Guía de procedementos e servizos

MT815A

Axudas para paliar os danos ocasionados polo oso pardo.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 28/12/2023 00:00 - 04/11/2024 23:59

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas destinadas a compensar as persoas titulares de explotacións gandeiras polos danos ocasionados polo oso pardo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2024.

2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ámbito temporal.

As axudas a que se refire esta orde comprenden os danos ocasionados polo oso pardo que se produzan desde o 1 de outubro de 2023 ata o 30 de setembro de 2024.

Comunicación do dano.

No prazo máximo de tres (3) días desde que se produza o dano, as persoas beneficiarias deberán poñelo en coñecemento da Vicepresidencia segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, en que se lles facilitará unha chave que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.

O horario hábil de atención telefónica é desde as 8.00 ata as 20.00 horas, de luns a venres, e desde as 8.00 ata as 17.30 horas, os sábados.

Para os danos constatados entre as 17.30 horas dos sábados e as 8.00 horas dos luns, a comunicación da constatación do ataque realizarase nas vinte e catro horas seguintes contadas desde as 20.00 horas do domingo.

Non se poderá manipular o escenario para así non obstaculizar o labor do persoal da escala de axentes facultativos ambientais que se desprace ao lugar para valorar os feitos e elaborar a correspondente acta. Para isto, tomaranse as medidas oportunas para evitar, no posible, a alteración do escenario, evitando en todo caso o traslado de elementos do lugar dos feitos.

Os animais feridos poderán ser atendidos por persoal veterinario coa menor manipulación posible co obxecto de non entorpecer o labor investigador.

Comprobación do dano.

Recibida a comunicación do dano, o persoal da escala de axentes facultativos ambientais comprobará os feitos e as circunstancias dos danos, elaborará a correspondente acta e dará traslado do resultado da comprobación ao Servizo de Patrimonio Natural da Xefatura Territorial da Vicepresidencia segunda e  Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da provincia en que se produza o dano.

1. Poderán ser beneficiarias as persoas titulares de explotacións gandeiras que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.

2. No caso de danos ás colmeas, estas deberán cumprir cos requisitos establecidos en materia de rexistros, identificación e programas de control e vixilancia de enfermidades obrigatorios, de acordo coa normativa de aplicación.

3. No resto dos casos, deberase cumprir cos requisitos sanitarios establecidos nos programas de control, vixilancia e erradicación de enfermidades que poden afectar as especies gandeiras, así como estar identificados, de acordo coa normativa de aplicación.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957893

Email: biodiversidade.cma@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña

Servizo de Patrimonio Natural da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, nº 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184839

Email: conservacion.co@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo

Servizo de Patrimonio Natural de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294393

Fax: 982294539

Email: biodiversidade.patrimonionatural.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense

Servizo de Patrimonio Natural de Ourense

Rúa do Paseo, nº 18 - 5º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386569

Fax: 988386420

Email: servizo.conservacion.natureza.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra

Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, nº 43-4º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805097

Email: conservacion.pontevedra@xunta.gal

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Prazo de presentación: PECHADO

28/12/2023 00:00 - 04/11/2024 23:59

Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes:

a) Para os danos que fosen comunicados aos servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda entre o 1 de outubro de 2023 e a data de publicación desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.

b) Para os danos ocasionados desde a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano realizado, de acordo co establecido no artigo 5 desta orde.

Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as persoas autónomas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. As solicitudes dirixiranse á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da provincia en que se produza o dano.

4. A solicitude da axuda, segundo o anexo II desta orde (código de procedemento MT815A), inclúe as seguintes declaracións da persoa ou entidade solicitante:

a) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas.

b) Declaración da conta para a transferencia bancaria.

c) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Declaración de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, nin en ningunha das situacións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

5. A solicitude para ser persoa beneficiaria da axuda levará implícita a autorización, no suposto de que se lle conceda a axuda solicitada, para a inscrición, no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e de Sancións dependente da Consellería de Facenda e Administración Pública, dos datos facilitados á Xunta de Galicia na súa solicitude. Non obstante, as persoas ou entidades solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións, cando concorran algunhas das circunstancias previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

a) No suposto de actuar por representación, acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito.

b) No caso de animais feridos ou da aplicación da eutanasia, factura dos gastos veterinarios, de acordo co establecido no artigo 7.

c) No caso de explotacións apícolas:

1º. Copia da folla correspondente do caderno de explotación apícola e de transhumancia para a comprobación da obriga establecida no artigo 6 do Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.

2º. De ser o caso, certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia que acredite que a persoa solicitante pertence a el con data do 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.

3º. De ser o caso, certificación da indicación xeográfica protexida (IXP) Mel de Galicia que acredite que a persoa solicitante pertence a ela con data do 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideren obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á persoa interesada a súa achega.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

f) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Inscrición no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia.

h) No caso de danos ao gando, identificación da res afectada e estado sanitario.

i) No caso de danos a explotacións apícolas, inscrición no Rexistro da explotación, declaración censual anual obrigatoria e comunicación de asentamentos, e cumprimento da obriga de ter realizado polo menos un tratamento ao ano fronte á varroase.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 14 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos ocasionados polo oso pardo e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 244 do 27 de decembro de 2023).

    • Extracto da Orde do 14 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos ocasionados polo oso pardo e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 244 do 27 de decembro de 2023).

    • Orde do 19 de novembro de 2024 pola que se publica a ampliación do crédito da Orde do 14 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos ocasionados polo oso pardo e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 228 do 26 de novembro de 2024).

    • Resolución do 17 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 14 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos ocasionados polo oso pardo e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 3 do 7 de xaneiro de 2025).

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano