Guía de procedementos e servizos

MT975M

Subvencións a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal. Fondos de recuperación e resiliencia.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 06/05/2022 00:00 - 06/06/2022 23:59

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, polo procedemento de concorrencia competitiva, ás entidades locais e agrupacións de entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, (código de procedemento MT975M) ao tempo que se fai publica a súa convocatoria para o ano 2022.

2. Son liñas subvencionables as seguintes:

• Liña 1. Novos puntos limpos: proxectos de construción de instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos.

• Liña 2. Melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos.

Actuacións subvencionables.

Ao abeiro desta orde de axudas serán subvencionables as actuacións que se citan a seguir para cada liña de axuda.

a) Liña 1. Novos puntos limpos: proxectos de construción de instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos.

Serán subvencionables ao abeiro deste punto proxectos e actuacións que teñan por obxecto construción de instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos, con obxecto tanto de potenciar a súa reciclaxe ou outra forma de valorización como de reducir a cantidade de residuos que se destina a eliminación.

Os conceptos financiables dentro deste tipo de proxectos son os que se recollen a continuación:

a) Acondicionamento do terreo necesario.

b) A obra civil necesaria para a cimentación, firme e pavimentado da superficie do punto limpo, muros de contención e vías de acceso ás zonas de achega dos residuos.

c) As instalacións de redes de subministracións (electricidade, auga, etc.) e de saneamento.

d) Cubertas para a zona de almacenamento de residuos, que pola súa exposición ao sol e á auga se vexan prexudicados para a súa reciclaxe ou valorización posterior. En particular, os residuos de RAEE, pilas, téxtiles, vernices e outros residuos domésticos perigosos.

e) Impermeabilización e recollida de derramamentos da zona de almacenamento de residuos perigosos.

f) Compra de contedores e gaiolas apropiadas para o almacenamento das distintas fraccións de residuos. Teranse en conta especialmente aqueles proxectos que presenten un aumento das fraccións recollidas separadamente, en especial as relacionadas con téxtiles e residuos domésticos perigosos. Neste concepto inclúense tanto contedores metálicos, gaiolas ou andeis.

g) Básculas para pesada de entradas e saídas de residuos.

h) Ferramentas informáticas (incluído software) para o rexistro tanto de entradas como de saídas de residuos (arquivo cronolóxico telemático).

i) Instalacións destinadas á preparación para a reutilización, xa sexa para o almacenamento separado dos residuos susceptibles de seren preparados para a reutilización como para a comprobación ou o tratamento.

j) Elementos de información no propio punto limpo sobre as condicións de entrega adecuada dos residuos, tales como carteis, paneis ou sinalización.

k) Melloras no control de acceso á zona de almacenamento de residuos tales como peches perimetrais, sistemas de control de acceso, peches de zonas de almacenamento, sistemas de videovixilancia, alarmas, etc.

l) Formación para o persoal do punto limpo en materia de preparación para a reutilización con obxecto de seleccionar adecuadamente aqueles residuos susceptibles de seren preparados para a reutilización.

m) Servizos complementarios á execución da obra, tales como honorarios de redacción de proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde.

Non se financiarán alugamentos nin o pagamento de servizos a terceiros.

No caso de que o proxecto, ou determinados conceptos del, afecten fluxos de residuos cubertos pola responsabilidade ampliada do produtor, non será financiable a parte atribuíble á responsabilidade ampliada do produtor.

b) Liña 2. Melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos.

Serán subvencionables ao abeiro deste punto proxectos e actuacións que teñan por obxecto a mellora de instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos, con obxecto tanto de potenciar a súa reciclaxe ou outra forma de valorización como de reducir a cantidade de residuos que se destina a eliminación.

Os conceptos financiables dentro deste tipo de proxectos son os que se recollen a continuación:

a) Acondicionamento do terreo necesario.

b) A obra civil necesaria para a cimentación, firme e pavimentación da superficie do punto limpo, muros de contención e vías de acceso ás zonas de achega dos residuos.

c) As instalacións de redes de subministracións (electricidade, auga, etc.) e de saneamento.

d) Cubertas para a zona de almacenamento de residuos que, pola súa exposición ao sol e á auga, se vexan prexudicados para a súa reciclaxe ou valorización posterior. En particular, os residuos de RAEE, pilas, téxtiles, vernices e outros residuos domésticos perigosos.

e) Impermeabilización e recollida de derramamentos da zona de almacenamento de residuos perigosos.

f) Compra de contedores e gaiolas apropiadas para o almacenamento das distintas fraccións de residuos. Teranse en conta, especialmente, aqueles proxectos que presenten un aumento das fraccións recollidas separadamente, en especial, as relacionadas con téxtiles e residuos domésticos perigosos. Neste concepto inclúense tanto contedores metálicos, gaiolas ou andeis.

g) Básculas para pesada de entradas e saídas de residuos.

h) Ferramentas informáticas (incluído software) para o rexistro tanto de entradas como de saídas de residuos (arquivo cronolóxico telemático).

i) Instalacións destinadas á preparación para a reutilización, xa sexa para o almacenamento separado dos residuos susceptibles de seren preparados para a reutilización como para a comprobación ou o tratamento.

j) Elementos de información no propio punto limpo sobre as condicións de entrega adecuada dos residuos, tales como carteis, paneis ou sinalización.

k) Melloras no control de acceso á zona de almacenamento de residuos tales como peches perimetrais, sistemas de control de acceso, peches de zonas de almacenamento, sistemas de videovixilancia, alarmas, etc.

l) Formación para o persoal do punto limpo en materia de preparación para a reutilización con obxecto de seleccionar adecuadamente aqueles residuos susceptibles de seren preparados para a reutilización.

m) Servizos complementarios á execución da obra, tales como honorarios de redacción de proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde.

Non se financiarán alugamentos nin o pagamento de servizos a terceiros.

No caso de que o proxecto, ou determinados conceptos del, afecten fluxos de residuos cubertos pola responsabilidade ampliada do produtor, non será financiable a parte atribuíble á responsabilidade ampliada do produtor.

Gastos subvencionables.

1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de forma indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable e cumpran co establecido no artigo 17 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento europeo e do Consello, do 12 de febreiro, de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (en diante, Mecanismo)

2. En particular, non serán gastos subvencionables os seguintes:

a) Os gastos non xustificados correctamente ou que non sexan obxecto de subvención, así como os gastos non imputables ao investimento.

b) O imposto sobre o valor engadido.

c) Os investimentos realizados mediante contrato de arrendamento financeiro ou leasing.

d) Os gastos de persoal.

e) Os premios ou agasallos non relacionados coa actuación e/ou innecesarios.

f) Os custos asociados aos servizos de recollida e o tratamento dos residuos municipais.

g) Asesoramento técnico, realización de pregos ou pagamento de taxas administrativas.

h) Respecto dos bens de equipamento de segunda man, estes serán subvencionables cando se cumpran os requisitos seguintes:

1º. Que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.

2º. O prezo non poderá ser superior ao valor de mercado e deberá ser inferior ao custo dos bens novos similares, acreditándose estes aspectos mediante certificación de taxador independente.

i) Os custos de alugamentos e pagamento de servizos a terceiros.

j) No caso de que o proxecto, ou determinados conceptos del, afecten fluxos de residuos cubertos pola responsabilidade ampliada do produtor, non será financiable a parte atribuíble á responsabilidade ampliada do produtor.

k) Non se valorarán factores enerxéticos.

l) Así como todos aqueles gastos que figuren no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionable.

3. As entidades solicitantes poderán subcontratar a totalidade da actuación subvencionable, de conformidade co disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. No seu caso, as entidades subcontratadas deberán comprometerse a cumprir cos estándares máis exixentes en relación cos das normas xurídicas, éticas e morais, adoptando as medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de interese, así como a respectar os principios de economía circular e evitar impactos negativos significativos no medio ambiente («DNSH» polas súas siglas en inglés do no significant harm) na execución das actuacións levadas a cabo no marco do dito Plan, así como a non incorrer en dobre financiamento e que, de ser o caso, non lle conste risco de incompatibilidade co réxime de axudas de Estado. Para estes efectos, o cumprimento nestes termos acreditarase mediante declaración da subcontrata correspondente, no momento da xustificación (artigo 23.3.h),segundo o modelo incluído como anexo VII nesta orde.

4. O beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

Deberase observar o disposto na normativa aplicable en materia de contratación pública vixente na tramitación do procedemento de contratación e, se é o caso, respecto de contrato menor con adxudicación directa.

1. Poderán ser beneficiarias as entidades locais municipais e supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lles correspondan en materia de xestión de residuos. Se a entidade ten as competencias en materia de xestión de residuos delegadas noutra entidade, será esta última a que poderá solicitar estas axudas.

2. No caso de solicitudes presentadas por agrupacións de entidades locais, observarase o establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no que respecta, en particular, á identificación dos compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, do importe de subvención que se aplicará a cada un deles que terán, igualmente, a condición de beneficiarios, así como, en relación co necesario nomeamento da entidade local que actuará como representante da agrupación para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación.

Os concellos agrupados terán, en todo caso, a condición de entidade beneficiaria, polo que para poder conceder a subvención solicitada todos eles teñen que cumprir os requisitos, condicións, obrigas e compromisos establecidos nesta orde. A falta de acreditación do cumprimento dalgún requisito por parte dalgunha das entidades participantes suporá a inadmisión da solicitude conxunta cando afecte a entidade que ten a representación; nos outros casos, manterase a validez da solicitude sempre que se comunique por escrito a exclusión do concello afectado polo incumprimento, dentro do prazo concedido para o efecto.

3. Unha entidade local non pode concorrer á convocatoria de maneira simultánea e para a mesma actuación de maneira individual e a través da entidade supramunicipal ou agrupación en que se integre. De darse o caso, non se admitirá a solicitude que, de conformidade coa data de presentación, fose posterior no tempo.

4. Para poder ser beneficiaria destas axudas as entidades locais deberán ter presentado as contas a que se refire o artigo 208 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, do exercicio orzamentario que corresponda, no Consello de Contas de Galicia.

5. Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Email: axudas.cmaot@xunta.gal

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

06/05/2022 00:00 - 06/06/2022 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, contado desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os proxectos que se presenten para optar á presente convocatoria deberán observar os seguintes requisitos:

a) Para os efectos da presente orde, non será subvencionable dentro da liña 1 a construción dun punto limpo nun termo municipal no cal xa exista na actualidade un punto limpo. Entenderase como punto limpo unha instalación de recollida separada e almacenamento temporal de residuos de competencia municipal que, polo seu volume ou perigo, deben ser recollidos e depositados en instalacións específicas.

b) Os proxectos de construción de nova instalación de punto limpo deben considerar o teitado e peche da zona de almacenamento de RP e RAEE, así como a impermeabilización e a instalación de sistemas de recollida de derramamentos na zona de residuos perigosos e RAEE. Estes proxectos deben recoller a recollida dos residuos téxtiles e dos residuos domésticos perigosos.

c) Non serán financiables, dentro da liña 2 da presente orde, proxectos de mellora en instalacións de puntos limpos que non se atopen no momento da solicitude, autorizados ou en trámite de autorizar.

d) Os proxectos presentados deberán incorporar elementos de compra pública verde ou ecolóxica. A prestación de servizos ou a compra de materiais, equipamentos ou medios de recollida e transporte deberán ter en conta criterios ecolóxicos acordes cos obxectivos ambientais relacionados co cambio climático, a utilización dos recursos e a produción e o consumo sustentables (ecodeseño, emprego de materiais reciclados e/ou reciclables, eficiencia enerxética, redución de emisións, redución da pegada de carbono, economía circular, entre outros) que contribúan a reducir o seu impacto ambiental.

e) A entidade local deberá de comprometerse ao cumprimento da normativa sectorial en materia de residuos destas instalacións, así como á solicitude ou modificación da súa autorización e correspondente inscrición no Rexistro de Produtores e Xestores de Galicia, segundo sexa necesario.

f) Será obrigatorio que, na fase de xustificación da axuda, a instalación conte coa autorización pertinente para levar a cabo a actividade.

g) Para os efectos da presente convocatoria, teñen a consideración de residuos especiais de competencia municipal aqueles residuos que carecen de sistemas ordinarios de recollida pero que son susceptibles de recuperación ou necesitan recollerse separadamente debido ás súas especiais características (aceites vexetais usados, téxtiles, voluminosos, etc.).

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal (código de procedemento MT975M). Este formulario xúntase como anexo I a estas bases.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

2. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. As solicitudes poderaas presentar individualmente un concello, no exercicio da competencia que ten asumida na materia, ou conxuntamente por máis dunha entidade local, ben sexa por medio de entidades de carácter supramunicipal que, pola súa vez, teñen a consideración de entidade local, ben baixo a modalidade de agrupación de entidades locais.

No caso de solicitudes conxuntas presentadas baixo a modalidade de agrupación, farase constar na propia solicitude, no parágrafo destinado á identificación do solicitante, a referencia a «Agrupación de» seguida da identificación das entidades de que se trate.

4. Unha entidade local deberá presentar tantas solicitudes como actuacións desexe concorrer, polo tanto unha solicitude por cada novo punto limpo que se vaia construír ou mellorar.

5. As solicitudes (anexo I) serán subscritas directamente polas persoas que teñan a súa representación. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

No caso de solicitudes formuladas por agrupacións de entidades locais, a entidade local designada para actuar como representante deberá acompañar, ademais da documentación requirida ao abeiro do artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, un documento en que se deixe constancia de que as persoas representantes das entidades locais participantes autorizan a presentación da solicitude.

6.  Para o caso de dificultades técnicas ou no caso de requirir máis información, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pon á disposición dos interesados o seguinte enderezo de correo electrónico: axudas.cmaot@xunta.gal

 Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a documentación que se sinala:

a) Acreditación do nomeamento do representante da entidade solicitante.

b) Certificación do acordo adoptado polo órgano competente en que conste a decisión da entidade ou entidades locais de solicitar a subvención ao abeiro destas bases reguladoras (anexo II).

c) Certificación de que a entidade solicitante remitiu ao Consello de Contas de Galicia, as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigada. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes (anexo II).

d) No suposto de que a entidade local achegue fondos ao proxecto/actividade/actuación para o cal se solicita subvención, para os efectos do establecido en relación cos criterios de valoración, achegarase tamén declaración responsable en que se faga constar que se dispón de crédito suficiente no orzamento da entidade local para o pagamento da parte proposta para o cofinanciamento pola súa banda.

e) No caso de solicitudes presentadas por agrupacións de entidades locais, deberán acompañar:

1º. Documentación xustificativa da persoa ou entidade local designada para actuar como representante para formular a solicitude presentada.

2º. Identificar a relación de entidades locais participantes.

3º. Xustificación, de ser o caso, de que as persoas representantes das entidades locais participantes autorizan a presentación da solicitude, así como no relativo á remisión das contas do último exercicio orzamentario a que legalmente están obrigadas ao Consello de Contas (anexo II).

4º. Os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación.

5º. O importe de subvención que se vai aplicar por cada entidade membro da agrupación.

f) No caso de solicitudes relativas á liña 1 novos puntos limpos, deberán presentar:

1º. Anexo I.a debidamente cuberto.

2º. Memoria técnica liña 1 novos puntos limpos. Un único arquivo co contido establecido no punto 1.h) do artigo 7 das bases reguladoras.

3º. Compromiso de cumprimento da normativa sectorial en materia de residuos e, de inscrición no Rexistro de Produtores e Xestores de Galicia.

4º. Declaración, por parte da entidade solicitante, do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) no sentido do artigo 8, punto 2.e), da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (anexo III).

5º. Declaración responsable das capacidades da nova instalación (capacidade máxima e normal) e da poboación potencialmente atendida polo novo punto limpo, atendendo a posibles acordos de servizo entre diferentes concellos.

6º. Documentación acreditativa que xustifique o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 3, punto 2, para a liña 1 novos puntos limpos.

7º. Documentación que considere oportuna para os efectos do establecido no artigo 14 desta orde para a liña 1 novos puntos limpos, co fin de que a Comisión de Avaliación poida avaliar o cumprimento ou non dos criterios fixados para a valoración e relación das solicitudes presentadas ou declaración responsable, de ser o caso, que permita deixar constancia do seu cumprimento.

g) No caso de solicitudes relativas á liña 2 mellora de puntos limpos deberán presentar:

1º. Anexo I.b debidamente cuberto.

2º. Memoria técnica liña 2 mellora de puntos limpos. Un único arquivo co contido establecido no punto 1.h) do artigo 7 das bases reguladoras.

3º. Compromiso de cumprimento da normativa sectorial en materia de residuos e, de modificación segundo sexa necesario do Rexistro de Produtores e Xestores de Galicia.

4º. Declaración, por parte da entidade solicitante, do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) no sentido do artigo 8, punto 2.e), da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (anexo III).

5º. Declaración responsable do aumento da capacidade (%) e de residuos (listaxe de novos códigos LER) que se solicitan, con respecto á información que figura na autorización ou solicitude de autorización.

6º. Documentación acreditativa que xustifique o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 3, punto 2, para a liña 2 mellora de puntos limpos.

7º. Documentación que considere oportuna para os efectos do establecido no artigo 14 desta orde para a liña 2 mellora de puntos limpos, co fin de que a Comisión de Avaliación poida avaliar o cumprimento ou non dos criterios fixados para a valoración e relación das solicitudes presentadas ou declaración responsable, de ser o caso, que permita deixar constancia do seu cumprimento.

h) As memorias técnicas dos proxectos para os que solicita a subvención deberán conter unha descrición clara das actuacións que se van desenvolver, tanto desde o punto de vista técnico como económico, así como os datos e a información requirida para o tipo de actuación ou actuacións para ás que se solicita a axuda e segundo o que se sinala a seguir.

A memoria do proxecto deberá incluír, como mínimo, os seguintes contidos:

1º. Tipoloxía e nome do proxecto.

2º. Breve descrición do proxecto presentado, en que se inclúan polo menos as capacidades que se van tratar ou aumentar e os residuos que se van tratar.

3º. Identificación e datos de contacto do responsable técnico.

4º. Orzamento resumido das actuacións que se van solicitar (tendo en conta que o IVE non é subvencionable).

5º. Programación temporal (cronograma) para o desenvolvemento do proxecto en correspondencia coas previsións de gastos incluídos no orzamento que se remita e tendo en conta o previsto nestas bases reguladoras.

6º. Indicadores e medidas de seguimento e resultados esperados (residuos recollidos, en quilogramos, por tipoloxía de residuos).

Toda a documentación técnica debe ser presentada nun único documento, que se titule do seguinte xeito «Memoria_técnica_Liña1» ou «Memoria_técnica_Liña2» en función da liña de axudas solicitada e non poderá superar as 8 páxinas.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recollidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediario de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideron obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

6. Así mesmo, os proxectos que opten ás subvencións que se rexen polas presentes bases reguladoras deberán acompañarse da documentación acreditativa que xustifique o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 3, punto 2.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados de maneira electrónica accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día do pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificado de estar ao día do pagamento das débedas coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día do pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

f) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.

g) Consulta de outras subvencións ou axudas concedidas á entidade solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2022 (DOG nº 87 do 5 de maio de 2022)

    • Extracto da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2022 (DOG nº 87 do 5 de maio de 2022)

    • Resolución do 30 de xuño de 2022 pola que se invita os posibles beneficiarios para que manifesten o seu interese en acceder a axudas para actuacións en materia de residuos cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea (NextGenerationEU) para o período 2022-2026 (DOG nº 131 do 11 de xullo de 2022).

    • Orde do 3 de outubro de 2022 pola que se modifica a Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2022 (DOG nº 192 do 7 de outubro de 2022).

    • Resolución do 20 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2022 (DOG nº 208 do 2 de novembro de 2022)

    • Orde do 17 de novembro de 2022 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2022 (DOG nº 223 do 23 de novembro de 2022).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU230W

Declaración de datos para cuantificación de perdas en redes de abastecemento.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU231A

Colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas hidráulicas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU231B

Asunción de explotación de instalación de depuración de augas residuais urbanas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR517A

Solicitude de incorporación/renovación de parcelas para aplicación de produtos do tratamento de lodos de depuradora (PTLD)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano