Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT203F
Información de xestión de residuos comerciais.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
A comunicación da información de xestión de residuos comerciais, prevista no artigo 26.4 da Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia.
Persoas xurídicas e autónomos.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
San Lázaro
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541056
Email: buzon.residuos@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 19 de decembro de 2022.
- Comunicación segundo o Anexo V.
- Documentación acreditativa da xestión dos residuos comerciais (documentos de identificación dos traslados dos residuos a xestor/a autorizado/a ou acordo coa a entidade local para a xestión dos residuos comerciais, segundo proceda).
- Acreditación da representación legal da empresa con copia da escritura notarial da representación debidamente inscrita no rexistro mercantil (só persoas xurídicas)
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa comunicante.
- DNI/NIE da persoa representante.
Trámites administrativos posteriores á presentación da comunicación previa.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da comunicación previa deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2021).
-
Corrección de erros. Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia (DOG nº 52 do 17 de marzo de 2021).
-
Orde do 17 de novembro de 2022 pola que se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia determinados procedementos de prazo aberto do órgano competente en materia de calidade ambiental, sustentabilidade e cambio climático e se establecen os modelos normalizado (DOG nº 227 do 29 de novembro de 2022).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular (BOE nº 85 de 9 de abril de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano