Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR709B
Axudas para os gastos notariais e de inmatriculación rexistral de predios agroforestais obxecto de permutas de especial interese agrario.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Concesión de axudas para os gastos notariais e de inmatriculación rexistral de predios agroforestais obxecto de permutas de especial interese agrario, en réxime de concorrencia non competitiva, e convocatoria para o ano 2023.
As persoas que acrediten o especial interese agrario da permuta.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Secretaría Xeral de AGADER
Lugar da Barcia, 56. Laraño
15897 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545815
Email: subdireccion-mobilidade-terras.agader@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
09/08/2023 00:00 - 16/11/2023 23:59
O prazo para presentar as solicitudes para a convocatoria de 2023 iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o 16 de novembro de 2023. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
1. Poderán participar nas convocatorias destas axudas as persoas que acrediten, mediante resolución da persoa titular da dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o especial interese agrario da permuta.
2. Non poderán acceder a estas axudas as persoas que se atopen afectadas por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (modelo que se inclúe como anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
2. A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira estar colexiado de xeito obrigatorio, as persoas que representen un interesado que estea obrigado a relacionarse de xeito electrónico coa Administración, e as persoas empregadas das administracións públicas para os trámites e actuación que realicen con elas por razón da súa condición de empregado público.
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
4. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
5. Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación complementaria:
a) Identificación do acto administrativo polo que se declara a permuta de especial interese agrario.
b) Certificado/nota simple da inscrición da permuta de que se trata ou da inmatriculación dos predios afectados.
c) Facturas da notaría e do rexistro da propiedade relativas á permuta ou á inmatriculación de que se trata.
d) Xustificantes bancarios do pagamento das facturas.
e) No caso de que o solicitante actuara por medio dun representante, deberá achegar a documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante. Para acreditar a representación poderá empregarse o modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se presenten documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código do procedemento e o órgano responsable del, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos que estean en poder da Administración actuante ou que elaboren as administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante, se é o caso.
c) DNI ou NIE da persoa representante, se é o caso.
d) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
e) Certificado de estar ao día nos pagamentos coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración Pública da Comunidade Autónoma.
g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
1. A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada.
2. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Aceptación ou renuncia (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 18 de xullo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas para os gastos notariais e de inmatriculación rexistral de predios agroforestais obxecto de permutas de especial interese agrario, en réxime de concorrencia non competitiva, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 150 do 8 de agosto de 2023).
-
Extracto da Resolución do 18 de xullo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas para os gastos notariais e de inmatriculación rexistral de predios agroforestais obxecto de permutas de especial interese agrario, en réxime de concorrencia non competitiva, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 150 do 8 de agosto de 2023).
-
Resolución do 4 de outubro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 18 de xullo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas para os gastos notariais e de inmatriculación rexistral de predios agroforestais obxecto de permutas de especial interese agrario, en réxime de concorrencia non competitiva, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 195 do 13 de outubro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector subministrador de medios de defensa fitosanitaria.
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de tratamentos fitosanitarios
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e peradores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de asesoramento fitosanitario.
Aberto todo o ano