Guía de procedementos e servizos

MR670C

Prima de mantemento de forestación

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 21/12/2021 00:00 - 20/01/2022 23:59

Consellería do Medio Rural

A orde, en réxime de concorrencia non competitiva, ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión das primas de mantemento correspondentes ás superficies forestadas mediante as axudas á creación de superficies forestais (medida 8.1 do PDR de Galicia 2014-2020, procedemento MR670C) dos anos 2022, 2023 e 2024.

Finalidade.

1. Estas primas teñen como finalidade contribuír ao coidado, mantemento e demais traballos forestais posteriores á plantación, financiando os traballos mediante unha prima de mantemento anual nos primeiros anos de existencia das plantacións realizadas.

2. En todo caso, será de aplicación o disposto no Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas.

 Poderán ser beneficiarios todos os titulares dos expedientes pagados antes do 31 de decembro de 2021 ao abeiro das ordes do 8 de xuño de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais e se convocan para ano 2017 (DOG nº 115, do 19 de xuño), do 17 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 81, do 26 de abril), do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 13, do 18 de xaneiro) e do 25 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 232, do 5 de decembro de 2019), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (en diante, Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020; e que non fosen beneficiarios da convocatoria destas primas nos anos 2019 (DOG nº 23, do 1 de febreiro), 2020 (DOG nº 229, do 2 de decembro de 2019) e 2021 (DOG nº 14, do 22 de xaneiro).

Obrigas

1. Os beneficiarios das primas comprometeranse expresamente ao cumprimento dos criterios previstos nesta orde, así como nas ordes de axudas que figuran no artigo 3. Así mesmo, deberanse manter operativas as súas infraestruturas de acompañamento e a área de defensa contra incendios forestais.

2. Se as superficies plantadas se transmitiren en todo ou en parte durante o período de compromiso, adecuaranse as primas á situación do novo titular e, en todo caso, o novo titular debe cumprir as condicións exixibles para a percepción das axudas que se lle outorgaron.

3. No caso de abandono ou destrución da plantación por calquera causa, suspenderanse todas as primas pendentes ata que sexa restaurada a superficie abandonada ou destruída, total ou parcialmente, sen prexuízo dos compromisos adquiridos e das responsabilidades que deriven. O solicitante estará obrigado a comunicar, no prazo máximo dun mes, os feitos e as circunstancias que provocaron a destrución da totalidade ou de parte da plantación.

4. O beneficiario comprométese en todo momento a facilitar as tarefas de inspección ao persoal adscrito á consellería competente no medio rural nas materias relacionadas con esta orde.

5. En todos os casos, e para calquera tipo de titular, o persoal que executou os traballos deberá estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social e poderase solicitar en calquera momento que verifique que cumpre o dito requisito.

6. No caso de cesións de pagamento, o titular da conta bancaria debe coincidir co cesionario, quen se comprometerá no anexo V a manter a conta aberta ata o final do proceso de xestión da axuda.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Subdirección Xeral de Recursos Forestais

Servizo de Fomento Forestal

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546076

Fax: 981546101

Email: mediorural.recursosforestais@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Montes de Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184575

Fax: 981184672

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Montes de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294531

Fax: 982294874

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Montes de Ourense

Avda. da Habana, 79-3º

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386695

Fax: 988386697

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Montes de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43-2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805411

Fax: 986805478

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Prazo de presentación: PECHADO

21/12/2021 00:00 - 20/01/2022 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

- Os beneficiarios poderán presentar tantas solicitudes como expedientes de forestación teñan pagados ao abeiro das ordes sinaladas no punto anterior cumprindo co requisito de presentar unha solicitude por cada expediente.

- Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

- Non poderán ser beneficiarias as entidades de dereito público nin locais.

- Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorre, polo menos, unha das seguintes circunstancias:

a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na letra c).

Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude do modelo normalizado que figura no anexo I da presente orde a seguinte documentación:

a) Documentación xeral:

a.1) No caso de que actúe por medio de representante, e de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberá acreditarse a representación por un medio válido en dereito que deixe constancia da súa existencia.

Entenderase acreditada a representación nos procedementos administrativos tramitados polo sector público autonómico mediante outorgamento de apoderamentos apud acta efectuados pola comparecencia persoal nas oficinas da rede regulada na dita lei, pola comparecencia electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da acreditación da inscrición no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia, ou no que corresponda, do poder de representación.

a.2) En todos os casos o solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, nas cales figurarán detalladas as actuacións de mantemento polas cales se solicita a axuda por custos unitarios de unidades de obra (obrigatorio, como mínimo, o control da vexetación de competencia e a reposición de marras, se é necesario) nas anualidades 2022, 2023 e 2024, e o seu importe por anualidade (indicarase o custo por hectárea das actuacións de mantemento que se realizarán). A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable, sen que se admitan as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante da axuda, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público. Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o NIF, o nome e o enderezo da empresa ofertante, o nome ou a razón social da persoa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Así mesmo, as empresas e as persoas individuais que sexan responsables deses orzamentos deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor). Por outra banda, non poderá haber vinculación entre o solicitante da axuda e calquera dos ofertantes e, en referencia ao artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas co dito beneficiario. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que se atopen nalgúns dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, de 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.

b) Documentación específica:

b.1) Para agrupacións de persoas propietarias particulares formalmente constituídas que deberán estar inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia na data de finalización do prazo de solicitude da axuda, presentarase debidamente asinado por todos e cada un dos compoñentes da agrupación o anexo II (acordo de cesión na agrupación de persoas propietarias particulares formalmente constituída).

b.2) Para proindivisos, de varas, fabeo, de vocerío, de voces, abertais e comunidades de bens, presentarase debidamente asinado por todos e cada un dos seus compoñentes o anexo III (acordo de compromisos e obrigas establecidos na orde) e deberán presentar a acreditación da persoa física que as representa.

b.3) No caso de comunidade de montes en man común (CMVMC), certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo/a secretario/a, conforme autorizan que o presidente da CMVMC solicite as axudas á consellería competente en medio rural para a execución das accións obxecto da solicitude.

b.4) No caso doutras entidades xurídicas (cooperativas agrícolas ou outras entidades xurídicas), acreditación da persoa física que as representa e anexo IV (certificado de acordo de solicitude de subvención) debidamente cuberto. Tamén deberán presentar copia dos estatutos ou escrituras de constitución, no caso de non telos presentado con anterioridade e para o cal no impreso de solicitude se deberá indicar o órgano, o procedemento e o ano de presentación.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recollidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar após a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).

d) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).

e) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).

f) DNI/NIE da persoa representante da persoa cesionaria (se for o caso).

g) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

h) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT) a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

i) Estar ao día no pagamento de débedas coa Consellería de Facenda e Administración pública a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

j) Estar inhabilitada a persoa solicitante para obter subvencións públicas.

k) Ter recibido a persoa solicitante axudas pola regra de minimis.

l) Concesións de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo I e no anexo V, se for o caso, e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 1 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (DOG nº 242 do 20 de decembro de 2021).

    • Extracto da Orde do 1 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (DOG nº 242 do 20 de decembro de 2021).

    • Anuncio do 4 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e desestimadas tramitadas ao abeiro da Orde do 1 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2022, para a concesión das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (DOG nº 75 do 20 de abril de 2022).

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Reglamento (CE) nº 1698/2005 do Consello

Outros procedementos relacionados

MR608C

Recoñecemento como persoa silvicultora activa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR610A

Autorización para a utilización do lume na eliminación de restos de aproveitamentos forestais ou selvícolas en zonas de especial risco de incendios forestais (ZER).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR615A

Autorización de uso de maquinaria non forestal nin agrícola nas zonas próximas aos montes.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR617E

Comunicación anual de datos ao rexistro de empresas do sector forestal de Galicia creado na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano