Guía de procedementos e servizos

MT720V

Solicitude expedición da licenza de caza.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Como consecuencia da publicación da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, modifícase a Lei 13/2013, de caza de Galicia, de maneira que as licenzas de caza, para persoas maiores de 65 anos, serán gratuítas e terán unha vixencia indefinida.

A regulación da caza en Galicia busca compatibilizar o seu exercicio coa protección, conservación, fomento e aproveitamento ordenado dos recursos cinexéticos, buscando un equilibrio natural, sendo preciso contar cunha licenza para poder levar a cabo esta actividade.

O obxecto deste procedemento é a expedición desa primeira licenza de caza e a súa posterior renovación.

No caso das persoas maiores de 65 anos de idade que posúan unha licenza de caza non será necesaria a súa renovación, xa que unha vez que se ten a licenza e se superan os 65 anos de idade pasa a ter vixencia indefinida, sen necesidade de renovala. Nos demais casos, a licenza ten unha vixencia dun ano con carácter xeral, aínda que se pode outorgar por un mes.

Pode solicitar esta licencia e a súa renovación calquera persoa, a título individual, que cumpra os requisitos que se detallan no seguinte apartado e que desexe practicar a caza. (Está destinada só a persoas físicas).

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña

Servizo de Patrimonio Natural da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981 182299

Email: conservacion.co@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo

Servizo de Patrimonio Natural de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982 294514

Email: conservacion.natureza.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense

Servizo de Patrimonio Natural de Ourense

Rúa do Paseo, 18

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988 386511

Email: servizo.conservacion.natureza.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra

Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986 805467

Email: caza.pesca.po@xunta.gal

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

As persoas que queiran obter unha licenza de caza deben contar co certificado de superación das probas de aptitude (exame do cazador),  ter unha idade mínima de 16 anos e aboar a taxa correspondente, nos casos que sexa preciso (están exentas de pagar esta taxa as persoas que teñan cumpridos os 65 anos).

As persoas menores de idade non emancipadas é dicir, que non vivan de forma independente, e que teñan 16 anos, que queiran solicitar a licenza de caza deben dispoñer da autorización da persoa que teña a súa representación legal. Se a solicitude a asina un representante debe acreditar a súa identidade por calquera medio válido en dereito.

  • Clase A. Con armas de fogo. ( 30.15.01)
  • Clase B. Con cans, cetrería e arco ( 30.15.02)
  • Clase C. Para a posesión ou utilización de medios ou procedementos especiais ( 30.15.03)
  • Licenza única interautonómica en materia de caza ( 30.15.05)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a seguinte:

As persoas interesadas deberán presentar cuberta a solicitude dispoñible nesta páxina, no apartado “Tramitar en liña,” para o suposto da presentación electrónica ou “Solicitude presencial,” no caso de preferir esta opción.

A solicitude (obrigatoria para todos os supostos) debe ir acompañada da seguinte documentación, segundo se solicite unha primeira expedición da licenza ou a súa renovación:

1.- No caso de solicitar a expedición da primeira licenza de caza:

a) O Certificado de superación das probas de aptitude (exame do cazador) cando non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Débese achegar o xustificante/s do pago das taxas que correspondan segundo o tipo de licenza, tal como se explicou no apartado anterior cos códigos que se mostran a continuación: 

CLASE B: Con cans, cetrería e arco

Clave            Clase               Tipo

30.15.02       Clase B.1          Españois, comunitarios e estranxeiros residentes maiores de 18 anos e menores de 65

30.15.02       Clase B.2          Españois, comunitarios e estranxeiros residentes menores de 18 anos ou maiores de 65

30.15.02       Clase B.3          Estranxeiros, non comunitarios e non residentes

30.15.02       Clase B.4          Españois, comunitarios e estranxeiros residentes maiores de 18 anos, pero cun período de validez de un mes

30.15.02       Clase B.5          Españois, comunitarios e estranxeiros residentes menores de 18 anos ou maiores de 65, pero cun período de validez de un mes

30.15.02       Clase B.6          Estranxeiros, non comunitarios e non residentes, pero cun período de validez de un mes

CLASE C: Para a posesión ou utilización de medios ou procedementos especiais

Clave            Clase               Tipo

30.15.03       Clase C            Para a posesión ou utilización de medios ou procedementos especiais

Código e importe da licenza única interautonómica en materia de caza

30.15.05

c) Cando o solicitante da licenza sexa unha persoa menor de idade non emancipada que teña cumpridos os 16 anos debe achegarse a autorización da persoa que legalmente a represente.

d) No caso de ser un  representante o que asina a solicitude debe acreditar esta representación por calquera medio válido en dereito.

2.- No caso de solicitar a renovación da licenza, lembrar que as persoas que conten con 65 anos cumpridos non teñen que facer esta renovación, posto que para eles a licenza é indefinida. O  resto das persoas debe acompañar á solicitude:

a) O xustificante/s do pago das taxas que correspondan segundo o tipo de licenza, tal como se explicou no apartado anterior cos códigos que se mostran a continuación:

CLASE A: Con armas de fogo

Clase            Tipo

Clase A.1       Españois, comunitarios e estranxeiros residentes maiores de 18 anos

Clase A.2       Españois, comunitarios e estranxeiros residentes menores de 18 anos ou maiores de 65

Clase A.3       Estranxeiros, non comunitarios e non residentes

Clase A.4       Españois, comunitarios e estranxeiros residentes maiores de 18 anos, pero cun período de validez de un mes

Clase A.5       Españois, comunitarios e estranxeiros residentes menores de 18 anos ou maiores de 65, pero cun período de validez de un mes

Clase A.6       Estranxeiros, non comunitarios e non residentes, pero cun período de validez de un mes

CLASE B: Con cans, cetrería e arco

Clave            Clase            Tipo

30.15.02       Clase B.1       Españois, comunitarios e estranxeiros residentes maiores de 18 anos e menores de 65

30.15.02       Clase B.2       Españois, comunitarios e estranxeiros residentes menores de 18 anos ou maiores de 65

30.15.02       Clase B.3       Estranxeiros, non comunitarios e non residentes

30.15.02       Clase B.4       Españois, comunitarios e estranxeiros residentes maiores de 18 anos, pero cun período de validez de un mes

30.15.02      Clase B.5       Españois, comunitarios e estranxeiros residentes menores de 18 anos ou maiores de 65, pero cun período de validez de un mes

30.15.02       Clase B.6       Estranxeiros, non comunitarios e non residentes, pero cun período de validez de un mes

CLASE C: Para a posesión ou utilización de medios ou procedementos especiais

Clave            Clase            Tipo

30.15.03       Clase C         Para a posesión ou utilización de medios ou procedementos especiais

Código e importe da licenza única interautonómica en materia de caza

30.15.05

b) Cando o solicitante da licenza sexa unha persoa menor de idade non emancipada que teña cumpridos os 16 anos debe achegarse a autorización da persoa que legalmente a represente.

c) No caso de ser un representante o que asina a solicitude debe acreditar esta representación por calquera medio válido en dereito.

-Ademais, para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente por parte da Administración os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE  da persoa solicitante.

b)DNI ou NIE da persoa representante.

c)Certificado de superación das probas de aptitude expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de resolución:

O prazo de resolución deste procedemento é de 3 meses (contados a partir do día seguinte da entrada da solicitude na unidade correspondente).

Sentido do silencio:

O sentido do silencio é negativo.  (No caso de non obter unha resposta neste prazo de 3 meses, enténdese desestimada a solicitude).

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia (DOG nº 214 do 6 de novembro de 2001).

    • Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia (DOG nº 4 do 8 de xaneiro de 2014).

    • Corrección de erros. Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia (DOG nº 37 do 24 de febreiro de 2014).

    • Orde do 27 de xullo de 2021 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de biodiversidade, caza e pesca continental, e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia. (DOG nº 171 do 6 de setembro de 2021).

    • Orde do 1 de abril de 2025 pola que se modifica a Orde do 1 de xuño de 2007 pola que se regula o exame de cazador na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 78 do 24 de abril de 2025).

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano