Guía de procedementos e servizos

PE209E

Axudas autonómicas para proxectos colectivos para mellorar a eficiencia enerxética nas lonxas pesqueiras.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 13/08/2019 00:00 - 12/09/2019 23:59

Consellería do Mar

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2019 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos que melloren a eficiencia enerxética nos edificios das lonxas pesqueiras mediante a modernización das instalacións de iluminación interiores baseadas en tecnoloxía led.

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores de Galicia que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables.

2. Non poderán obter a condición de beneficiaria aquelas entidades en que concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Os operadores que se atopen nalgún dos supostos establecidos no artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio.

b) As persoas sinaladas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Ter sido sancionada coa imposibilidade de obter préstamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.

d) Ter incumpridas as obrigas establecidas nos artigos 55 e 58 ou as obrigas de constitución dos órganos reitores recollidas nas seccións 3ª e 4ª do capítulo IX do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, que regula as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, tal e como sinala a disposición adicional segunda do mesmo decreto.

e) Non se concederán axudas ás empresas en crise de acordo coa definición establecida nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise.

 

Obrigas dos beneficiarios

Os beneficiarios, ao formalizaren a súa solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establecen nesta orde para a concesión e pagamento das subvencións, así como ao cumprimento dos requisitos estipulados na normativa de aplicación a estas.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro

R/ dos Irmandiños, s/n- Salgueiriños

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546142

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.gal

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Prazo de presentación: PECHADO

13/08/2019 00:00 - 12/09/2019 23:59

Para a convocatoria de 2019 o prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención, dentro dos prazos máximos que se establezan na respectiva resolución de concesión, con cumprimento das condicións e prescricións establecidas nela, na orde de convocatoria e demais normativa de aplicación, de forma que se poida realizar a comprobación documental e material deste.

b) Acreditar, mediante declaración responsable, que non teñen pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.

c) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que se encontran ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades para as que se solicita axuda, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución ou a consecución dos fins para os cales foi concedida a axuda de que se trate.

e) Facilitar toda a información que lles sexa requirida en relación coas subvencións concedidas e someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar a entidade concedente, así como aos órganos de fiscalización e control da Comunidade Autónoma, da Administración xeral do Estado e da Unión Europea.

f) Cumprir as condicións de admisión da solicitude do artigo 10.1 do Regulamento (UE) nº 508/2014, durante todo o período de execución da operación e durante un período de cinco anos despois da realización do pagamento final. Así, no caso de detectarse infraccións ou fraudes en controis posteriores á concesión da axuda, e de conformidade co artigo 202 do Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046, poderase recuperar a axuda aboada indebidamente.

g) Manter os investimentos obxecto de subvención durante 5 anos, polo menos, ou 3 anos no caso de pemes, posteriores á súa realización de acordo co previsto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

h) Informar o público sobre a axuda obtida, dando adecuada publicidade con expresa mención á participación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e a súa porcentaxe de financiamento, nos seguintes termos:

O beneficiario debe recoñecer que a operación recibiu o apoio dos fondos e en todas as medidas de información e comunicación adoptará:

1º. O emblema da Unión, de conformidade con las características técnicas establecidas no Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 e no Regulamento de execución (UE) nº 763/2014.

2º. Unha referencia ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) que apoia a operación.

3º. O logotipo da Xunta de Galicia.

Durante a realización da operación, o beneficiario informará o público do apoio obtido dos fondos:

1º. Facendo unha breve descrición da operación no sitio da internet, no caso que dispoña dun, de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, incluíndo os obxectivos e destacando o apoio financeiro da Unión. A descrición deberá permanecer durante a execución do proxecto e, cando menos, ata a data do pagamento final da axuda.

2º. Colocando un cartel con información sobre o proxecto (tamaño mínimo A3), en que se mencionará o apoio financeiro da UE, nun lugar facilmente visible para o público, como a entrada dun edificio.

i) Manter un sistema de contabilidade separado, ou ben asignar un código contable axeitado que permita coñecer todas as transaccións relacionadas coa operación que se subvenciona, co obxecto de facilitar a pista de auditoría, de acordo co artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

j) Proporcionar toda a información e datos necesarios para poder proceder ao seguimento e avaliación do programa operativo, de acordo co establecido no artigo 111 do Regulamento (UE) nº 508/2014, relativo ao FEMP.

k) Independentemente do sistema establecido para a xustificación da subvención, deberán manterse á disposición da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo os documentos xustificativos relativos aos gastos subvencionados durante un prazo de dous anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación, para o cal se informará o beneficiario da data de inicio do período mencionado.

Os documentos conservaranse ou ben en forma de orixinais ou de copias compulsadas de orixinais, ou ben en soporte de datos comunmente aceptados, en especial versións electrónicas de documentos orixinais ou documentos existentes unicamente en versión electrónica.

l) Non concertar a execución total ou parcial das actividades subvencionadas con persoas ou entidades afectadas polas situacións referidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

m) Manter, dentro do territorio da UE, os investimentos en infraestruturas ou produtivos polo menos dez (10) anos contados desde a data do último pagamento realizado á persoa beneficiaria. Esta obriga non será de aplicación ás pemes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,

https://sede.xunta.gal. O formulario normalizado correspóndese co anexo I desta orde. A presentación da solicitude nun formulario distinto será causa de inadmisión.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Forma parte de cada solicitude a declaración responsable que contén esta e na cal se fan constar os seguintes aspectos:

a) Que cumpren os requisitos para obter a condición de entidade beneficiara segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Que non se atopan en ningún dos supostos establecidos no número 1 do artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, é dicir:

1º. Non ter cometido infracción grave consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou o artigo 90.1 do Regulamento (CE) nº 1224/2009.

2º. Non ter estado involucrada na explotación, xestión ou propiedade de buques pesqueiros incluídos na lista de buques INDR da Unión recollida no artigo 40.3 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou de buques que enarboren pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes, segundo se establece no seu artigo 33.

3º. Non ter cometido infraccións graves da política pesqueira común (PPC).

4º. Non ter cometido fraude no marco do Fondo Europeo de Pesca (FEP) ou do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

c) Non ter sido sancionada coa imposibilidade de obter préstamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.

d) Ter cumprido as obrigas establecidas nos artigos 55 e 58 ou as obrigas de constitución dos órganos reitores recollidas nas seccións 3ª e 4ª do capítulo IX do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, que regula as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, tal e como sinala a disposición adicional segunda do mesmo decreto.

e) Non ser unha empresa en crise segundo a definición e as condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise (2014/C249/01).

f) O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.

g) Que os investimentos non foron iniciados.

h) Que as instalacións ou equipamentos solicitados non foron obxecto de subvención nos 5 anos naturais anteriores.

i) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir co proxecto para o cal se solicita a axuda.

2. As solicitudes estarán asinadas polo representante legal da entidade solicitante. A presentación da solicitude non asinada polo representante legal será causa de inadmisión.

3. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o interesado non poderá modificar a súa petición de axuda variando o importe do investimento, nin modificando os conceptos para os cales solicita a axuda. Non se considera variación do importe do investimento as diferencias ou erros materiais que se poidan dar ao transcribir os importes dos orzamentos ou facturas pro forma.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación.

a) Documentación acreditativa da personalidade: certificación do órgano competente en que se acredite o desempeño actual do cargo por parte do asinante e se especifique o acordo polo que se lle concede a este autorización para formalizar a solicitude. Se actúa en virtude de atribucións fixadas nos estatutos indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia.

b) Proxecto para un tipo de investimentos que permita determinar a súa viabilidade e realizar a valoración, conforme os criterios establecidos nos artigos 18 e 19 desta orde de bases reguladoras.

Para elaborar a memoria que se xunta coa solicitude, o modelo pode consultarse na páxina web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/).

A memoria do proxecto deberá conter, polo menos:

1º. Descrición da entidade: experiencia da entidade na xestión de proxectos financiados pola Unión Europea. Elementos que aseguran a capacidade técnica da entidade para a realización do proxecto. Equipo que a entidade vai destinar para a xestión do proxecto. Número de persoas pescadoras e acuicultoras asociadas á entidade. Historial produtivo e económico de produtos da pesca nos últimos 5 anos.

2º. Explicación das necesidades que se pretenden cubrir e obxectivos perseguidos (xeral e específicos). Indicar como detectou a necesidade de desenvolver a actuación. Identificar como o proxecto contribuirá de xeito tanxible a mellorar os servizos diarios das persoas pescadoras e acuicultoras que empregan o porto. Tamén se incluirá a seguinte información:

  • i. Descrición da situación anterior á actuación: plano da situación das instalacións de iluminación na lonxa coa distribución dos equipamentos inicial (luminarias/equipamento de iluminación, sistemas de control e regulación). Relación de luminarias/equipamentos para iluminación nas diferentes zonas obxecto de actuación. Para cada zona: nome da zona, número de puntos de luz, tipo (campá, proxector...), número de lámpadas por punto de luz, tipo de lámpada e potencia (W), sistemas de control e regulación da iluminación (no caso de existiren), e consumo (kWh).

  • ii. Descrición da situación posterior á actuación: plano da situación das instalacións de iluminación na lonxa coa distribución dos equipamentos final (luminarias/equipamento de iluminación, sistemas de control e regulación). Relación de luminarias/equipamentos para iluminación nas diferentes zonas obxecto de actuación. Para cada zona: nome da zona, número de puntos de luz, tipo (campá, proxector...), número de lámpadas por punto de luz, tipo de lámpada e potencia (W), sistemas de control e regulación da iluminación (no caso de existiren), e consumo (kWh).

  • iii. Descrición dos resultados que se obterán coa implementación do proxecto. Comparación dos consumos nas situacións anterior e posterior á actuación, e indicar o consumo que se prevé reducir coa actuación prevista (potencia inicial kW, consumo inicial kWh/ano, potencia final kW, consumo previsto final en kWh/ano e % de aforro enerxético). Medidas que ten previsto implementar para verificar que se alcanza o aforro enerxético previsto.

3º. Descrición das accións que se pretenden acometer. Equipamento novo solicitado: marca, modelo, referencia, número/tipo. Características técnicas dos equipamentos solicitados: ficha técnica ou catálogo do equipo de iluminación polo fabricante, onde figuren as características técnicas do equipamento e onde se inclúan polo menos os datos de potencia, fluxo luminoso, temperatura de cor e rendemento. Marcación UE do equipamento.

4º. Explicar quen se beneficiará do proxecto, é dicir o/os grupo/s obxectivo/s que se verá/n beneficiado/s dos resultados dos investimentos. Indicar o número de persoas pescadoras e acuicultoras que se beneficiarán do proxecto. Explicar porque o solicitante sería un beneficiario colectivo e o interese colectivo das accións do proxecto.

5º. Calendario de realización das accións previstas.

6º. Orzamento detallado de cada unha das accións propostas, en que o IVE deberá vir separado. Para cada zona en que se prevé actuar incluirá: marca, modelo, breve descrición e número de unidades dos equipamentos, importes de material e man de obra. De ser o caso, incluirase a relación de ofertas solicitadas e elixidas.

7º. Información relativa aos indicadores conforme o previsto no Regulamento de execución (UE) nº 1242/2014 e Regulamento de execución (UE) nº 1243/2014.

No caso de que o proxecto poida desenvolverse por fases susceptibles de produciren efectos independentes, farase constar de xeito expreso e describirase cada unha delas por separado.

c) Estudo económico-financeiro externo acreditativo da viabilidade económica do proxecto ou resultado da ferramenta de autoavaliación da viabilidade que pode consultarse na páxina web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/).

d) Estudo lumínico da totalidade da superficie que se iluminará, identificando o programa de cálculo utilizado para a súa realización.

e) Informe de técnico competente que preverá medidas de eficiencia enerxética e aforro nos sistemas de iluminación existentes na lonxa, e unha análise económica que xustifique que os investimentos implicarán un aforro de enerxía e mellorarán a eficiencia enerxética.

Para o aforro enerxético (kWh/ano) compararase a situación actual da instalación coa situación final, e terá en conta as facturas de electricidade de doce (12) meses e a repartición do consumo en iluminación e outros usos.

f) Documentación xustificativa de todos os custos incluídos (orzamentos, facturas pro forma, etc.) cunha información detallada e pormenorizada de cada un dos investimentos, equipamentos ou sistemas que os integran. Se é o caso, informe dun taxador ou perito independente.

As ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para seren comparables.

g) Copia do contrato de alugamento por un período mínimo de 6 anos ou documento acreditativo dunha concesión ou autorización administrativa ata un período mínimo de 6 anos ou prorrogable ata o dito período, desde a data da solicitude da axuda.

h) Copia das autorizacións ou permisos ou licenzas, de ser o caso, ou da xustificación de telos solicitado aos organismos correspondentes, necesarias para levar a cabo os investimentos previstos.

i) Plan de negocio, no caso de proxectos de importe superior a 250.000 euros.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

4. Sempre que se realice a presentación dos documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE do representante da entidade solicitante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

f) Concesións doutras subvencións e axudas.

g) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 24 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2019 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos que melloren a eficiencia enerxética nas lonxas pesqueiras, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (DOG nº 152 do 12 de agosto de 2019).

    • Extracto da Orde do 24 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2019 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos que melloren a eficiencia enerxética nas lonxas pesqueiras, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (DOG nº 152 do 12 de agosto de 2019).

    • Resolución do 7 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 24 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2019 da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos que melloren a eficiencia enerxética nas lonxas pesqueiras, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (DOG nº 33 do 18 de febreiro de 2020).

Outros procedementos relacionados

ED431J

Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED702B

Obtención da avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 22/05/2025 00:00 - 18/06/2025 23:59

ED431D

Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG-redes.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 20/06/2017 00:00 - 19/07/2017 23:59

ED431H

Axudas para a atracción de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do SUG.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 20/05/2020 00:00 - 01/06/2020 23:59