Guía de procedementos e servizos

MT812F

Inscrición, modificación ou baixa no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Inscribir no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía ás asociacións que teñan como obxecto fundamental  a protección e defensa dos animais no medido no que viven.

Asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas que teñan como obxecto fundamental  a protección e defensa dos animais no medido no que viven.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas

Servizo de Conservación da Biodiversidade

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547213 / 981541715 / 981546096 / 981957893

Email: animaisdomesticos.conservacion@xunta.gal

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e as solicitudes poderanse presentar ao longo de todo o ano.

Son requisitos para a súa inscrición no rexistro:

a)    Estar legalmente constituídas.

b)    Ter carácter altruísta sen fins de lucro.

c)    Ter como obxecto fundamental a protección e defensa dos animais no medido no que viven.

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

a) Copia dos estatutos dos socios/as e acta constitucional.

b) Taxas administrativas devengadas pola tramitación da solicitude (código 30.02.00 – inscricións en rexistros oficiais: primeira inscrición; código 30.02.00 – modificación de primeira inscrición).

c) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito, no seu caso.

Prazo de resolución:

Tres meses desde a data en que a solicitude tivese entrada no rexistro electrónico da administración ou organismo competente para a súa tramitación.

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade (DOG nº 107 do 5 de xuño de 1998).

    • Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2017).

    • Orde do 27 de xullo de 2021 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de biodiversidade, caza e pesca continental, e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia. (DOG nº 171 do 6 de setembro de 2021).

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano