Guía de procedementos e servizos

MR674B

Prima de mantemento sistemas agroforestais - castiñeiro para froito.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 07/02/2019 00:00 - 06/03/2019 23:59

Consellería do Medio Rural

A orde, en réxime de concorrencia non competitiva (procedemento MR674B), ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 , para a concesión das primas de mantemento dos anos 2019, 2020 e 2021, para os expedientes aprobados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (en diante, Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (en diante PDR) 2014-2020 (DOG nº 120, do 27 de xuño de 2016, procedemento MR674A).

Finalidade.

Estas primas teñen como finalidade contribuír ao éxito do establecemento do sistema agroforestal alcanzado, financiando os traballos de mantemento nos primeiros anos de existencia das plantacións realizadas.

Poderán ser beneficiarios todos os titulares dos expedientes pagados antes do 31 de decembro de 2018 ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 e que soliciten as primas previstas nesta orde.

Obrigas.

1. O beneficiario da axuda e o solicitante está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida polos órganos de control da consellería competente en medio rural, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, e as instancias de control comunitarias, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, e a levar un sistema de contabilidade separado, ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta orde.

2. O solicitante e o beneficiario están obrigados a realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Subdirección Xeral de Recursos Forestais

Servizo de Fomento Forestal

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546070

Email: mediorural.recursosforestais@xunta.gal

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Prazo de presentación: PECHADO

07/02/2019 00:00 - 06/03/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

- Non poderán ser beneficiarias as entidades de dereito público nin locais.

- Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

- Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:

a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na letra c).

Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

  • As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Os datos da solicitude que se citan a seguir considéranse o mínimo imprescindible para a súa tramitación, polo que a inexactitude, falsidade ou omisión de calquera dos datos determinará a imposibilidade de continuar coa tramitación da subvención e dará lugar á inadmisión da solicitude, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedesen. Estes datos son:

    • a) Datos da persoa solicitante (nome, apelidos, NIF e enderezo completo).

    • b) En todos os casos, correo electrónico ou teléfono móbil.

    • c) Tres ofertas de diferentes provedores, asinadas ou seladas.

  • Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos. Tamén se poderá acceder a través da oficina agraria virtual (OAV) dispoñible no enderezo http://mediorural.xunta.gal/es/institucional/oficina_virtual/

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

  • Documentación que se deberá presentar xunto coa solicitude (anexo I):

    • a.1) No caso do representante, e de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberá acreditar esa representación mediante algún dos seguintes medios de acreditación:

A. Por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna:

  • 1. Poder notarial.

  • 2. Representación legal, para o que deberá presentar a autorización asinada e a copia de escrituras ou poderes onde se acredite a representación legal.

B. Mediante declaración en comparecencia persoal do interesado (poder apud acta):

  • Realizará o levantamento de acta un funcionario público dunha oficina de asistencia en materia de rexistros e deixará constancia de que a partir dese momento un suxeito actuará como representante doutro, apartarase desde ese momento a persoa representada do procedemento e dirixiranse as seguintes actuacións ao representante.

  • a.2) Deberanse presentar tres ofertas a diferentes provedores, en que figurarán detalladas as actuacións de mantemento, segundo o indicado no proxecto das actuacións, presentado coa solicitude de axuda, nas anualidades 2019, 2020 e 2021, e o seu importe por anualidade (indicarase o custo por hectárea das actuacións de mantemento). A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable e non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante da prima, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público. As ditas ofertas deberán estar asinadas ou seladas e incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da persoa solicitante da prima, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados.

  • a.3) Así mesmo, as empresas e persoas individuais que sexan responsables deses orzamentos deberán exercer a súa actividade vinculada á silvicultura (Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE) subgrupo A02: silvicultura e explotación forestal, códigos 021 ou 024, ou obxecto social en que figure a dita vinculación; ou epígrafe do IAE), polo que, xunto aos orzamentos, se deberá presentar documentación xustificativa da CNAE ou do IAE ou do obxecto social de cada un dos provedores.

  • a.4) As asociacións ou agrupacións formalmente constituídas inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia presentarán debidamente asinado por todos e cada un dos compoñentes da agrupación o anexo II ou acordo de cesión.

  • a.5) Os pro indiviso, de varas, fabeo, de vocerío, de voces, abertais e comunidade de bens presentarán debidamente asinado por todos e cada un dos seus compoñentes o anexo III e deberán presentar a acreditación da persoa física que as representa.

  • a.6) No caso de CMVMC: certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autoriza que o presidente da CMVMC solicite as primas á consellería competente en medio rural para a execución das accións obxecto da solicitude.

  • a.7) No caso doutras entidades xurídicas (cooperativas asociacións, agrupacións, etc.), acreditación da persoa física que as representa e anexo IV debidamente cuberto. Tamén deberán presentar copia dos estatutos ou escrituras de constitución, no caso de non telos presentado con anterioridade e, nese caso, no impreso de solicitude, deberá indicar o órgano, o procedemento e o ano de presentación.

  • b) Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase tamén por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

  • Se a presentación desta documentación se realiza presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI/NIE da persoa solicitante.

  • b) NIF da entidade solicitante.

  • c) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).

  • d) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).

  • e) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).

  • f) Estar ao día do pagamento coa Seguridade Social a persoa solicitante e, se for o caso, da persoa cesionaria.

  • g) Estar ao día do pagamento de obrigas tributarias (AEAT) a persoa solicitante e, se for o caso, da persoa cesionaria.

  • h) Estar ao día do pagamento coa Xunta de Galicia a persoa solicitante e, se for o caso, da persoa cesionaria.

  • i) Estar inhabilitada a persoa solicitante para obter subvencións públicas.

  • j) Ter recibido a persoa solicitante axudas pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo I e, se for o caso, no anexo VI, e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución: Un mes

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais (DOG nº 26 do 6 de febreiro de 2019).

    • Extracto da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais (DOG nº 26 do 6 de febreiro de 2019).

    • Anuncio do 1 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais (Diario Oficial de Galicia número 26, do 6 de febreiro de 2019) (DOG nº 72 do 12 de abril de 2019).

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Reglamento (CE) nº 1698/2005 do Consello

Outros procedementos relacionados

MR608C

Recoñecemento como persoa silvicultora activa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR610A

Autorización para a utilización do lume na eliminación de restos de aproveitamentos forestais ou selvícolas en zonas de especial risco de incendios forestais (ZER).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR615A

Autorización de uso de maquinaria non forestal nin agrícola nas zonas próximas aos montes.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR617E

Comunicación anual de datos ao rexistro de empresas do sector forestal de Galicia creado na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano