Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE155D
Axudas destinadas á creación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Mar
1. Esta orde con código de procedemento PE155 D ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas á creación de organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) recoñecidas no ámbito autonómico galego e proceder á súa convocatoria para o 2021.
2. A axuda concederase en apoio á súa creación e funcionamento da organización profesional durante os cinco primeiros anos naturais contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución favorable emitida pola Administración competente.
Estas axudas só se poderán outorgar cando a recepción da notificación da resolución favorable da Administración competente de recoñecemento se realizara a partir do 1 de xaneiro de 2014.
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) recoñecidas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do 1 de xaneiro de 2014, inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros ou no Rexistro de Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros, establecidos no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, e que non teñan recibido nos primeiros cinco anos desde o seu recoñecemento o total das axudas á creación das devanditas organizacións profesionais, conforme o establecido no artigo 6 do Real decreto 956/2017, do 3 de novembro.
2. A axuda limítase ao funcionamento das devanditas OPP ou AOP para aquelas anualidades, que, respectando o límite máximo dos 5 anos desde a súa creación, lles correspondan. Cada anualidade contarase desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución favorable emitida pola Administración competente e ata un ano natural despois, sempre e cando o remate da anualidade estea establecido como moi tarde, dentro do prazo de presentación de solicitudes da presente convocatoria.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar
Servizo de Mercados
Praza de Europa 5A – 4º (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546261
Fax: 981546288
Email: sxmar.cmrm@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
13/08/2021 00:00 - 13/09/2021 23:59
Para esta convocatoria do ano 2021 o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Enténdese como último día do prazo o correspondente ao mesmo día ordinal do día da publicación e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, enténdese que o prazo expira o último día de mes. No caso de que o último día sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Requisitos xerais das persoas beneficiarias
Os beneficiarios das axudas reguladas pola presente orde estarán suxeitos aos seguintes requisitos:
a) Estar ao corrente no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
b) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Non ter cometido infracción grave da política pesqueira común, definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello.
e) No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das comunidades europeas (DOUE serie C 316, do 27.11.1995).
f) Non estar nin ter estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) núm. 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.
g) Manter a condición de beneficiario, cumprindo os requisitos de admisibilidade previstos no artigo 10 do Regulamento FEMP.
h) Cumprir o disposto nos artigos 71 e 140 do Regulamento 1303/2013, do 17 de decembro de 2013 (Regulamento RDC).
i) Levar unha contabilidade separada, ou dispor dun código contable adecuado das transaccións relacionadas coas operacións obxecto de financiamento, que permita seguir a pista de auditoría.
j) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
k) Someterse a actuacións de comprobación e control dos distintos órganos competentes.
Requisitos específicos das persoas beneficiarias
1. Sen prexuízo do anterior, a persoa beneficiaria deberá, ademais, cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter sido recoñecida como unha OPP ou AOP no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia,
b) Estar inscrita no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros ou no Rexistro de Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros, establecidos no artigo 8 do Real decreto 277/2016,
c) Ter recepcionado a notificación da resolución favorable da Administración competente de recoñecemento da OPP ou AOP a partir do 1 de xaneiro de 2014.
d) No caso das OPP, ter presentados desde a data de recoñecemento os correspondentes plans de produción e comercialización (PPeC) e ter obtido a súa aprobación, segundo o establecido no artigo 14.3 e 5 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.
e) No caso das OPP, ter presentado, desde a data de recoñecemento, os correspondentes informes anuais dos PPeC e ter obtido a súa aprobación, segundo o establecido no artigo 15.3 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.
2. As organizacións profesionais deberán manter os requisitos anteriores durante cinco anos despois da data contable do último pagamento da axuda, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 10 do Regulamento FEMP.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesada presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. Ademais doutras obrigas documentais que se recollan na presente orde, as entidades solicitantes deberán achegar:
– A solicitude (anexo I) debidamente cuberta onde se fagan constar os datos solicitados, tendo especial relevancia a indicación das anualidades de funcionamento da OPP ou AOP para as que a organización solicita a axuda, xunto coa indicación do período correspondente a cada anualidade, conforme o establecido no segundo parágrafo do punto 1 do artigo 7.
– Anexo II, declaracións responsables, debidamente cuberto, onde se fagan constar os datos solicitados, en especial aqueles precisos para o cálculo da contía da axuda, para o cálculo dos criterios específicos na fase de valoración de solicitudes e para o cálculo do indicador de resultado.
2. Así mesmo, segundo proceda, presentarase a seguinte documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento:
a) Poder suficiente da persoa representante, no caso de que tal poder non figure nos estatutos: deberá presentar o poder ou outra documentación acreditativa das facultades representativas da persoa física que actúe como representante da persoa xurídica.
b) Copia da escritura de constitución e estatutos da sociedade, así como as modificacións ulteriores debidamente inscritas no rexistro correspondente.
c) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.
d) Declaración doutras axudas solicitadas (incluíndo préstamos subvencionados), concedidas ou que se pretendan solicitar a calquera outra Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais, destinadas a subvencionar total ou parcialmente o proxecto para o cal se solicita a axuda. Esta declaración está incluída no anexo I. Deberá achegarse a resolución da axuda no caso de axudas doutras administracións distintas da Xunta de Galicia, de ser o caso.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que se poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos se vaia presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborado polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Resolución da axuda concedida para subvencionar total ou parcialmente o mesmo proxecto solicitado, no caso de axudas concedidas pola Xunta de Galicia.
d) Informe acreditativo de non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións emitido pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
e) Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira, emitido polo Servizo Técnico-Xurídico da Consellería do Mar.
f) Informe acreditativo de non estar en concurso de acredores (artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia) obtido a través do Rexistro Público Concursal do Ministerio de Xustiza.
g) Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (CE) núm. 1005/2008, do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (CE) núm. 1224/2009, do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, emitido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
h) Informe do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería do Mar de non ter cometidas infraccións graves conforme ao disposto no artigo 10.1 a) do Regulamento (UE) núm. 508/2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.
i) Non ter sido declarado culpable de cometer fraude segundo o Sistema nacional de publicidade de subvencións do Ministerio de Facenda e Función Pública, no marco do FEMP.
j) Informe acreditativo de non estar nin ter estado, nos últimos 24 meses, involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR, obtido a través da base de datos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
k) Certificación emitida polo organismo competente, acreditativa de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
l) Certificación emitida polo organismo competente, acreditativa de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
m) Certificación emitida polo organismo competente, acreditativa de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Administración Autonómica de Galicia, emitido pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta destes datos, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
- Declaración responsable (Anexo II)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 214 do 5 de novembro de 1999).
-
Corrección de erros.-Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 218 do 11 de novembro de 1999).
-
Lei 3/2009, do 23 de xuño, pola que se modifica o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG nº 126 do 30 de xuño de 2009).
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
-
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
-
Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
-
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).
-
Orde do 30 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva destinadas á creación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura recoñecidas no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 154 do 12 de agosto de 2021).
-
Extracto da Orde do 30 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva destinadas á creación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura recoñecidas no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 154 do 12 de agosto de 2021).
-
Resolución do 30 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se dá publicidade das axudas concedidas correspondentes á convocatoria do exercicio 2021 (DOG nº 8 do 13 de xaneiro de 2022).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 164 do 8 de xullo de 2016).
-
Real Decreto 956/2017, do 3 de novembro, polo que se establece o marco regulador de axudas ás organizacións profesionais do sector da pesca e da acuicultura, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e as súas bases reguladoras de ámbito estatal, e polo que se modifican o Real Decreto 418/2015, do 29 de maio, polo que se regula a primeira venda de produtos pesqueiros, e o Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 268 do 4 de novembro de 2017).
-
Corrección de erros e erratas do Real Decreto 956/2017, do 3 de novembro, polo que se establece o marco regulador de axudas ás organizacións profesionais do sector da pesca e da acuicultura, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e as súas bases reguladoras de ámbito estatal, e polo que se modifican o Real Decreto 418/2015, do 29 de maio, polo que se regula a primeira venda de produtos pesqueiros, e o Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 24, do 27 de xaneiro de 2018).
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello.
-
Regulamento (UE) 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013 polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, modifícanse os Regulamentos (CE) 1184/2006 e (CE) 1224/2009 do Consello e derrógase o Regulamento (CE) 104/2000 do Consello.
-
Regulamento (UE) nº 1380/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, sobre Política Pesqueira Común, polo que se modifican os Regulamentos (CE) 1954/2003 e (CE) nº 1224/2009 do Consello, e derróganse os Regulamentos (CE) 2371/2002 e (CE) 639/2004 do Consello e a Decisión 2004/585/CE do Consello.
-
Regulamento (UE) 508/2014, do Parlamento Europeo e do Consello, de 15 de maio de 2014 relativo ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se derrogan os Regulamentos (CE) 2328/2003, (CE) 861/2006, (CE) 1198/2006 e (CE) 791/2007 do Consello.
-
Outros procedementos relacionados
Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.
Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59
Axudas para proxectos colectivos que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable.
Prazo aberto: 30/04/2025 00:00 - 29/05/2025 23:59
Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano
Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano