 11 de agosto) (DOG nº 35 do 21 de febreiro de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
12/08/2021 00:00 - 13/09/2021 23:59
Para a convocatoria de 2021 o prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O formulario normalizado correspóndese co anexo I desta orde. A presentación da solicitude nun formulario distinto será causa de inadmisión.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Forma parte de cada solicitude a declaración responsable que contén esta e na cal se fan constar os seguintes aspectos:
a) Que cumpren os requisitos para obter a condición de entidade beneficiara segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Que non se atopan en ningún dos supostos establecidos no punto 1 do artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014, do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, é dicir:
1º. Non ter cometido infracción grave consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou o artigo 90.1 do Regulamento (CE) nº 1224/2009.
2º. Non ter estado involucrada na explotación, xestión ou propiedade de buques pesqueiros incluídos na lista de buques INDR da Unión, recollida no artigo 40.3 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou de buques que enarboren pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes, segundo se establece no seu artigo 33.
3º. Non ter cometido infraccións graves da política pesqueira común (PPC).
4º. Non ter cometido fraude no marco do Fondo Europeo de Pesca (FEP) ou do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
c) Non ter sido sancionada coa imposibilidade de obter préstamos, subvencións, ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.
d) Ter cumprido as obrigas establecidas nos artigos 55 e 58 ou as obrigas de constitución dos órganos reitores recollidas nas seccións 3ª e 4ª do capítulo IX do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, que regula as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, tal e como sinala a disposición adicional segunda do mesmo decreto.
e) Que ten a condición de peme, de ser o caso.
f) O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.
g) Que os investimentos non foron iniciados.
h) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir co proxecto para o cal se solicita a axuda.
2. As solicitudes estarán asinadas polo representante legal da entidade solicitante. A presentación da solicitude non asinada polo representante legal será causa de inadmisión.
3. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o interesado non poderá modificar a súa petición de axuda variando o importe do investimento subvencionable, nin modificando os investimentos e os conceptos do punto do orzamento para os cales solicita a axuda. Non se considera variación do importe do investimento as diferencias ou erros materiais que se puideren dar ao transcribir os importes dos orzamentos ou facturas pro forma.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da personalidade: certificación do órgano competente na que se acredite o desempeño actual do cargo por parte do asinante e se especifique o acordo polo que se lle concede a este autorización para formalizar a solicitude. Se actuase en virtude de atribucións fixadas nos estatutos indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia.
b) Copia dos estatutos da entidade debidamente inscritos no rexistro correspondente.
Non será necesario achegar este documento cando xa conste nos arquivos da Consellería do Mar por telo presentado nun procedemento administrativo nos últimos cinco (5) anos. Neste caso, deberá indicarse o procedemento, a data de presentación e o órgano ante o cal se presentou.
Quedan exoneradas do cumprimento deste requisito as confrarías de pescadores.
c) Documento que acredite que non teñen ánimo de lucro, no caso de non estar expresamente previsto nos estatutos da entidade.
d) Proxecto para un tipo de investimentos que permita determinar a súa viabilidade e realizar a valoración, conforme os criterios establecidos nos artigos 20 e 21 desta orde de bases reguladoras. Forman parte do proxecto a memoria e os documentos aos que se fai referencia neste punto.
Para elaborar a memoria que se xunta coa solicitude, poderán consultarse os modelos na páxina web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/). A presentación dunha memoria en modelo diferente será causa de inadmisión.
A memoria do proxecto deberá conter:
1º. Información xeral da memoria:
i. Descrición da entidade: experiencia da entidade na xestión de proxectos financiados pola Unión Europea. Elementos que aseguran a capacidade técnica da entidade para a realización do proxecto. Equipo que a entidade vai destinar para a xestión do proxecto. Número de persoas pescadoras e acuicultoras asociadas á entidade. Historial produtivo e económico de produtos da pesca nos últimos 5 anos.
ii. Explicación das necesidades que se pretenden cubrir e obxectivos perseguidos (xerais e específicos). Indicar como detectou a necesidade de desenvolver a actuación. Identificar como o proxecto contribuirá de xeito tanxible a mellorar os servizos diarios das persoas pescadoras e acuicultoras que empregan o porto.
iii. Descrición da situación anterior á actuación, das accións que se pretenden acometer, da situación posterior e dos resultados a obter coa implementación do proxecto.
iv. Explicar quen se beneficiará do proxecto, é dicir, o/os grupo/s obxectivo/s que se verán beneficiados dos resultados dos investimentos. Indicar o número de persoas pescadoras e acuicultoras que se beneficiarán do proxecto. Explicar o motivo polo que a solicitante sería unha beneficiaria colectiva e o interese colectivo das accións do proxecto.
v. Calendario de realización das accións previstas.
vi. Orzamento detallado de cada unha das accións propostas, no que o IVE deberá vir separado. Para cada zona na que se prevé actuar incluirá: marca, modelo, breve descrición e número de unidades dos equipamentos, importes de material e man de obra. De ser o caso, incluirase a relación de ofertas solicitadas e elixidas.
vii. Información relativa aos indicadores conforme o previsto no Regulamento de execución (UE) nº 1242/2014 e Regulamento de execución (UE) nº 1243/2014.
viii. No caso de que o proxecto poida desenvolverse por fases susceptibles de produciren efectos independentes, farase constar de xeito expreso e describirase cada unha delas por separado.
2º Información especifica da memoria:
i. Para proxectos de modernización dos sistemas de iluminación interiores por tecnoloxía led:
1) Plano da situación das instalacións de iluminación coa distribución dos equipamentos inicial (luminarias/equipamento de iluminación, sistemas de control e regulación). Relación de luminarias/equipamentos para iluminación nas diferentes zonas obxecto de actuación. Para cada zona: nome da zona, número de puntos de luz, tipo (campá, proxector...), número de lámpadas por punto de luz, tipo de lámpada e potencia (W), sistemas de control e regulación da iluminación (no caso de existir), e consumo (kWh).
2) Plano da situación das instalacións de iluminación coa distribución dos equipamentos final (luminarias/equipamento de iluminación, sistemas de control e regulación). Relación de luminarias/equipamentos para iluminación nas diferentes zonas obxecto de actuación. Para cada zona: nome da zona, número de puntos de luz, tipo (campá, proxector...), número de lámpadas por punto de luz, tipo de lámpada e potencia (W), sistemas de control e regulación da iluminación (no caso de existir), e consumo (kWh).
3) Comparación dos consumos nas situacións anterior e posterior á actuación, e indicar o consumo que se prevé reducir coa actuación prevista (potencia inicial kW, consumo inicial kWh/ano, potencia final kW, consumo previsto final en kWh/ano e % de aforro enerxético). Deben achegar copias das facturas de electricidade dun período anual completo tomado como referencia (ano 2020 ou últimos 12 meses), indicando a porcentaxe destas correspondente aos equipos de iluminación interior.
4) Equipamento novo solicitado: marca, modelo, referencia, número/tipo. Características técnicas dos equipamentos solicitados: ficha técnica ou catálogo do equipo de iluminación polo fabricante, onde figuren as características técnicas do equipo e onde se inclúan cando menos os datos de potencia, fluxo luminoso, temperatura de cor, e rendemento. Marcación UE do equipamento.
5) Fotografías da situación actual
6) Estudo lumínico da totalidade da superficie que se vai iluminar, identificando o programa de cálculo utilizado para a súa realización, no que se poidan cotexar todos os resultados lumínicos declarados na memoria.
ii. Para proxectos de enerxía fotovoltaica destinada ao autoconsumo:
1) Plano de situación onde se indique a localización dos módulos e indicación da localización do campo captador sobre foto aérea.
2) Características técnicas dos equipamentos para os cales se solicita a axuda (catálogo, certificado ou ficha técnica) onde se informe da eficiencia enerxética do módulo para unha irradiación de 1.000 W/m2.
3) Cálculos xustificativos da produción esperada, dos aforros de enerxía previstos e das emisións GEI evitadas polo proxecto. Cálculos xustificativos do autoconsumo total da enerxía xerada.
4) Deben achegar copias das facturas de electricidade dun período anual completo tomado como referencia (ano 2020 ou últimos 12 meses). No caso de que nas facturas dispoñibles non se poidan diferenciar os consumos ao longo do día, deberá realizarse unha distribución destes en función das potencias dos equipos instalados, horario de funcionamento, curvas cuarto horarias, etc., de forma que se poida diferenciar o consumo nocturno e o diúrno.
iii. Información especifica para proxectos de mellora da seguridade e condicións de traballo das persoas pescadoras:
1) Plano de situación onde se indique a localización dos equipamentos.
2) Equipamento novo solicitado: marca, modelo, referencia. Características técnicas dos equipamentos solicitados: Ficha técnica ou catálogo do equipo.
iv. Información especifica para proxectos de mellora da calidade e de incremento do control e a rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca:
1) Equipamento novo solicitado: marca, modelo, referencia. Características técnicas dos equipamentos solicitados: ficha técnica ou catálogo do equipo.
v. Información especifica para proxectos de obras:
1) Proxecto asinado por técnico competente ou, se non fose preciso para a autorización das obras, memoria descritiva das actuacións que se van realizar asinada por técnico competente que deberán conter:
1- Descrición do obxecto das obras, que recollerá os antecedentes e a situación previa a estas, as necesidades que se van satisfacer e a xustificación da solución adoptada, detallándose os factores de todo orde para ter en conta.
2- Os planos de conxunto e de detalle precisos nos que a obra quede perfectamente definida.
3- Fotografías do estado anterior á actuación dos elementos sobre os que se pretende actuar.
4- Un orzamento desagregado e detallado.
e) Estudo económico-financeiro externo acreditativo da viabilidade económica do proxecto ou resultado da ferramenta de autoavaliación da viabilidade, que pode consultarse na páxina web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/).
f) Os proxectos de mellora da eficiencia enerxética (iluminación por tecnoloxía led, e mellora da envolvente) e os de protección do ambiente (fotovoltaica) deben acompañarse dun informe firmado por técnico competente no que se xustifique o cumprimento da normativa de aplicación e que detallará as medidas que se van implementar, as melloras obtidas en función da tipoloxía do proxecto-aforro enerxético, diminución da demanda de enerxía, potencia renovable instalada e redución de emisóns GEI), e unha análise económica que xustifique que os investimentos implicarán un aforro de enerxía e mellorarán a eficiencia enerxética.
Os modelos de informes técnicos poden consultarse na páxina web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/).
g) Documentación xustificativa de todos os custos incluídos (orzamentos, facturas pro forma, etc.) cunha información detallada e pormenorizada de cada un dos investimentos, equipos ou sistemas que os integran. Se é o caso, informe dun taxador ou perito independente.
As ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para ser comparables.
h) No caso dos proxectos de mellora da eficiencia enerxética (iluminación tecnoloxía led), proxectos de mellora da protección do ambiente (sistemas de enerxía fotovoltaica), proxectos de incremento do control e da rastrexabilidade (casetas desmontables para punto de control) e proxectos de obras, o solicitante debe acreditar a capacidade legal do uso e desfrute do edificio, instalación ou establecemento autorizado de primeira venda. A acreditación deberá realizarse presentando unha copia da concesión ou autorización administrativa ou xustificación de tela solicitado, copia da cesión, da titularidade ou dun contrato de alugamento.
i) Copia das autorizacións ou permisos ou licenzas, de ser o caso, ou da xustificación de telos solicitado aos organismos correspondentes, necesarias para levar a cabo os investimentos previstos.
j) Plan de negocio, no caso de proxectos de importe superior a 250.000 euros.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación dos documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) NIF da entidade representante.
c) DNI ou NIE do representante da entidade solicitante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
g) Concesións doutras subvencións e axudas.
h) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"