Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT720C
Comunicación previa das cazarías que se realicen na modalidade de batida, montaría, espera e axexo.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Esta resolución regula os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer, os métodos autorizados para a súa práctica e as limitacións xerais ou particulares que afectarán ao exercicio da actividade cinexética no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 2018/2019, que abarca o período comprendido entre o 1 de agosto de 2018 e o 31 de xullo do ano 2019.
A comunicación previa das cazarías que se realicen baixo as modalidades de batida, montaría, espera e axexo, realizárase ante a correspondente xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, para o cal deben presentar o modelo de comunicación segundo o anexo IX desta resolución.
Persoa física e xurídica.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña
Servizo de Patrimonio Natural da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184539
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo
Servizo de Patrimonio Natural de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294393
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense
Servizo de Patrimonio Natural de Ourense
Rúa do Paseo, nº 18
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386569
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra
Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra
Avda. Fernández Ladreda, 43
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805097
Prazo de presentación: PECHADO
31/05/2018 00:00 - 31/05/2019 23:59
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e as comunicacións poderán presentarse ao longo de todo o ano.
Comunicación segundo o Anexo IX, acompañada da seguinte documentación:
Comunicación previa das cazarías baixo a modalidade que se pretende practicar, segundo os modelos obtidos da páxina web da Consellería: http://cmaot.xunta.gal/seccion-tema/c/Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Caza/seccion.html&sub=procesos/
No caso de representación, documento acreditativo desta por calquera medio válido en dereito.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa comunicante.
DNI/NIE da persoa representante.
NIF da entidade comunicante.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia (DOG nº 214 do 6 de novembro de 2001).
-
Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia (DOG nº 4 do 8 de xaneiro de 2014).
-
Corrección de erros. Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia (DOG nº 37 do 24 de febreiro de 2014).
-
Resolución do 8 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2018/19 (DOG nº 102 do 30 de maio de 2018).
-
Correción de erros. Resolución do 8 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2018/19 (DOG nº 150 do 7 de agosto de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano