Guía de procedementos e servizos

PE201D

Axudas aos produtores de moluscos pola suspensión temporal da colleita.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2015 - Prazo pechado: 06/08/2015 00:00 - 05/09/2015 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras para a concesión das axudas para compensar as perdas do ano 2013 aos produtores de moluscos pola suspensión temporal da colleita de moluscos cultivados, suspensión derivada da contaminación dos moluscos debido á proliferación de plancto que produza toxinas ou á presenza de plancto que conteña biotoxinas, así como proceder á súa convocatoria para o exercicio 2015.
1. Poderán ser beneficiarios das axudas reguladas nesta orde as persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos de acuicultura, que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia e que suspendesen a súa colleita de moluscos cultivados, por motivos de protección da saúde, como consecuencia da contaminación dos moluscos, debido á proliferación de plancto que produza toxinas ou a presenza de plancto que conteña biotoxinas, durante un período superior a catro meses consecutivos ou cando as perdas sufridas sexan derivadas da suspensión da colleita e se cifren en máis do 35 % do volume anual de negocios de cada establecemento de acuicultura en cuestión, calculado sobre a base do volume de negocios medio de cada establecemento de acuicultura durante os tres anos anteriores (2010, 2011 e 2012).

2. Tamén poderán ser beneficiarios das axudas, sempre que subscriban todos e cada un dos seus membros a solicitude, se se dan as condicións sinaladas no punto anterior, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, estean constituídos por titulares de establecementos de acuicultura que teñan a sede en Galicia e realicen a súa actividade nesta comunidade.

3. Cando as pretensións correspondan a unha pluralidade de persoas, poderán ser formuladas nunha única solicitude, por medio de representante legalmente habilitado. Neste suposto, a presentación da solicitude deberá incluír un modelo de pluralidade de persoas solicitantes. Para facilitar este trámite, a sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas este e outros modelos normalizados.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Acuicultura

Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546287/ 981546300

Fax: 981546288

Email: sxmar.cmrm@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Coruña

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 1 - 5º ANDAR

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182010

Fax: 981182027

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica (Celeiro)

AVDA. RAMON CANOSA, S/N - CELEIRO

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555035

Fax: 982555007

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica (Vigo)

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817129

Fax: 986817118

Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

06/08/2015 00:00 - 05/09/2015 23:59

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

- Para poder ser beneficiarios destas axudas será requisito indispensable que polo menos nos tres últimos anos (2010, 2011 e 2012) se transmitise á Consellería do Medio Rural e do Mar a información establecida na Orde do 9 de abril de 2008 pola que se establece o sistema de transmisión dos datos mensuais de produción de acuicultura.

  • Solicitude normalizada segundo o Anexo I desta orde, acompañada da seguinte documentación:

  • A. Para persoas xurídicas:

    • Copia compulsada do NIF da entidade solicitante e do DNI do seu representante legal, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.

    • Certificación rexistral actualizada dos estatutos sociais, da escritura de constitución e copia compulsada da tarxeta de identificación fiscal.

    • Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se for o caso.

    • Imposto de sociedades e imposto de liquidación anual do IVE do último exercicio económico pechado.

    • No caso de existir grupo empresarial, deberase achegar certificación actualizada do rexistro mercantil das contas anuais consolidadas depositadas no último exercicio económico pechado, incluíndo informe de auditoría, se for o caso.

    • Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigacións tributarias.

  • B. Para persoas físicas:

    • Copia compulsada do DNI do solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.

    • Declaración da renda dos últimos tres anos.

    • Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.

  • C. Se a solicitude corresponde a unha pluralidade de persoas:

    • Acordo de nomeamento do representante ou apoderado para os efectos da axuda, asinado por todos eles.

    • A distribución dos compromisos que corresponda executar a cada un dos solicitantes, así como o importe da subvención solicitada para cada un deles.

    • A conta bancaria que se sinala no anexo I deberá estar a nome de todos os solicitantes. En caso contrario, deberase achegar documento asinado por todos os solicitantes conforme non existe inconveniente en que se pague a axuda a esa conta.

    • Documentación sinalada para persoas físicas no punto B.

  • A documentación complementaria poderá presentarse electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • A solicitude deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dependentes dela. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

    Alternativamente tamen se poderá presentar a solicitude e demais anexos normalizados en formato papel (orixinal e tres copias cotexadas) en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 27 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas con carácter compensatorio aos produtores de moluscos pola suspensión temporal da colleita de moluscos cultivados durante o período de programación 2007-2013, cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca nun 75 %, e se convoca para o exercicio 2015 o devandito procedemento (DOG nº 147 do 5 de agosto de 2015).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE155B

Axudas autonómicas a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)

Tramitar en liña

Prazo aberto: 04/07/2025 00:00 - 18/08/2025 23:59

PE155D

Axudas destinadas á creación e consolidación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros

Tramitar en liña

Prazo aberto: 10/07/2025 00:00 - 11/08/2025 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano