Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE209F - Axudas autonómicas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade mediante a recollida de residuos mariños.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños coa participación do sector da pesca.
Proxectos obxecto de subvención .
1. Poderán ser obxecto de subvención, de conformidade con esta orde, os proxectos colectivos que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto protexer e recuperar a biodiversidade e os ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños coa participación do sector produtor da pesca.
Exclúense actuacións de recollida de residuos nos fondos mariños das dársenas dos portos.
Serán subvencionables as operacións relacionadas na letra a) do artigo 40.1 do Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, que inclúan algunhas das seguintes actividades mencionadas no artigo 7.a) a f) do Regulamento delegado (UE) 2015/531 da Comisión do 24 de novembro de 2014:
a) A recolla do mar das artes de pesca perdidas destinada especialmente a combater a pesca fantasma.
b) A compra e, de ser o caso, a instalación a bordo de equipos para a recolla e almacenamento de lixo mariño.
c) A creación de sistemas de recolla de residuos para a participación dos pescadores, incentivos financeiros incluídos.
d) A compra e, de ser o caso, a instalación nos portos pesqueiros de equipamentos para o almacenamento e a reciclaxe de lixo mariño.
e) A comunicación, a información e as campañas de sensibilización para animar as persoas pescadoras ou mariscadoras a pé e outros interesados a participaren en proxectos de recolla de artes de pesca perdidas.
f) A formación de persoas pescadoras ou mariscadoras a pé e de axentes portuarios.
2. Os proxectos contarán coa participación do sector produtor da pesca na recollida de residuos, e poderán incluír as seguintes liñas de actuación:
a) Accións para reducir a cantidade de lixo mariño e mitigar a pesca fantasma mediante a implicación das embarcacións pesqueiras e persoas pescadoras e mariscadoras a pé, na súa recollida no mar ou no intermareal:
1º. Pesca de lixo activa polas embarcacións de pesca e persoas pescadoras ou mariscadoras a pé dirixida especificamente á retirada de lixo mariño ou artes de pesca perdidas.
As embarcacións pesqueiras figurarán no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do censo do caladoiro nacional Cantábrico Noroeste, na modalidade de artes menores, e estarán en posesión dun permiso de explotación en vigor.
As persoas mariscadoras a pé estarán en posesión dun permiso de explotación para o marisqueo a pé ou dun permiso de explotación a pé para recursos específicos, en vigor.
Dentro da pesca de lixo activa distínguense as seguintes accións:
i. Saídas específicas de embarcacións pesqueiras para a recollida de lixo mariño en zonas de acumulación.
ii. Saídas específicas de embarcacións pesqueiras para a recollida de aparellos de pesca perdidos (aparellos fantasma) no mar, en zonas de acumulación.
iii. Recollida específica polas persoas mariscadoras a pé de lixo mariño acumulado nas zonas de produción de recursos marisqueiros.
No caso da pesca de lixo activa, as embarcacións pesqueiras (persoas armadoras) poden recibir unha compensación económica pola recollida de lixo activa correspondente aos ingresos medios da actividade pesqueira da frota de artes menores no trienio 2016-2018, e en función da área xeográfica e o arqueo. No caso das persoas mariscadoras a pé a compensación terá en conta o nivel de ingresos medios da actividade no trienio 2017-2019, segundo a área xeográfica. As compensacións diarias figuran recollidas no anexo II.
Para o desenvolvemento das accións anteriores poderán incluírse, entre outros:
1) Estudos previos de localización de zonas de acumulación de lixo mariño ou artes de pesca perdidas, no caso da pesca activa de lixo.
2) Deseño de artefacto ou aparello específico de recollida de lixo mariño ou artes de pesca perdidas para desenvolver as actuacións recollidas nas epígrafes i e ii, e acondicionamento das embarcacións para a súa posta en marcha.
3) Elementos de apoio para a almacenaxe de residuos na zona de recollida durante as accións de pesca activa.
2º. Pesca de lixo pasiva polas embarcacións pesqueiras e persoas pescadoras que recollen os residuos que veñen a bordo nos aparellos durante as faenas ordinarias de pesca, ou polas persoas mariscadores a pé durante a súa actividade normal de marisqueo.
As embarcacións pesqueiras figurarán no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia no caladoiro nacional Cantábrico Noroeste, en calquera das súas modalidades.
b) Accións para mellorar a concienciación ambiental, a formación e a colaboración entre os actores marítimo-pesqueiros:
1º. Accións formativas ou de aprendizaxe relacionadas coa concienciación ambiental do sector e promoción de boas prácticas de manexo e xestión de residuos a bordo ou en terra, que axuden á redución das cantidades de lixo no mar e na costa.
2º. Elaboración de materiais educativos, de divulgación e sensibilización sobre a problemática do lixo mariño orientado aos axentes marítimo-pesqueiros, incluíndo exposicións como soporte para a educación e divulgación dirixido ás comunidades costeiras.
3º. Encontros que fomenten a colaboración entre os distintos actores marítimo-pesqueiros.
4º. Ferramentas tecnolóxicas para o seguimento, avaliación, xestión, difusión e comunicación da información recollida.
c) Accións en terra para o almacenamento, manexo, clasificación, caracterización, tratamento e reciclaxe de lixo mariño recollido, incluídas as artes de pesca perdidas:
1º. Adquisición de equipamento específico para a recepción, almacenamento, manexo, clasificación e caracterización de residuos mariños.
2º. Adquisición de equipamento específico para a reciclaxe de residuos mariños nos portos.
3º. Transporte de residuos mariños.
4º. Custos de apoio para a realización manual da clasificación e valorización de lixo mariño, incluídas artes de pesca perdidas, na zona de depósito final.
d) Accións para a xestión de residuos mariños.
3. Condicións dos proxectos de pesca activa de lixo mariño, recollidos no ordinal 1º da letra a) do número 2 deste artigo:
1º. A pesca de lixo activa polas embarcacións pesqueiras e persoas pescadoras e persoas mariscadoras a pé será realizada entre luns e venres.
2º. A pesca activa de lixo mariño, incluídas artes de pesca perdidas, non se poderá simultanear no mesmo día coa actividade pesqueira ou marisqueira. Ademais, a recollida activa de lixo mariño polas persoas mariscadoras a pé será realizada os días en que exista un coeficiente de marea que permita o acceso á zona intermareal de produción de recursos.
3º. A pesca activa de lixo realizada por embarcacións coa modalidade de marisqueo ou recursos específicos, ou persoas mariscadoras a pé no ámbito territorial dun plan de xestión de marisqueo, requirirá que estean incluídas as limpezas como actividade de semicultivo no plan aprobado.
Para participar na recollida activa de lixo nas zonas afectadas por plans de xestión será imprescindible estar incluído no recurso correspondente.
4º. A xornada de traballo da actividade de recollida activa de lixo polas embarcacións pesqueiras e persoas pescadoras será dun mínimo de 6 horas, incluíndo desde o momento da saída do porto ata a descarga de residuos nel. A xornada de traballo no caso da recollida activa polas persoas mariscadoras a pé será dun mínimo de 4 horas, incluíndo desde o acceso á zona intermareal ata o depósito no lugar de acumulación correspondente.
4. Os proxectos serán técnica e economicamente viables.
5. Os proxectos que non cumpran os requisitos establecidos neste artigo non poderán ser obxecto de subvención e serán inadmitidos.
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións:
a) As confrarías de pescadores, organizacións de produtores pesqueiros, e demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por persoas pescadoras ou mariscadoras, que teñan o ámbito territorial e a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As organizacións non gobernamentais sen ánimo de lucro, con ámbito territorial ou de actuación que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia, conxuntamente coas entidades do sector da pesca mencionadas na letra anterior.
c) As organizacións non gobernamentais sen ánimo de lucro, con ámbito territorial ou de actuación que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia conxuntamente cos grupos de acción local do sector pesqueiro recoñecidos pola Consellería do Mar, no marco do desenvolvemento sustentable da zonas de pesca do FEMP 2014-2020.
As entidades asinarán un acordo de colaboración con algunha das organizacións mencionadas na letra a) que reflicta a participación na recollida de lixo mariño, de embarcacións pesqueiras e persoas pescadoras ou persoas mariscadoras a pé.
No caso das organizacións non gubernamentais, a actividade en que consista o proxecto presentado para a solicitude de axuda deberá estar incluída nos fins dos seus estatutos.
2. Cando as actividades de recollida de residuos se realicen no ámbito territorial dun plan de xestión de marisqueo, polas embarcacións pesqueiras ou persoas mariscadoras a pé participantes nel, só poderán ser beneficiarias das subvencións as entidades do sector da pesca establecidas no artigo 4.1.a) e b) que sexan titulares dun plan de xestión. No caso do artigo 4.1.c) poderán ser beneficiarias as organizacións que asinen acordos de colaboración con entidades titulares do plan de xestión de marisqueo.
3. Non poderán obter a condición de beneficiario aquelas entidades en que concorra algunha das seguintes circunstancias:
a) Os operadores que se atopen nalgún dos supostos establecidos no artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, durante todo o período de tempo previsto en aplicación deste.
b) As persoas sinaladas no artigo 10, parágrafos 2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Ter sido sancionada coa imposibilidade de obter préstamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.
4. As entidades sinaladas na letra a) do punto 1 deste artigo poderán concorrer de xeito individual ou conxuntamente entre elas, como unha agrupación de entidades, mentres que as entidades sinaladas nas letras b) e c) só poderán concorrer conxuntamente coas que se indican nesas alíneas. As entidades que concorran conxuntamente deberán facer constar expresamente na solicitude que compromisos corresponderán a cada unha delas na execución das accións, así como o importe da subvención solicitada que corresponderá a cada unha delas. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, que será unha das entidades solicitantes, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que como beneficiario corresponden á agrupación. Os compromisos de participación conxunta, así como o nomeamento de apoderado, deberán ratificarse mediante documento outorgado ante o órgano de xestión, unha vez notificada a concesión da axuda.
5. No caso de incumprimento por parte dunha agrupación de entidades, consideraranse responsables todos os beneficiarios integrados nela, en relación coas actividades subvencionadas que se comprometesen a realizar, ou solidariamente cando non fose posible determinar o alcance das obrigas correspondentes a cada un deles.
6. A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo establece o artigo 8 desta lei.
1. Os beneficiarios, ao formalizaren a súa solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establecen nesta orde para a concesión e pagamento das subvencións, así como ao cumprimento dos requisitos estipulados na normativa de aplicación a estas.
2. Os beneficiarios deberán:
a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención, dentro dos prazos máximos que se establezan na respectiva resolución de concesión, con cumprimento das condicións e prescricións establecidas nela, na orde de convocatoria e demais normativa de aplicación, de forma que se poida realizar a comprobación documental e material deste.
b) Acreditar, mediante declaración responsable, que non teñen pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.
c) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que se encontran ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades para as cales se solicita axuda, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución ou a consecución dos fins para os cales foi concedida a axuda de que se trate.
e) Facilitar toda a información que lles sexa requirida en relación coas subvencións concedidas e someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar a entidade concedente, así como aos órganos de fiscalización e control da Comunidade Autónoma, da Administración xeral do Estado e da Unión Europea.
f) Cumprir as condicións de admisión da solicitude do artigo 10.1 do Regulamento (UE) nº 508/2014, durante todo o período de execución da operación e durante un período de cinco anos despois da realización do pagamento final. Así, no caso de detectárense infraccións ou fraudes en controis posteriores á concesión da axuda, e de conformidade co artigo 202 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, poderase proceder á recuperación da axuda aboada indebidamente.
g) Informar o público sobre a axuda obtida dando adecuada publicidade con expresa mención á participación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e a súa porcentaxe de financiamento, nos seguintes termos:
O beneficiario debe recoñecer que a operación recibiu o apoio dos fondos; en todas as medidas de información e comunicación adoptará:
1º. O emblema da Unión, de conformidade con las características técnicas establecidas no Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 e no Regulamento de execución (UE) nº 763/2014.
2º. Unha referencia ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) que apoia a operación.
3º. O logotipo da Xunta de Galicia e do plan Marlimpo, este último proporcionado pola Consellería do Mar.
Durante a realización da operación, o beneficiario informará o público do apoio obtido dos fondos:
1º. Facendo unha breve descrición da operación no sitio da Internet, no caso que dispoña dun, de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, incluíndo os obxectivos e destacando o apoio financeiro do FEMP. A descrición deberá permanecer durante a execución do proxecto e, cando menos, ata a data do pagamento final da axuda.
2º. Colocando un cartel con información sobre o proxecto (tamaño mínimo A3), no cal se mencionará o apoio financeiro da UE, nun lugar facilmente visible para o público, como a entrada dun edificio.
Se o investimento consiste na adquisición de maquinaria ou elementos móbiles, a publicidade levarase a cabo mediante a colocación dun adhesivo perdurable.
h) Manter un sistema de contabilidade separado, ou ben asignar un código contable axeitado que permita coñecer todas as transaccións relacionadas coa operación que se subvenciona, co obxecto de facilitar a pista de auditoría, de acordo co artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
i) Proporcionar toda a información e datos necesarios para poder proceder ao seguimento e avaliación do programa operativo, de acordo co establecido no artigo 111 do Regulamento (UE) nº 508/2014, relativo ao FEMP.
j) Independentemente do sistema establecido para a xustificación da subvención, deberán manterse á disposición da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo os documentos xustificativos relativos aos gastos subvencionados durante un prazo de dous anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación, para o cal se informará o beneficiario da data de inicio do período mencionado.
Os documentos conservaranse ben en forma de orixinais ben de copias compulsadas de orixinais, ou ben en soporte de datos comunmente aceptados, en especial versións electrónicas de documentos orixinais ou documentos existentes unicamente en versión electrónica.
k) No caso de subcontratación, non concertar a execución total ou parcial das actividades subvencionadas con persoas ou entidades afectadas polas situacións referidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
l) No caso de proxectos conxuntos, ratificar ante o órgano de xestión o acordo de colaboración para a execución do proxecto, unha vez notificada a concesión da axuda.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Servizo de Desenvolvemento das Zonas de Pesca
R/ Dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546147
Email: galp.cm@xunta.gal
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Orde do 11 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, tramitada como anticipado de gasto (DOG nº 22 do 3 de febreiro de 2021)
Extracto da Orde do 11 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, tramitada como anticipado de gasto (DOG nº 22 do 3 de febreiro de 2021)
Corrección de erros. Orde do 11 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, tramitada como anticipado de gasto (DOG nº 55 do 23 de marzo de 2021).
Resolución do 24 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, tramitada como anticipado de gasto (Diario Oficial de Galicia número 22, do 3 de febreiro de 2021) (DOG nº 107 do 7 de xuño de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
04/02/2021 00:00 - 03/03/2021 23:59
Para a convocatoria de 2021 o prazo de presentación de solicitudes será de un (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Forma de presentación de solicitudes e documentación necesaria .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. O formulario normalizado correspóndese co anexo I desta orde. A presentación da solicitude nun formulario distinto será causa de inadmisión.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Forma parte de cada solicitude a declaración responsable que a contén e na cal se fan constar os seguintes aspectos:
a) Que cumpren os requisitos para obter a condición de entidade beneficiara segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
c) Que non se atopan en ningún dos supostos establecidos no número 1 do artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, é dicir:
1º. Non ter cometido infracción grave consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou o artigo 90.1 do Regulamento (CE) nº 1224/2009.
2º. Non ter estado involucrada na explotación, xestión ou propiedade de buques pesqueiros incluídos na lista de buques INDR da Unión, recollida no artigo 40.3 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou de buques que enarboren pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes, segundo se establece no seu artigo 33.
3º. Non ter cometido infraccións graves da política pesqueira común (PPC).
4º. Non ter cometido fraude no marco do Fondo Europeo de Pesca (FEP) ou do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
d) Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Non ter sido sancionada coa imposibilidade de obter préstamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.
f) O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.
g) Que os investimentos non foron iniciados, agás os estudos previos de localización de zonas de acumulación de lixo no caso da pesca activa mencionados no artigo 6.2.a).1) desta orde, de ser o caso.
h) Que se ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir co proxecto para o cal se solicita a axuda.
2. As solicitudes estarán asinadas polo representante legal da entidade solicitante. A presentación das solicitudes non asinadas polo representante legal será causa de inadmisión.
3. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o interesado non poderá modificar a súa petición de axuda variando o importe do investimento nin modificando os investimentos ou os conceptos do punto do orzamento para os cales solicita a axuda. Non se considera variación do importe do investimento as diferenzas ou erros materiais que se puideran dar ao transcribir os importes dos orzamentos ou facturas pro forma.
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación.
a) Documentación acreditativa da personalidade: certificación do órgano competente na cal se acredite o desempeño actual do cargo por parte do asinante e se especifique o acordo polo cal se lle concede a este autorización para formalizar a solicitude. Se actúa en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia.
b) Copia dos estatutos da entidade debidamente inscritos no rexistro correspondente. A actividade en que consista o proxecto presentado para a solicitude de axuda deberá estar incluída nos fins da persoa xurídica solicitante con anterioridade á data da solicitude.
Non será necesario achegar este documento cando xa conste nos arquivos da Consellería do Mar por telo presentado nun procedemento administrativo nos últimos cinco (5) anos. Neste caso, deberá indicarse o procedemento, a data de presentación e o órgano ante o cal se presentou.
Quedan exoneradas do cumprimento deste requisito as confrarías de pescadores e os grupos de acción local do sector pesqueiro.
c) Proxecto para un tipo de investimentos que permita determinar a súa viabilidade e realizar a valoración conforme os criterios establecidos nos artigos 19 e 20 desta orde de bases reguladoras.
Para elaborar a memoria que se xunta coa solicitude poderán consultarse os modelos na páxina web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/). A presentación dunha memoria en modelo diferente será causa de inadmisión.
A memoria do proxecto deberá conter, polo menos:
1º. Descrición da entidade: experiencia da entidade na xestión de proxectos financiados pola Unión Europea nos tres últimos anos naturais. Experiencia da entidade en proxectos relacionados co lixo mariño nos cinco últimos anos naturais. Equipo que a entidade vai destinar para a xestión do proxecto, concretando a persoa supervisora. Elementos que aseguran a capacidade técnica da entidade para a realización do proxecto.
2º. Explicación das necesidades que se pretenden cubrir e obxectivos perseguidos (xeral e específicos). Resultados que se pretenden obter coa implementación do proxecto. Explicar os grupos obxectivos que se beneficiarán dos resultados do proxecto.
3º. Descrición das liñas de actuación e accións segundo o establecido no artigo 6.2 desta orde e actividades que se pretenden acometer en cada unha delas.
Nas actuacións de recollida de lixo mariño, incluídas artes de pesca perdidas, seguindo un esquema activo ou pasivo ou retirada de artes, indicarase:
i. A caracterización da área de intervención en que se levarán a cabo as accións de limpeza: localización das zonas indicando as coordenadas xeográficas dos vértices e especificando o medio intermareal ou submareal, morfoloxía, profundidade, tipo de hábitats existentes etc. Indicarase se está situado nun lugar da Rede Natura 2000, nun espazo protexido ou nunha zona de especial interese para a cría de organismos mariños.
Coñecemento probado da existencia de residuos. No caso da pesca activa de residuos, estudo de localización e identificación das zonas de acumulación conforme a información do artigo 7.2. desta orde.
ii. Relación de embarcacións pesqueiras e persoas mariscadoras a pé que realizarán a recollida de lixo mariño ou mitigación da pesca fantasma. As relacións realizaranse para cada tipo de pesca (activa ou pasiva), de ser o caso.
iii. Plan de acción indicando os procesos e tarefas, os actores implicados, as súas responsabilidades, os protocolos de traballo, os medios que se van empregar, as actividades de transporte, almacenamento, manexo, clasificación, caracterización e reciclaxe, de ser o caso. Descrición do traballo que van realizar as persoas pescadoras e mariscadoras na zona de recollida e no porto ou zona de depósito. Número de días de recollida. No caso da pesca activa, horario da xornada de recollida de lixo polas embarcacións e persoas mariscadoras. Planos do porto ou zona de depósito onde se efectuará o almacenamento de lixo mariño. Descrición do destino final do lixo recollido e se existe xestión de residuos.
No caso da pesca activa desde embarcación, xustificarase a elección do artefacto ou aparello específico empregado, en función das características e condicións da zona de traballo e da ausencia de impacto negativo no hábitat. Incluirase plano ou esquema del.
iv. Descrición das entidades colaboradoras que prestarán apoio no proxecto e concreción das accións en que participarán (por exemplo, autoridades portuarias).
Nas actuacións formativas e de sensibilización incluirán unha descrición dos obxectivos, contidos, metodoloxía didáctica e programación. Descrición das accións de comunicación do proxecto.
Nas actuacións en terra de almacenamento, manexo, clasificación, tratamento e reciclaxe de lixo, descrición dos equipamentos e infraestruturas existentes no porto que serán empregados nas actuacións.
4º. Calendario de realización das accións previstas.
5º. Orzamento detallado de cada unha das accións propostas, no cal o IVE deberá vir separado. O orzamento da memoria deberá estruturarse en conceptos detallados e coincidentes cos orzamentos e facturas pro forma, agás no caso das compensacións ás embarcacións pesqueiras (persoas armadoras) e persoas mariscadoras a pé que realizan pesca de lixo activa, cuxo custo xa está determinado, e os custos indirectos.
De ser o caso, incluirase a relación de ofertas solicitadas e elixidas.
6º. Información relativa aos indicadores conforme o previsto no Regulamento de execución (UE) nº 1242/2014 e Regulamento de execución (UE) nº 1243/2014.
7º. No caso de proxectos conxuntos entre organizacións non gobernamentais e grupos de acción local do sector pesqueiro, acordo de colaboración con algunha das entidades mencionadas na letra a) do artigo 4.1 desta orde que reflicta a participación na recollida de lixo mariño de embarcacións pesqueiras e persoas pescadoras ou persoas mariscadoras a pé.
8º. No caso de que o proxecto poida desenvolverse por fases susceptibles de produciren efectos independentes, farase constar de xeito expreso e describirase cada unha delas por separado.
9º. Estudo económico-financeiro externo acreditativo da viabilidade económica do proxecto ou resultado da ferramenta de autoavaliación da viabilidade que pode consultarse na páxina web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/).
d) Acreditación do IVE soportado non recuperable polo promotor, de ser o caso.
Naqueles casos en que exista un recoñecemento administrativo previo do dereito ás exencións previstas no artigo 20, un, 6º e 12º da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, remitirase esa resolución administrativa ou calquera outra certificación ou documento da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) en que figure esa exención.
e) Documentación xustificativa de todos os custos incluídos (orzamentos, facturas pro forma, contratos etc.) cunha información detallada e pormenorizada de cada un dos investimentos, equipos ou sistemas que os integran.
No caso de superarse a contía para contratos menores e presentarse tres orzamentos, as ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para seren comparables.
Exceptúase desta obriga a recollida de lixo mariño polas embarcacións pesqueiras e persoas mariscadoras a pé, cuxa compensación xa está previamente determinada, así como os custos indirectos.
f) Calquera outra documentación que sexa necesaria ou adecuada para a correcta valoración do proxecto presentado.
2. No caso da pesca activa de lixo, declaración responsable de cada unha das persoas armadoras das embarcacións pesqueiras e das persoas mariscadoras a pé conforme non se atopan en ningún dos supostos establecidos no número 1 do artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, de acordo co anexo III-A ou anexo III-B segundo corresponda.
3. No caso de solicitudes formuladas conxuntamente, deberá incluírse a documentación das alíneas a), b), e f) do número un por cada un dos solicitantes, e engadirase:
1º. Un acordo de nomeamento do representante ou apoderado único para os efectos da subvención, asinado polos representantes de todas as entidades solicitantes.
2º. A distribución dos compromisos que corresponda executar a cada un dos solicitantes, así como o importe da subvención solicitada para cada un deles.
3º. Declaración responsable de cada unha das persoas, de acordo co anexo IV.
4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recollidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideren obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación dos documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante e/ou da entidade representante.
b) DNI ou NIE do representante da entidade solicitante.
c) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
d) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
f) Concesións doutras subvencións e axudas.
g) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar despois da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
- Declaración conforme a persoa armadora de embarcación pesqueira non se atopa en ningún dos supostos establecidos no apartado 1 do artigo 10 do regulamento (UE) nº 508/2014 (Anexo III-A)
- Declaración conforme a persoa mariscadora a pé non se atopa en ningún dos supostos establecidos no apartado 1 do artigo 10 do regulamento (UE) nº 508/2014 (Anexo III-B)
- Declaración responsable (Anexo IV)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas para proxectos colectivos que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.
Axudas autonómicas para proxectos colectivos para mellorar a eficiencia enerxética nas lonxas pesqueiras.
Axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sustentables dos recursos mariños
Axudas ás entidades xestoras de lonxa pola caída de ingresos como consecuencia da pandemia covid-19 e a declaración do estado de alarma efectuada polo real decreto 463/2020, do 14 de marzo
Axudas ás persoas armadoras de buques pesqueiros conxeladores do censo unificado de palangre de superficie con porto base en Galicia para paliar as dificultades de comercialización ocasionadas como consecuencia da pandemia Covid-19
Axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca