Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE209F - Axudas autonómicas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade mediante a recollida de residuos mariños.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais, e a convocatoria para o ano 2023, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños coa participación do sector da pesca.
O procedemento que regula a presente orde correspóndese co código PE209F da Guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia.
Proxectos obxecto de subvención .
1. Poderán ser obxecto de subvención, de conformidade con esta orde, os proxectos colectivos que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto protexer e recuperar a biodiversidade e os ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños coa participación do sector produtor da pesca.
Exclúense actuacións de recollida de residuos nos fondos mariños das dársenas dos portos.
Serán subvencionables as operacións relacionadas na alínea a) do artigo 40.1 do Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, que inclúan algunha das seguintes actividades recollidas no artigo 7.a) a f) do Regulamento delegado (UE) 2015/531 da Comisión, do 24 de novembro de 2014.
2. Os proxectos contarán coa participación do sector produtor da pesca na recollida de residuos, e poderán incluír as seguintes liñas de actuación:
a) Accións para reducir a cantidade de lixo mariño e mitigar a pesca pantasma mediante a implicación das embarcacións pesqueiras e persoas pescadoras e mariscadoras a pé, na súa recollida no mar ou no intermareal:
1º. Pesca de lixo activa polas embarcacións de pesca e persoas pescadoras ou mariscadoras a pé dirixida especificamente á retirada de lixo mariño, incluídas as artes de pesca perdidas.
As embarcacións pesqueiras figurarán no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do censo do caladoiro nacional Cantábrico Noroeste, na modalidade de artes menores, e estarán en posesión dun permiso de explotación en vigor.
As persoas mariscadoras a pé estarán en posesión dun permiso de explotación para o marisqueo a pé ou dun permiso de explotación a pé para recursos específicos, en vigor.
Dentro da pesca de lixo activa distínguense as seguintes accións:
i. Saída específica de embarcacións pesqueiras para a recollida de residuos mariños, incluídos os aparellos de pesca perdidos (aparellos pantasma) en zonas de acumulación.
ii. Recollida específica polas persoas mariscadoras a pé de lixo mariño acumulado nas zonas de produción de recursos marisqueiros.
No caso da pesca de lixo activa, as embarcacións pesqueiras (persoas armadoras) poden recibir unha compensación económica pola recollida de lixo activa correspondente aos ingresos medios da actividade pesqueira da flota de artes menores no trienio 2019-2021, e en función da área xeográfica e arqueo. No caso das persoas mariscadoras a pé, a compensación terá en conta o nivel de ingresos medios da actividade no trienio 2019-2021, segundo a área xeográfica. As compensacións diarias figuran recollidas no anexo II.
Para o desenvolvemento das accións anteriores poderán incluírse, entre outros:
1) Estudos técnicos das zonas de acumulación de lixo mariño ou artes de pesca perdidas, no caso da pesca activa de lixo.
2) Deseño de artefacto ou aparello específico de recollida de lixo mariño ou artes de pesca perdidas para desenvolver as actuacións recollidas na epígrafe i) e acondicionamento das embarcacións para a súa posta en marcha.
3) Elementos de apoio para o almacenaxe de residuos na zona de recollida durante as accións de pesca activa.
2º. Pesca de lixo pasiva polas embarcacións pesqueiras e persoas pescadoras que recollen os residuos que veñen a bordo nos aparellos durante as faenas ordinarias de pesca, ou polas persoas mariscadoras a pé durante a súa actividade normal de marisqueo.
As embarcacións pesqueiras figurarán no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia no caladoiro nacional Cantábrico Noroeste, en calquera das súas modalidades.
b) Accións de comunicación, información e sensibilización dirixidas aos pescadores, actores marítimo-pesqueiros e outros interesados. Formación de pescadores e axentes portuarios.
c) Accións en terra para a o almacenamento, manexo, clasificación e caracterización dos residuos mariños, e accións para a súa xestión.
1º. Adquisición de equipamento específico para a recepción, almacenamento, manexo, clasificación e caracterización de residuos mariños.
2º. Adquisición de equipamento específico para a reciclaxe de residuos mariños nos portos.
3º. Transporte de residuos mariños.
4º. Custos de apoio para a realización manual da clasificación e valorización de lixo mariño, incluídas artes de pesca perdidas, na zona de depósito final.
5º. Custos da xestión de residuos mariños, incluída a recollida, transporte e xestión destes, e outros necesarios.
3. Condicións dos proxectos de pesca activa de lixo mariño, recollidos no ordinal 1º da alínea a) do número 2 deste artigo:
1º. A pesca de lixo activa polas embarcacións pesqueiras e persoas pescadoras e persoas mariscadoras a pé realizarase entre luns e venres.
2º. A pesca activa de lixo mariño, incluídas artes de pesca perdidas, non se poderá simultanear no mesmo día coa actividade pesqueira ou marisqueira. Ademais, a recollida activa de lixo mariño polas persoas mariscadoras a pé realizarase os días en que exista un coeficiente de marea que permita o acceso á zona intermareal de produción de recursos.
3º. A pesca activa de lixo realizada por embarcacións coa modalidade de marisqueo ou recursos específicos, ou persoas mariscadoras a pé no ámbito territorial dun plan de xestión de marisqueo, requirirá que estean aprobadas as limpezas como actividade de semicultivo no plan aprobado na data de solicitude do proxecto.
Para participar na recollida activa de lixo nas zonas afectadas por plans de xestión será imprescindible estar incluído neste e dispoñer da modalidade ou arte correspondente no permiso.
A pesca de lixo activa poderá realizase en zonas de libre marisqueo no caso dos recursos marisqueiros xerais, cando a acumulación de residuos poida afectar o ámbito territorial dos plans de xestión.
4º. A xornada de traballo da actividade de recollida activa de lixo polas embarcacións pesqueiras e persoas pescadoras será dun mínimo de 6 horas, incluíndo desde o momento da saída en porto ata a descarga de residuos neste. A xornada de traballo no caso da recollida activa polas persoas mariscadoras a pé será dun mínimo de 4 horas, incluíndo desde o acceso á zona intermareal ata o depósito do lixo no lugar de acumulación correspondente.
4. Os proxectos serán técnica e economicamente viables.
5. Os proxectos que non cumpran os requisitos establecidos neste artigo non poderán ser obxecto de subvención e serán inadmitidos.
A quen vai dirixido?
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións:
a) As confrarías de pescadores, organizacións de produtores pesqueiros, e demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por persoas pescadoras ou mariscadoras, que teñan o ámbito territorial e a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As organizacións non gobernamentais sen ánimo de lucro, con ámbito territorial ou de actuación que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia, conxuntamente coas entidades do sector da pesca mencionadas na letra anterior.
c) As organizacións non gobernamentais sen ánimo de lucro, con ámbito territorial ou de actuación que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia, conxuntamente cos grupos de acción local do sector pesqueiro recoñecidos pola Consellería do Mar, no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do FEMP 2014-2020.
As entidades asinarán un acordo de colaboración con algunha das organizacións mencionadas na letra a) que reflicta a participación na recollida de lixo mariño, de embarcacións pesqueiras e persoas pescadoras ou persoas mariscadoras a pé.
No caso das organizacións non gubernamentais, a actividade en que consista o proxecto presentado para a solicitude de axuda deberá estar incluída nos fins dos seus estatutos.
2. Cando as actividades de recollida de residuos sexan realializadas no ámbito territorial dun plan de xestión de marisqueo polas embarcacións pesqueiras ou persoas mariscadoras a pé participantes nel, só poderán ser beneficiarias das subvencións as entidades do sector da pesca establecidas no artigo 4.1.a) e b) que sexan titulares dun plan de xestión. No caso do artigo 4.1.c) poderán ser beneficiarias as organizacións que asinen acordos de colaboración con entidades titulares do plan de xestión de marisqueo.
3. Non poderán obter a condición de beneficiaria aquelas entidades en que concorra algunha das seguintes circunstancias:
a) Os operadores que se encontren nalgún dos supostos establecidos no artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, durante todo o período de tempo previsto en aplicación deste.
b) As persoas sinaladas no artigo 10, parágrafos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Ter sido sancionada coa imposibilidade de obter préstamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.
4. As entidades sinaladas na letra a) do punto 1 poderán concorrer de xeito individual ou conxuntamente entre elas como unha agrupación de entidades, mentres que as entidades sinaladas nas letras b) e c) só poderán concorrer conxuntamente coas que se indican nesas letras. As entidades que concorran conxuntamente, deberán facer constar expresamente na solicitude qué compromisos corresponderán a cada unha delas na execución das accións, así como o importe da subvención solicitada que corresponderá a cada unha delas. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, que será unha das entidades solicitantes, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que como beneficiaria lle corresponden á agrupación. Os compromisos de participación conxunta, así como o nomeamento de apoderado, deberán ratificarse mediante documento outorgado ante o órgano de xestión, unha vez notificada a concesión da axuda.
5. No caso de incumprimento por parte dunha agrupación de entidades, consideraranse responsables todos os beneficiarios integrados nela, en relación coas actividades subvencionadas que se comprometesen a realizar, ou solidariamente cando non for posible determinar o alcance das obrigas correspondentes a cada un deles.
6. A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo establece o artigo 8 desta lei.
Requisitos
Requisitos técnicos dos proxectos .
Os requisitos técnicos dos proxectos recollidos no artigo anterior son os seguintes:
1. Todos os proxectos incluirán algunha acción de comunicación, información e sensibilización ou formación das establecidas no número 2.b) deste artigo.
2. Os proxectos con actuacións en pesca activa de lixo mariño en zonas de acumulación, incluídas as artes de pesca, polas embarcacións pesqueiras e persoas pescadoras ou mariscadoras a pé, incluirán, na solicitude da axuda, un informe previo actual de residuos mariños nas zonas que conterá:
a) Localización con coordenadas xeográficas e identificación das zonas mariñas ou intermareais con acumulación de residuos. Referencia aos bancos marisqueiros concretos conforme se denominan no plan de xestión, de ser o caso.
b) Breve descrición da tipoloxía de residuos existentes.
c) Fotografías con evidencias da acumulación de residuos.
d) Outra información que se considere de interese.
3. As actuacións de pesca activa de lixo mariño, incluídas as artes de pesca perdidas, mediante artefacto ou aparello específico, requirirán de xustificación do método empregado en función das características e condicións da zona de traballo.
No caso de empregarse unha arte, equipamento ou técnica de marisqueo, a recollida realizarse no marco dun plan de xestión, agás o establecido no artigo 6.3.3º.
4. As actuacións de pesca pasiva e activa de lixo mariño, incluídas as artes de pesca perdidas, requirirán da designación dunha persoa física que supervisará, polo menos, a recollida de residuos, a clasificación ou caracterización e os rexistros de información das actividades e resultados obtidos, segundo o indicado no modelo da memoria.
5. Accións de clasificación ou caracterización dos residuos: rexistro das cantidades (en quilogramos) e tipos de residuos recollidos nas accións pasivas e activas de recollida de lixo polas embarcacións e persoas pescadoras ou mariscadoras a pé.
Os rexistros da información realizaranse empregando os modelos que figuran na web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/), en función do tipo de accións.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Servizo de Desenvolvemento das Zonas de Pesca
R/ Dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546147
Email: galp.cm@xunta.gal
Órgano responsable
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, tramitada como anticipado de gasto (DOG nº 6 do 10 de xaneiro de 2023).
Extracto da Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, tramitada como anticipado de gasto (DOG nº 6 do 10 de xaneiro de 2023).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
11/01/2023 00:00 - 10/02/2023 23:59
Para a convocatoria de 2023 o prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Documentación para a presentación
Forma de presentación de solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O formulario normalizado correspóndese co anexo I desta orde. A presentación da solicitude nun formulario distinto será causa de inadmisión.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Forma parte de cada solicitude a declaración responsable que contén esta e na cal se fan constar os seguintes aspectos:
a) Que cumpren os requisitos para obter a condición de entidade beneficiaria segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Que non están incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
c) Que as persoas solicitantes e as persoas beneficiarias das compensacións non están en ningún dos supostos establecidos no número 1 do artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, é dicir:
1º. Non ter cometido infracción grave consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou o artigo 90.1 do Regulamento (CE) nº 1224/2009.
2º. Non ter estado involucrada na explotación, xestión ou propiedade de buques pesqueiros incluídos na lista de buques INDR da Unión, recollida no artigo 40.3 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou de buques que enarboren pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes, segundo se establece no seu artigo 33.
3º. Non ter cometido infraccións graves da política pesqueira común (PPC).
4º. Non ter cometido fraude no marco do Fondo Europeo de Pesca (FEP) ou do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
d) Que están ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Non ter sido sancionada coa imposibilidade de obter préstamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.
f) O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.
g) Que os investimentos non foron iniciados, agás os estudos técnicos de localización de zonas de acumulación de lixo no caso da pesca activa, recollidos no artigo 6.2.a).1º desta orde, de ser o caso.
h) Que se ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir co proxecto para o cal se solicita a axuda.
i) A condición de ser ou non ser poder adxudicador nos termos da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
j) Que ten a categoría de peme.
2. As solicitudes estarán asinadas polo representante legal da entidade solicitante. A presentación das solicitudes non asinadas polo representante legal será causa de inadmisión.
3. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o interesado non poderá modificar a súa petición de axuda variando o importe do investimento, nin modificando os investimentos ou os conceptos da epígrafe do orzamento para os cales solicita a axuda. Non se consideran variación do importe do investimento as diferenzas ou erros materiais que se poidan dar ao transcribir os importes dos orzamentos ou facturas pro forma.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación.
a) Documentación acreditativa da personalidade: certificación do órgano competente en que se acredite o desempeño actual do cargo por parte do asinante e se especifique o acordo polo que se lle concede a este autorización para formalizar a solicitude. Se actuase en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia.
b) Copia dos estatutos da entidade debidamente inscritos no rexistro correspondente. A actividade en que consista o proxecto presentado para a solicitude de axuda deberá estar incluída nos fins da persoa xurídica solicitante con anterioridade á data da solicitude.
Non será necesario achegar este documento cando xa conste nos arquivos da Consellería do Mar por telo presentado nun procedemento administrativo nos últimos cinco (5) anos. Neste caso, deberá indicarse o procedemento, a data de presentación e o órgano ante o cal se presentou.
Quedan exoneradas do cumprimento deste requisito as confrarías de pescadores e os grupos de acción local do sector pesqueiro.
c) Memoria do proxecto que permita determinar a súa viabilidade e realizar a valoración, conforme os criterios establecidos nos artigos 19 e 20 desta orde de bases reguladoras.
Para elaborar a memoria do proxecto que se xunta coa solicitude, poderán consultarse os modelos na páxina web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/). A presentación dunha memoria en modelo diferente será causa de inadmisión.
A memoria do proxecto deberá conter, polo menos:
1º. Descrición da entidade: experiencia da entidade na xestión de proxectos financiados pola Unión Europea nos tres últimos anos naturais. Experiencia da entidade en proxectos relacionados co lixo mariño nos cinco últimos anos naturais. Equipo que a entidade vai destinar para a xestión do proxecto, concretando a persoa supervisora. Elementos que aseguran a capacidade técnica da entidade para a realización do proxecto.
2º. Explicación das necesidades que se pretenden cubrir e obxectivos perseguidos. Resultados que se pretenden obter coa implementación do proxecto. Explicar os grupos obxectivos que se beneficiarán dos resultados do proxecto.
3º. Descrición das liñas de actuación e accións segundo o establecido no artigo 6.2 desta orde e actividades que se pretenden acometer en cada unha delas.
Nas actuacións de recollida de lixo mariño, incluídas artes de pesca perdidas, seguindo un esquema activo ou pasivo ou retirada de artes, indicarase:
i. A caracterización da área de intervención en que se levarán a cabo as accións de limpeza: localización das zonas indicando as coordenadas xeográficas dos vértices da zona de actuación, e identificando os bancos marisqueiros concretos conforme se denominan no plan de xestión, se é o caso, especificar o medio intermareal ou submareal, morfoloxía, profundidade, tipo de hábitats existentes, etc. Indicarase se está situado nun lugar da Rede Natura 2000, nun espazo protexido ou nunha zona de especial interese para a cría de organismos mariños.
Coñecemento probado da existencia de residuos. No caso da pesca activa de residuos, informe previo actual de residuos mariños conforme a información do artigo 7.2 desta orde.
ii. Relación de embarcacións pesqueiras e persoas mariscadoras a pé que realizarán a recollida de lixo mariño ou mitigación da pesca pantasma. As relacións realizaranse para cada tipo de pesca (activa ou pasiva), de ser o caso.
iii. Plan de traballo indicando os procesos e tarefas, os actores implicados, as súas responsabilidades, os protocolos de traballo, os medios que se van empregar, as actividades de transporte, almacenamento, manexo, clasificación, caracterización e reciclaxe, de ser o caso. Descrición do traballo que van realizar as persoas pescadoras e mariscadoras na zona de recollida e no porto ou zona de depósito. Número de días de recollida. No caso da pesca activa, horario da xornada de recollida de lixo polas embarcacións e persoas mariscadoras. Planos do porto ou zona de depósito onde se efectuará o almacenamento de lixo mariño. Descrición do destino final do lixo recollido e se existe xestión de residuos.
No caso da pesca activa desde embarcación, xustificarase a elección do artefacto ou aparello específico empregado, en función das características e condicións da zona de traballo e da ausencia de impacto negativo no hábitat. Incluirase plano ou esbozo deste.
iv. Descrición das entidades colaboradoras que prestarán apoio no proxecto e concreción das accións en que participarán (por exemplo autoridades portuarias).
Descrición das actuacións de comunicación, información, sensibilización ou formación, incluíndo os obxectivos, contidos, metodoloxía, programación, etc.
Descrición das accións de comunicación e visibilidade do proxecto.
4º. Calendario de realización das accións previstas.
5º. Orzamento detallado de cada unha das accións propostas, en que o IVE deberá vir separado. O orzamento da memoria deberá estruturarse en conceptos detallados e coincidentes cos orzamentos e facturas pro forma, agás no caso das compensacións ás embarcacións pesqueiras (persoas armadoras) e persoas mariscadoras a pé que realizan pesca de lixo activa, cuxo custo xa está determinado, e os custos indirectos.
De ser o caso, incluirase a relación de ofertas solicitadas e elixidas.
6º. Información relativa aos indicadores conforme o previsto no Regulamento de execución (UE) nº 1242/2014 e no Regulamento de execución (UE) nº 1243/2014.
7º. No caso de proxectos conxuntos entre organizacións non gobernamentais e grupos de acción local do sector pesqueiro, acordo de colaboración con algunha das entidades mencionadas na alínea a) do artigo 4.1 desta orde que reflicta a participación na recollida de lixo mariño, de embarcacións pesqueiras e persoas pescadoras ou persoas mariscadoras a pé.
8º. No caso de que o proxecto poida desenvolverse por fases susceptibles de produciren efectos independentes, farase constar de xeito expreso e describirase cada unha delas por separado.
9º Estudo económico-financeiro externo acreditativo da viabilidade económica do proxecto ou resultado da ferramenta de autoavaliación da viabilidade que pode consultarse na páxina web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/).
d) Acreditación do IVE soportado non recuperable polo promotor, de ser o caso.
Naqueles casos en que exista un recoñecemento administrativo previo do dereito ás exencións previstas no artigo 20, un, 6º e 12º, da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, remitirase esa resolución administrativa ou calquera outra certificación ou documento da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) en que figure esa exención.
e) Documentación xustificativa de todos os custos incluídos (orzamentos, facturas pro forma, contratos, etc.) cunha información detallada e pormenorizada de cada un dos investimentos, equipamentos ou sistemas que os integran.
No caso de superarse a contía para contratos menores e presentarse tres orzamentos, as ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para ser comparables.
Exceptúase desta obriga a recollida de lixo mariño polas embarcacións pesqueiras e persoas mariscadoras a pé, cuxa compensación xa está previamente determinada, así como os custos indirectos.
f) Acordo de colaboración entre entidades recollido no artigo 4.1.c), se é o caso.
g) Acordo coas entidades colaboradoras que realizarán actuacións de apoio no proxecto, conforme o previsto na memoria.
h) Calquera outra documentación que sexa necesaria ou adecuada para a correcta valoración do proxecto presentado.
2. No caso da pesca activa de lixo, declaración responsable de cada unha das persoas armadoras das embarcacións pesqueiras e das persoas mariscadoras a pé conforme non se atopan en ningún dos supostos establecidos no número 1 do artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, de acordo co anexo III-A ou co anexo III-B, segundo corresponda.
3. No caso de solicitudes formuladas conxuntamente, deberá incluírse a documentación das alíneas a), b), d) e f) do número 1 por cada un dos solicitantes, e engadirase:
1º. Un acordo de nomeamento do representante ou apoderado único para os efectos da subvención, asinado polos representantes de todas as entidades solicitantes.
2º. A distribución dos compromisos que corresponda executar a cada un dos solicitantes, así como o importe da subvención solicitada para cada un deles.
3º. Declaración responsable de cada unha das persoas, de acordo co anexo IV.
4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación dos documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) NIF da entidade representante.
c) DNI ou NIE do representante da entidade solicitante.
d) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
e) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
g) Concesións doutras subvencións e axudas.
h) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"