Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE104I - Axudas autonómicas para a paralización definitiva de buques pesqueiros afectados polo plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste.
A finalidade das axudas reguladas nesta orde é axeitar a capacidade pesqueira da frota coa dispoñibilidade dos recursos mariños, mediante a redución do esforzo pesqueiro e, así, lograr un equilibrio sustentable que asegure que a pesca siga sendo unha actividade de desenvolvemento económico para esta comunidade.
A paralización definitiva poderase materializar por despezamento, asignación definitiva a tarefas non pesqueiras, ou reconversión en arrecifes artificiais.
Os beneficiarios deberán cumprir as seguintes obrigas:
a) Executar as actuacións obxecto da subvención dentro do prazo conferido para o efecto, e con cumprimento das condicións establecidas na respectiva resolución de concesión e demais normativa de aplicación.
b) Someterse ás actuacións de comprobación que poida efectuar o órgano concedente ou calquera outra comprobación ou control financeiro que poidan realizar a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou calquera outro órgano de control competente, tanto nacional como comunitario, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
c) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco (5) anos desde a percepción do último pagamento, para os efectos de comprobación e control.
e) Comunicar á Consellería do Medio Rural e do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente, tanto públicos como privado.
f) Comunicar á Consellería do Medio Rural e do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para que foi concedida a axuda.
g) Acreditar, mediante declaración responsable, que non teñen pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.
h) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
i) Dar a axeitada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do Fondo Europeo de Pesca, nos termos regulamentariamente establecidos.
j) No caso das frotas que teñan dereitos de pesca asignados de xeito individual, o propietario do buque que se vaia paralizar deberá comprometerse a traspasar o 100% dos dereitos de pesca a buques con porto base en Galicia ou a buques de empresas que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia. A permanencia do receptor na nosa comunidade autónoma (porto base ou domicilio fiscal) terá que ser por un tempo de cinco (5) anos desde que se realice a transferencia de dereitos. O seu incumprimento implicará o reintegro prorrata temporis da axuda. Para este efecto, para proceder ao pagamento cubrirase o anexo VI desta orde.
k) Con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión da axuda, o buque debe estar de alta no Censo de frota pesqueira operativa e no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia.
b) O buque deberá ter unha actividade pesqueira mínima de 90 días de pesca en cada un dos dous períodos de doce meses anteriores á data de solicitude de paralización definitiva ou, alternativamente, 120 días de pesca nos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude de paralización definitiva. O órgano xestor das axudas comprobará o cumprimento dos días de actividade pesqueira mediante a consulta dos datos do Centro de Seguimento de Pesca español para buques que dispoñan do dispositivo de localización caixa azul. Se o buque non dispón deste dispositivo, a comprobación realizarase mediante a consulta dos datos dos rexistros oficiais de vendas. Tamén se poderán consultar outros medios que, a xuízo do dito órgano, acrediten suficientemente a actividade pesqueira.
d) O buque ten que estar afectado polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste.
e) Ao solicitar a axuda, o buque deberá estar libre de cargas e gravames, salvo que a súa cancelación estea suficientemente garantida ou se presente autorización para solicitar esta axuda, expresa e non sometida a condicións, emitida pola entidade crediticia ou pola persoa física ou xurídica titular do dereito garantido.
f) O buque deberá estar en condicións de navegar e realizar a actividade pesqueira nas condicións que exixe a normativa en vigor.
g) Ademais dos anteriores requisitos, deberán cumprirse as condicións recollidas no artigo 23 do Regulamento (CE) nº 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo de Pesca e no Programa operativo para o sector pesqueiro español.
Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Os solicitantes da axuda, antes de que se dite a proposta de resolución, deben estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Competitividade da Cadea Mar-Industria
Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546295
Fax: 981546288
Email: sxmar.cmrm@xunta.gal
Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota
Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros afectados polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste, cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca, e se convocan para o exercicio 2015, tramitada como anticipada de gasto (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2015).
Orde do 13 de agosto de 2015 pola que se amplía o crédito e se modifica o prazo de xustificación da Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros afectados polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste, cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca, e se convocan para o exercicio 2015, tramitada como anticipada de gasto (DOG nº 155 do 17 de agosto de 2015).
Regulamento (CE) nº 1198/2006, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo da Pesca.
Programa Operativo para o sector pesqueiro español.
Prazo de presentación: PECHADO
22/01/2015 00:00 - 21/02/2015 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
- A solicitude e demais anexos normalizados está formada por:
- A solicitude e demais anexos normalizados está formada por:
- Anexo IV, de compromiso de retirada da actividade pesqueira.
- Anexo V, de relación de pescadores que formen parte da tripulación do buque obxecto da solicitude de paralización cos NIF e número de afiliación no rexime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar, no momento da solicitude da axuda, acompañada da fotocopia compulsada da inscrición dos tripulantes no rol de dotación do buque. No suposto de que no momento da convocatoria das axudas o buque estivese a pescar en caladoiros afastados, presentarase certificación da capitanía marítima coa relación da tripulación enrolada a bordo.
- Só no caso de que o solicitante sexa una pluralidade de persoas físicas:
- Anexo III.
- Anexo VIII (compromiso de execución e de non disolución da agrupación ata que transcorran catro anos desde a concesión da axuda).
- A documentación complementaria está formada por:
- Se o solicitante e a persoa física propietaria do buque:
- Copia cotexada do DNI só no caso de non autorización ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de verificación de datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG núm. 221, do 13 de novembro) e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG núm. 134, do 10 de xullo).
- Se o solicitante e unha persoa xurídica:
- Copia cotexada da tarxeta de identificación fiscal.
- Certificación rexistral actualizada en que figure a constitución da sociedade e os estatutos vixentes.
- Poder suficiente do representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.
- Copia cotexada do DNI do representante só no caso de non autorización do representante ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de verificación de datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro de 2008 (DOG núm. 221, do 13 de novembro) e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG núm. 134, do 10 de xullo).
- Se os solicitantes son unha pluralidade de persoas, deberán presentar:
- Acordo de nomeamento de representante ou apoderado para os efectos da axuda asinado por todos.
- Copia cotexada do DNI de cada un dos propietarios da embarcación só no caso de non cubrir no anexo III a autorización ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de verificación de datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG núm. 221, do 13 de novembro) e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG núm. 134, do 10 de xullo).
- NIF da comunidade de bens ou sociedade civil.
- Copia cotexada da escritura de constitución e porcentaxe de participación de cada un dos seus membros, só no caso de non presentar o anexo III. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación.
- Se a paralización se vai materializar mediante asignación definitiva a actividades non relacionadas coa pesca:
- Memoria explicativa do destino do buque.
- Estatutos da entidade a que se transfira a propiedade do buque.
- Outra documentación:
- Se o buque está en rexime de gananciais, autorización do cónxuxe ou parella de feito para a presentación do buque ás axudas de paralización definitiva.
- Certificación do Rexistro de Bens Mobles, Sección de Buques, en que conste a titularidade e o estado de cargas ou gravames do barco.
- Para o caso de que no certificado da alínea anterior consten cargas ou gravames, autorización para solicitar a axuda, expresa e non sometida a condicións, emitida pola entidade crediticia ou pola persoa física ou xurídica titular do dereito garantido.
- Certificación de despachos, expedida pola capitanía marítima correspondente, acreditativa de que o buque foi despachado para a actividade pesqueira.
- Copia certificada e actualizada da folla de asento do buque.
- A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan autenticas. - Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
- A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. - No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Sete meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"