Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR701D - Axudas LEADER. PDR de Galicia 2014-2020.
O obxecto destas bases reguladoras é establecer as regras para a concesión e xustificación das axudas encadrables na submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a Estratexia de desenvolvemento local participativo) do PDR de Galicia 2014-2020 que se tramiten en réxime de concorrencia competitiva, a través dos grupos de desenvolvemento rural (GDR) seleccionados como entidades colaboradoras de Agader na xestión da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020.
Tamén é obxecto destas bases reguladoras establecer o réxime de xustificación dos gastos en custos correntes e de funcionamento da Estratexia de desenvolvemento local (submedida 19.4A do PDR), así como establecer as bases reguladoras para a concesión e xustificación dos proxectos de animación promovidos polos GDR (submedida 19.4B do PDR).
O capítulo VII destas bases reguladoras (fichas de elixibilidade) detalla polo miúdo as especificidades propias de cada tipoloxía de operacións financiables.
Gastos subvencionables.
Con carácter xeral, e tendo en conta as particularidades que se establecen nas fichas de elixibilidade incluídas no capítulo VII destas bases, poderán subvencionarse os gastos necesarios para cumprir coa finalidade do proxecto, sempre que o seu valor non exceda o do valor normal de mercado. En particular son subvencionables:
a) A construción, adquisición e mellora de inmobles que vaian ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto. No caso de adquisición de inmobles, a porcentaxe subvencionable non poderá superar o 50 % do total dos gastos subvencionables. Deberán cumprirse os condicionantes seguintes:
- Que se achegue un informe dun taxador independente, acreditado como tal, cualificado ou dun organismo debidamente autorizado que confirme que o prezo de compra non supera o valor de mercado e que o ben se axusta á normativa que resulte de aplicación.
- O ben inmoble non pode ter sido obxecto nos últimos 10 anos de ningunha subvención nacional ou comunitaria.
- Os edificios quedarán afectos ao destino previsto durante un período non inferior a 5 anos ou o tempo que exixa a normativa sectorial.
- No caso de proxectos promovidos por entidades públicas locais ou comarcais ou polas súas entidades dependentes, os inmobles non poderán usarse para albergar servizos de caracter meramente administrativo. Terán esta consideración os servizos consistentes na tramitación administrativa ordinaria dos asuntos cuxa competencia é propia das entidades recollidas neste punto e que se recollen na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
- Non será subvencionable a compra de inmobles que vaian ser derrubados nin a compra de inmobles a familiares de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, ou a socios da entidade beneficiaria do proxecto.
b) A adquisición de terreos ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables. Deberán cumprirse os condicionantes seguintes:
- Que se achegue un informe dun taxador independente cualificado ou dun organismo debidamente autorizado que confirme que o prezo de compra non supera o valor de mercado.
- Que exista unha relación directa entre a compra e os obxectivos da operación.
- Que non estean edificados ou estean con construcións que deban derrubarse como medio para o desenvolvemento e execución da operación subvencionable.
c) A adquisición de maquinaria e equipamento novos.
Tamén poderán ser subvencionables os gastos en arrendamentos financeiros con opción de compra de adquisición de activos subvencionables, incluído o valor da opción de compra, excepto a marxe do arrendador, xuros dos custos de refinanciamento, gastos xerais ou seguros, polo período de vida útil do activo e sen superar o custo de mercado ou a parte proporcional se o contrato finaliza antes. Unicamente serán subvencionables os pagamentos aboados polo arrendatario ao arrendador dentro do período de subvencionabilidade dos gastos en casos nos que se exerza o dereito á opción de compra dentro deste período. Para estes efectos, considérase que o período de subvencionabilidade dos gastos finaliza o día que remata o prazo de execución e xustificación da operación subvencionada.
d) Investimentos intanxibles como a adquisición e o desenvolvemento de programas informáticos, así como a creación de páxinas web, estudos e publicacións.
e) Custos xerais vinculados aos gastos de investimento, tales como honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, honorarios relativos ao asesoramento sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade. Os custos xerais descritos nesta epígrafe non poderán superar o 12 % do custo total subvencionable das operacións de investimento a que estean vinculados.
f) Gastos notariais e rexistrais derivados do inicio da actividade prevista no proxecto, así como a adquisición de patentes e licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas.
A suma dos gastos sinalados nesta epígrafe xunto coa suma dos gastos en custos xerais sinalados na epígrafe anterior non poderá superar o 20 % do conxunto dos gastos subvencionables do proxecto.
g) Medios e equipos de transporte.
1. En proxectos de natureza produtiva, nos seguintes termos:
- Adquisición de vehículos de transporte afectos en exclusiva a actividades empresariais ou profesionais, segundo se define na normativa tributaria vixente, en proxectos que dean lugar ao inicio dunha actividade económica.
- Gastos derivados da adecuación de vehículos de transporte de mercadorías para o desenvolvemento da actividade, sempre que non estean obrigados legalmente a esa adecuación unha vez iniciada a actividade.
En ningún caso se subvencionará a adquisición e/ou adecuación de vehículos no sector do transporte. Para estes efectos, enténdese que operan no sector do transporte as empresas que se dediquen ao transporte de pasaxeiros aéreo, marítimo, por estrada ou ferrocarril e por vía navegable; ou aos servizos de transporte de mercadorías por conta allea. Para determinar se a empresa opera no sector do transporte, atenderase ao disposto nas epígrafes da clasificación nacional de actividades económicas (CNAE), onde a dita empresa teña encadrada a súa actividade ou actividades profesionais.
2. En proxectos de natureza non produtiva poderán subvencionarse os gastos de adquisición ou da adecuación de vehículos de transporte que estean asociados á prestación de servizos sociais básicos como a atención a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con mobilidade reducida, sempre que non estean obrigados legalmente a esa adecuación unha vez iniciada a actividade.
Terán a consideración de proxectos non produtivos os definidos no artigo 55 (ficha de elixibilidade VI) destas bases reguladoras.
Calendario de xestión.
1. Para a xestión da Estratexia de desenvolvemento local teranse en conta as seguintes datas:
a) Data inicial de admisión de solicitudes: para a submedida 19.2, desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria de Agader. Para a animación da submedida 19.4, desde o día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras.
b) Data final de admisión de solicitudes para a primeira proposta anual de selección de proxectos: 31 de marzo de cada ano.
c) Data final de admisión de solicitudes para a segunda proposta anual de selección de proxectos: 31 de maio de cada ano.
d) Data final para a primeira proposta anual de selección de proxectos: 30 de xuño de cada ano.
e) Data final para a segunda proposta anual de selección de proxectos: 31 de agosto de cada ano.
f) Data final de pagamento dos investimentos ou gastos subvencionables polos promotores aos seus provedores: 15 de outubro de cada ano.
g) Data final de xustificación de investimentos: 15 de outubro de cada ano.
h) Data final de concesión de axudas: 30 de setembro de 2020.
i) Data final de pagamentos aos titulares de proxectos da totalidade da axuda certificada: 30 de novembro de 2020.
2. O director xeral de Agader, en previsión dunha ordenada xestión, execución e peche da medida Leader do PDR, poderá variar as datas sinaladas, así como fixar outras para adecuar o ritmo de execución de proxectos á proximidade das datas límite sinaladas.
a) As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
b) As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
c) As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
- Os beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter débedas pendentes de ningunha natureza coa Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Non estar incurso en ningún dos supostos previstos nos parágrafos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG), e, en particular, non ter sido condenado mediante sentenza firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.
c) Cumprir os requisitos de pequena empresa, nos termos regulados no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea:
1º. Empregar menos de 50 persoas.
2º. Ter un volume de negocio anual ou un balance xeral anual que non supere os 10 millóns de euros.
Para a definición de empresa, así como para o seu cálculo dos efectivos e importes financeiros, tomarase en consideración o disposto no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
De ser o caso, a cualificación de pequena empresa tomará en consideración os datos das empresas asociadas e vinculadas para o cálculo de efectivos e importes financeiros, nos termos previstos no artigo 3 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
Este requisito exceptúase para as entidades públicas locais, así como para os beneficiarios das axudas a proxectos non produtivos que sexan elixibles ao abeiro do disposto no capítulo VII destas bases (fichas de elixibilidade).
d) Cumprir os demais requisitos que, en función da tipoloxía de proxectos, se especifican nas fichas de elixibilidade do capítulo VII destas bases.
- Cando o beneficiario sexa unha persoa xurídica, os membros asociados do beneficiario que se comprometan a efectuar, en nome e por conta deste, a totalidade ou parte das actividades que fundamenten a concesión da subvención, terán igualmente a consideración de beneficiarios da subvención, polo que tamén deberán cumprir e acreditar os requisitos exixidos para cada tipo de beneficiario.
- Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia.
Non se concederán axudas a empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
Tampouco poderán ser beneficiarias de axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.
Non poderán ser beneficiarias das axudas previstas nestas bases reguladoras as empresas que operen no sector da pesca, da acuicultura e/ou da transformación e comercialización de produtos pesqueiros.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Subdirección de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural
Lugar da Barcia, 56
15897 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547362
Subdirección de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural
Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección do 29 de decembro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) (DOG nº 12 do 18 de xaneiro de 2017).
Corrección de erros. Resolución do 29 de decembro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) (DOG nº 82 do 28 de abril de 2017).
Resolución do 23 de novembro de 2017 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección do 23 de novembro de 2017 polo que se modifica o Acordo do 29 de decembro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 229 do 1 de decembro de 2017)
Resolución do 30 de decembro de 2016 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2017 e 2018, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (DOG nº 20 do 30 de xaneiro de 2017).
Resolución do 20 de xullo de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 30 de decembro de 2016 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a Estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2017 e 2018, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (DOG nº 143 do 28 de xullo de 2017).
Resolución do 4 de outubro de 2018 de modificación da data final de xustificación de investimentos para a anualidade 2018 en relación coas resolucións de concesión de axuda da submedida 19.2 e 19.4 B do PDR de Galicia 2014-2020 que foran emitidas durante a citada anualidade 2018 (DOG nº 196 do 15 de outubro de 2018).
Desde a opción "Tramitar en liña" poderá:
- Acceder ao formulario para realizar a presentación electrónica de solicitudes de axudas LEADER. Se ten dúbidas sobre a presentación de solicitudes pode consultar esta Guía rápida de presentación de solicitudes de axuda.
Prazo de presentación: PECHADO
31/01/2017 00:00 - 27/12/2017 23:59
-
Xunto coa solicitude de axuda, os interesados deberán presentar a seguinte documentación:
-
a) Documentación acreditativa da personalidade do solicitante e, de ser o caso, da representación do solicitante:
No caso de persoas xurídicas, esta acreditación realizarase mediante un certificado expedido polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos que correspondan en función da personalidade xurídica de que se trate, en que se identifique a constitución e a representación correspondente, con indicación do seu alcance e vixencia.
De non achegarse o dito certificado, deberán presentar copia das correspondentes escrituras de constitución e do poder de representación, debidamente inscritas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados, así como a fotocopia do NIF, no caso de denegar expresamente a súa consulta.
-
-
No caso de persoas físicas, esta acreditación realizarase mediante a fotocopia do DNI. Non obstante, unicamente será necesario presentalo no caso de que a persoa beneficiaria lle denegue expresamente a Agader a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
-
b) Declaración censual tributaria (modelo 036 ou 037) ou compromiso de comunicar o inicio de actividade á AEAT, cando o proxecto supoña o inicio dunha actividade empresarial.
-
c) Documentación acreditativa de que se cumpre co requisito de ser pequena empresa: últimas contas depositadas no rexistro correspondente e última memoria anual de actividades aprobada pola entidade, na cal figure o número de persoas empregadas do último exercicio pechado, o volume de negocio e o balance anual.
-
d) Informe do cadro de persoal medio de traballadores en situación de alta na empresa, correspondente aos 12 meses anteriores á data de presentación da solicitude de axuda, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
-
e) Informe de vida laboral da/s conta/s de cotización da empresa e/ou dos traballadores autónomos, correspondente aos 12 meses anteriores á data de presentación da solicitude de axuda.
-
f) Memoria e resumo do proxecto en documento normalizado (anexo III plan de empresa para proxectos produtivos e anexo IV plan de xestión para proxectos non produtivos), no cal se reflicta a situación de partida, os obxectivos que se perseguen coa súa posta en marcha e a metodoloxía de traballo, así como as explicacións necesarias para a correcta comprensión do proxecto. O/s solicitante/s debe/n ter en conta que esta información vai ser tomada en consideración para valorar o cumprimento dos requisitos dos proxectos e para aplicar os criterios de selección que o GDR teña aprobados. Para proxectos de natureza produtivos, a memoria resumo do proxecto deberá incluír unha previsión do plan de empresa que abranguerá polo menos 5 anos, coa xustificación da súa viabilidade económica financeira. Para proxectos de natureza non produtiva, a memoria resumo do proxecto deberá incluír unha previsión do plan de xestión da actividade e/ou do investimento que abranguerá polo menos 5 anos.
-
g) Orzamento de gastos, desagregados por partidas, necesarios para a execución do proxecto (anexo V).
-
h) Relación de ofertas solicitadas e elixidas, nos termos indicados no artigo 10 destas bases reguladoras, segundo os documentos normalizados (anexo VI A e declaración segundo o modelo normalizado do anexo VI B).
-
i) De ser o caso, documentación acreditativa da non suxeición ou exención do IVE, de modo que se constate que e efectivamente soportado polo beneficiario e non recuperable.
-
j) No suposto de investimentos en explotacións agrarias, código de explotación agraria ou, no seu defecto, rexistro oficial que corresponda á explotación agraria.
-
k) No suposto de proxectos de diversificación de explotacións agrarias cara actividades non agrarias (ficha de elixibilidade IV), deberá achegarse a acreditación do grao de parentesco. Neste suposto deberá achegarse tamen o certificado de empadroamento, só no caso de denegarlle expresamente a Agader a súa consulta.
-
l) Plano do Sixpac indicando as coordenadas da localización da operación.
-
m) No caso de empresas xa existentes, licenza de actividade do concello ou, de ser o caso, acreditación da presentación da comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
-
n) No caso de que unha operación inclúa obra civil, anteproxecto ou memoria valorada, asinado por tecnico competente na materia.
-
ñ) Calquera outra documentación ou información adicional que o interesado considere de interese para unha mellor análise e valoración do proxecto.
Os modelos normalizados necesarios para a presentación da documentación referida incorpóranse a estas bases reguladoras como anexos II a XIV e estarán tamen ao dispor dos interesados na sede do GDR.
-
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
https://sede.xunta.gal. A presentación electrónica será obrigatoria para: as persoas xurídicas de carácter privado, as entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores; e tamen para as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente no rexistro do GDR a que vaian dirixidas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, que estará a dispor dos interesados nas respectivas sedes dos GDR. Estas persoas tamen poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común e deberán, unicamente neste caso, dirixir as solicitudes a Agader, coa finalidade de que sexan remitidas pola axencia aos grupos de desenvolvemento rural destinatarios delas.
-
Non será necesario que os solicitantes presenten a documentación que xa conste en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se e o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarana electronicamente as persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración e/ou o GDR, na súa condición de entidade colaboradora da Administración, poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
As persoas non obrigadas á presentación electrónica, ademais de electronicamente, tamen poderán presentar a documentación complementaria en formato papel, presencialmente no rexistro do GDR a que vaian dirixidas. Estas persoas tamen poderán presentar a documentación complementaria en formato papel, presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, e deben, unicamente neste caso, dirixir a documentación complementaria a Agader, coa finalidade de que sexa remitida pola axencia aos grupos de desenvolvemento rural destinatarios.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
-
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamen poderán presentalos presencialmente no rexistro do GDR ao cal vaian dirixidos.
- Solicitude
- Anexo III
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Nove meses
Sentido do silencio: Negativo
- Xustificación
- Anexo XII
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Selección de Grupos de Desenvolvemento Rural e das estratexias de desenvolvemento local para a medida Leader de Galicia 2014-2020
Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas.
Selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradas na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local.
Proxectos de investimento en actividades non agrícolas.