Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT819A
Axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos ambientais nos parques naturais de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Establecer as bases reguladoras do réxime de axudas dirixidas a promover a conservación e valorización do patrimonio natural e cultural dos parques naturais de Galicia ou nas súas áreas de influencia socioeconómica.
Estas axudas convócanse en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva para os anos 2024 e 2025 e serán cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), contribuíndo á consecución dos obxectivos recollidos na Intervención 6871. Inversións non produtivas en servizos básicos no medio natural incluída no PEPAC 2023-2027.
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:
a) As persoas físicas e xurídicas, ben sexan propietarias ou arrendatarias, titulares de terreos agrícolas, gandeiros e forestais privados e agrupacións destas (sociedades civís ou explotacións de titularidade compartida) incluídos nos parques naturais de Galicia.
b) Os concellos incluídos total ou parcialmente nun parque natural.
c) As asociacións ambientais, as comunidades de montes veciñais en man común e de custodia do territorio que sexan propietarias ou arrendatarias de terras agrícolas incluídas nun parque natural e debidamente inscritas no rexistro de asociacións.
d) As empresas que teñan o seu domicilio fiscal nalgún dos municipios en que se sitúe o parque natural, constituídas con anterioridade á publicación desta orde. Priorizaranse aquelas con domicilio fiscal dentro do parque natural e que sexan propietarias ou arrendatarias das terras para as cales se solicita a axuda.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Subdirección Xeral de Espazos Naturais
Servizo de Parques Naturais
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957827
Email: dxpn.cmatv@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña
Servizo de Patrimonio Natural da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184838
Fax: 981184836
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo
Servizo de Patrimonio Natural de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294393/ 982294989
Fax: 982294539
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense
Servizo de Patrimonio Natural de Ourense
Rúa Paseo, nº 18 - 5º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386569
Fax: 988386420
Email: servizo.conservacion.natureza.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 1º - 4º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805636
Fax: 986805662
Prazo de presentación: PECHADO
28/03/2024 00:00 - 29/04/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e irán dirixidas aos servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
As persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
b) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitadas para a obtención de subvención ou axuda pública ou para contratar co Estado, coas comunidades autónomas ou outros entes públicos.
c) Non incorrer nalgunha das circunstancias relacionadas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
d) Non ter a consideración de empresas en crise, segundo a definición establecida nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise, atoparse en proceso de solicitar a declaración de concurso voluntario, ser declarada insolvente en calquera procedemento ou acharse declarada en concurso.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para: as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I), a seguinte documentación:
a) Acreditación da persoa representante que figure na solicitude por calquera medio válido en dereito de acordo co disposto no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
b) Memoria técnica das actuacións asinada por persoal técnico competente xustificativa das accións (anexo II) que deberá conter, como mínimo:
1º. A descrición de traballos ou actividades indicando o espazo en que se vai traballar.
2º. A superficie de actuación e os obxectivos ambientais a que contribuirá a actuación.
3º. Relación valorada.
4º. Planos de localización e de detalle, así como un arquivo compatible SIX coa delimitación da superficie prevista de actuación.
5º. Orzamento detallado e co IVE desagregado.
6º. Calendario e prazo aproximado de execución.
Cando a axuda solicitada sexa aprobada e o investimento supere os 15.000 € presentarase, no prazo de 15 días desde o día seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda, un proxecto da actuación obxecto de subvención cos mesmos datos que o documento descritivo, asinado por persoal técnico competente. No caso de que a documentación técnica presentada xunto coa solicitude cumpra con todos os requisitos exixibles a un proxecto de obra, non será necesaria a presentación dun novo proxecto.
c) Autorizacións ou permisos necesarios para levar a cabo a intervención ou, cando menos, a súa solicitude.
d) No caso de actuacións dirixidas á recuperación de elementos tradicionais da paisaxe rural ou necesarios para o mantemento da paisaxe agraria tradicional como hórreos, milladoiros, cabanas, fontes, alvarizas, muíños, etc. deberá achegarse informe favorable/autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural en que se acredite que non se trata dun ben de interese cultural ou catalogado ou, polo menos, a súa solicitude.
2. Deberá presentarse, ademais, a seguinte documentación complementaria:
a) No caso de prever actuacións sobre bens inmobles ou terreos de titularidade da persoa solicitante, título de propiedade. Os concellos poderán presentar certificación expedida pola persoa titular da secretaría do Concello relativa á titularidade municipal do ben.
b) No caso de que a solicitante non sexa titular da propiedade onde se teñan previsto executar as actuacións, declaración responsable de conformidade e dispoñibilidade dos terreos (anexo VI).
c) No caso de persoas arrendadoras, documento que acredite esa condición.
d) No caso de prever recorrer a medios propios da entidade, presentarase a documentación do proxecto desagregado diferenciando o custo da man de obra que vai usar xunto cos seus previsibles custos materiais. Achegaranse, como mínimo, ademais dos datos indicados no anexo II, a seguinte documentación:
1º. Orzamento completo do proxecto de obra que debe detallar a cantidade total de horas das diferentes categorías profesionais que interveñen na execución de cada unha das distintas unidades de obra do proxecto. O custo horario da man de obra calcularase con base no custo que supoñen as nóminas das persoas traballadoras con quen vai executar a obra.
Así mesmo, o orzamento fará unha previsión da necesidade de compra de materiais ou emprego dos propios coa correspondente imputación dos custos da súa amortización.
2º. Informe elaborado polo/a técnico/a redactor/a do proxecto en que se describa en que vai consistir tal achega (materias primas, man de obra, bens de equipamento...), diferenciando se se trata dunha achega para todo o proxecto ou ben para unidades de obra concretas:
i. Cando a man de obra participe en todo o proxecto, deberase achegar un documento do proxecto denominado Xustificación de prezos en que se totalice o número de horas necesarias por categorías para a súa realización e unidades de material empregadas.
ii. Cando a achega en especie se produza en unidades de obra concretas, o persoal técnico redactor terá que especificar en cada unha das unidades o número de horas da achega e unidades de material empregadas.
e) No caso de actuacións que non teñan natureza de investimento como as campañas de concienciación ambiental, as actividades de información e/ou sensibilización para a conservación do patrimonio natural, a declaración responsable de non inicio de actuacións (anexo VII) recollida no artigo 7.3 desta orde en que se acredite que as actuacións non foron iniciadas antes da presentación da solicitude de axuda.
f) Para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberase acreditar a moderación de custos de acordo co establecido no artigo 82 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.
Para iso deberán presentar tres ofertas de provedores diferentes orzando a execución daquelas unidades de obra que se prevexa executar mediante contratación. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:
1º. Os prezos das unidades deben axustarse ao valor de mercado.
2º. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social do/da solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada, cuantificada e desagregada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo así como características técnicas, e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.
3º. Deberán incluír os mesmos conceptos para ser comparables entre elas desde un punto de vista técnico-económico.
4º. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta.
5º. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin coa persoa solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.
6º. Deberán presentarse debidamente seladas e/ou asinadas pola empresa ou representante da empresa ofertante.
Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar a exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.
Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o fornezan, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.
g) No caso de concellos, certificación expedida pola persoa titular de secretaría relativa á resolución adoptada polo órgano local competente na cal dispón solicitar a subvención regulada nesta orde e da dispoñibilidade dos terreos.
h) No caso de titulares de explotación integrada en produción ecolóxica, certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).
i) No caso de comunidades de montes veciñais en man común, certificación do acordo da asemblea xeral conforme se autoriza a xunta reitora para solicitar axudas. Comprobarase de forma interna, na Sección Provincial do Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común, a posesión dos estatutos en regra, figurando a composición da xunta reitora actualizada conforme os parámetros da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais mancomunados, e do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da devandita lei.
j) No caso de entidades ou asociacións ambientais e de custodia do territorio, acordo da xunta de goberno ou figura similar para solicitar axudas á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
k) No caso de empresas ou autónomos:
1º. Certificado do concello conforme realiza a súa actividade no parque natural correspondente, no caso de non estar de alta no IAE.
2º. Acreditación de posuír a sede social nalgún municipio do parque natural correspondente.
3º. Acreditación de ser propietarios/as ou arrendatarios/as das terras para as cales se solicita a axuda.
4º. Plan de igualdade aprobado (depositado no Rexistro e Depósito de Convenios Colectivos, Acordos Colectivos de Traballo e Plans de Igualdade-Regcon).
l) No caso de que o terreo obxecto dos traballos sexa propiedade de varias persoas copropietarias, deberá acreditarse o consentimento de todas elas e a representación da persoa solicitante para realizar a acción obxecto da subvención.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán demandados de xeito electrónico a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da entidade interesada.
6. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á súa achega.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) NIF da entidade representante.
e) Consulta de datos de residencia con data da última variación padroal.
f) Certificación da titularidade do inmoble ou parcela.
g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.
i) Certificado de estar ao día nas obrigacións tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
j) Consulta de concesión de subvencións ou axudas.
k) Consulta de inhabilitacións para a concesión de subvencións ou axudas.
l) Imposto de actividades económicas (IAE).
2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle son de aplicación as seguintes circunstancias que acredita o documento correspondente:
a) No caso das comunidades de montes, certificado que acredite a posesión dos estatutos en regra, figurando a composición da xunta reitora actualizada.
b) No caso de asociacións ambientais e de custodia do territorio, inscrición no Rexistro de Asociacións.
c) No caso de explotacións agrícolas, a súa inscrición no Reaga.
d) No caso de explotacións gandeiras, a súa inscrición no Rega.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración responsable de non inicio de actuacións sen natureza de inversión - Xustificación (Anexo VII)
- Memoria de actividades de actuacións sen natureza de inversión (Anexo VIII)
- Solicitude de pagamento (Anexo V)
- Renuncia (Anexo III)
- Solicitude de anticipo (Anexo IV)
- Porcentaxe de superficie incluída na rede natura 2000 (Anexo XI)
- Condicionado das accións (Anexo IX)
- Cartel (Anexo X)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
-
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
-
Corrección de erros. Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
-
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016)
-
Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 39 do 26 de febreiro de 2021).
-
Corrección de erros. Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 51 do 16 de marzo de 2021).
-
Resolución do 29.12.2021 de aprobación dos plans de riscos de xestión e medidas antifraude dos centros directivos e entidades adscritas á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
-
Plan Xeral de Prevención de Riscos de Xestión e Medidas Antifraude aprobado por acordo do Consello da Xunta do 10 de decembro de 2021.
-
Orde do 18 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2024 e 2025 das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos ambientais nos parques naturais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 62 do 27 de marzo de 2024).
-
Extracto da Orde do 18 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2024 e 2025 das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos ambientais nos parques naturais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 62 do 27 de marzo de 2024).
-
Orde do 24 de xullo de 2024 pola que se modifica a Orde do 18 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para os anos 2024 e 2025, das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos ambientais nos parques naturais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 149 do 2 de agosto de 2024).
-
Resolución do 20 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publican os concellos, as empresas, as persoas físicas e as entidades (asociacións e CMVMC) beneficiarios das subvencións concedidas en virtude da Orde do 18 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para os anos 2024 e 2025, das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos ambientais nos parques naturais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 200 do 16 de outubro de 2024).
-
Circular de coordinación 37/2023 relativa ao Plan nacional de controis das Intervencións de desenvolvemento rural non establecidas no ámbito do sistema integrado do período 2023/2027 incluídas no Plan Estratéxico da Política Agrícola Común.
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 276 de 18 de novembro de 2003)
-
Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 176 de 25 de xullo de 2006).
-
Corrección de erros do Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 270 do 11 de novembro de 2006).
-
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
-
Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regulan o sistema de xestión da Política Agrícola Común e outras materias conexas (BOE nº 308 do 24 de decembro de 2022)
-
Real Decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan Estratéxico 2023-2027 e outras axudas da Política Agrícola Común (BOE nº 312 do 29 de decembro de 2022)
-
Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións contempladas no Plan Estratéxico da Política Agrícola Común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da Política Agrícola Común para o período 2023-2027 (BOE nº 51 do 1 de marzo de 2023)
-
Instrución ARX PEPAC 01/2023 Información, Publicidade e Visibilidade.
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021 polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos Fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados.
-
Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021 polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos Fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados.
-
Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, de 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os Regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013 (DOUE nº 435, de 6 de decembro de 2021)
-
Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, polo que se derroga o regulamento (UE) nº 1306/2013 (DOUE nº 435, de 6 de decembro de 2021)
-
Regulamento de execución (UE) 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, ao algodón e aos subprodutos da vinificación en virtude do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC.
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano