Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT809E
Axudas económicas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
1. Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2024.
2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Comunicación do dano.
1. No prazo máximo de tres días á produción dos danos en cultivos agrícolas, as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias e de autoconsumo deberán poñelo en coñecemento da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará un código de identificación que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.
O horario hábil de atención telefónica é desde as 8.00 ata as 20.00 horas de luns a venres, e desde as 8.00 ata as 17.30 horas os sábados.
2. Unha vez rexistrada a denuncia, o persoal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda desprazarase ata o lugar dos feitos para comprobar a existencia dos danos, despois da cal se poderá facer a colleita ou continuar co cultivo afectado. Esta valoración recollerase nun informe que será remitido ao correspondente Servizo Provincial de Patrimonio Natural.
3. A partir do 11 de outubro de 2024 poderán realizarse comunicacións por danos de xabaril de acordo co establecido nos parágrafos anteriores e a concesión de axudas queda condicionada a unha nova convocatoria no ano 2025.
1. Poderanse acoller a estas axudas:
a) As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril, inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).
b) As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias de autoconsumo onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril.
2. O expediente de axudas será único e comprenderá todos os danos producidos polo xabaril a unha mesma persoa beneficiaria antes da colleita.
3. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña
Servizo de Patrimonio Natural da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184481
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo
Servizo de Patrimonio Natural de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294595
Fax: 982294539
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense
Servizo de Patrimonio Natural de Ourense
Rúa Paseo, nº 18 - 5º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988687729
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra
Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra
Rúa María Victoria Moreno, nº 43, 2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805469
Fax: 986805436
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas
Servizo de Caza e Pesca Fluvial
Edificio administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997212
Prazo de presentación: PECHADO
18/01/2024 00:00 - 11/11/2024 23:59
Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes:
a) Para os danos comunicados entre o 11 de outubro de 2023 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
É requisito imprescindible que se teña previamente comunicado o dano do xeito e no prazo previsto na Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2023.
b) Para os danos comunicados desde a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación da solicitude de axuda será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano ao teléfono 012, de acordo co establecido no artigo 6 desta orde.
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
1. Os cultivos agrícolas afectados, polos que se solicita a axuda, deberán pertencer a unha persoa, física ou xurídica, inscrita en calquera das seccións en que se organiza o Reaga e que veñen recollidas no artigo 5.2 do Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, modificado pola disposición derradeira terceira do Decreto 125/2014, do 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa dos produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final:
a) Explotacións agrarias prioritarias.
b) Explotacións agrarias de titularidade compartida.
c) Explotacións acollidas ao réxime de venda directa (Sevedi).
d) Outras explotacións agrarias.
2. No suposto de cultivos agrícolas afectados destinados ao autoconsumo, a persoa, física ou xurídica, solicitante da axuda deberá acreditar a titularidade da explotación a través de calquera dos medios de proba admitidos en dereito.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas traballadoras autónomas e as persoas representantes dunha das anteriores.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requeriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
As solicitudes dirixiranse á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da provincia en que se produza o dano.
2. A solicitude de axuda, anexo II desta orde (código de procedemento MT809E), inclúe as seguintes declaracións da persoa solicitante:
a) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas.
b) Declaración da conta para a transferencia bancaria.
c) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Declaración do título xurídico que posúe para a utilización do terreo en que se produciron os danos, no suposto de cultivos agrícolas afectados destinados ao autoconsumo.
f) Referencias Sixpac das parcelas, indicando:
– Superficie declarada na solicitude única da Política Agraria Comunitaria (PAC) do ano 2023 afectada por danos producidos polo xabaril, no caso de explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).
– Superficie afectada por danos producidos polo xabaril, no caso de explotacións agrarias de autoconsumo.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Se a persoa titular fose unha persoa xurídica, acordo do órgano competente desta polo que se aprobou a solicitude desta axuda. Cando se trate dunha comunidade de bens, ademais, acreditarase que o acordo foi tomado pola maioría dos seus membros e o réxime de participación de cada un deles na dita comunidade. Cando se trate dunha comunidade de montes veciñais en man común, o acordo deberá estar tomado en asemblea e acreditado mediante acta ou certificación da persoa que exerza as funcións de secretaría.
b) No caso da persoa representante, e de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberá acreditar esa representación mediante algún dos seguintes medios de acreditación:
– Por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna (poder notarial, representación legal, copia de escrituras ou poder onde se acredite a representación legal...).
– Mediante apoderamento apud acta efectuado por comparecencia persoal ou comparecencia electrónica na correspondente sede electrónica, ou a través da acreditación da súa inscrición no rexistro electrónico de apoderamentos da Administración pública competente.
c) Documentación acreditativa da explotación agraria afectada para explotacións agrarias de autoconsumo. Deberá acreditarse a titularidade da explotación a través de calquera dos medios de proba admitidos en dereito.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciónos públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén as poderán tramitar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante para as persoas xurídicas.
c) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).
d) NIF da entidade representante.
e) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
g) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Comunidade Autónoma de Galicia para percibir axudas ou subvencións.
h) Referencias Sixpac das parcelas con cultivos afectados por danos producidos polo xabaril.
i) Concesións de subvencións e axudas.
j) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).
b) Superficie declarada na solicitude única da política agraria comunitaria (PAC) do ano 2023.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
3. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
-
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
-
Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
-
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).
-
Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 241 do 21 de decembro de 2022).
-
Orde do 19 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 12 do 17 de xaneiro de 2024).
-
Extracto da Orde do 19 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 12 do 17 de xaneiro de 2024).
-
Orde do 23 de decembro de 2024 pola que se publica a ampliación do crédito da Orde do 19 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 248 do 26 de decembro de 2024).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 39/2015, de Procedemento Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 de 2 de outubro de 2015).
-
Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276 do 18 de novembro de 2003).
-
Lei 58/2003, de 17 de deceembro, Xeral Tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Autorización para cortas en zona de servidume de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano