Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR632A - Axudas para investimentos en empresas de primeira transformación de produtos forestais.
Poderanse subvencionar investimentos en activos fixos produtivos en empresas de primeira transformación de produtos forestais que superen os 10.000 m3 de materia prima empregada nos procesos de transformación da dita materia prima e posteriores. Os investimentos que se van subvencionar deben ser novos e non se poden iniciar antes de presentar a solicitude de subvención. En ningún caso se poderán subvencionar investimentos que se utilicen para producir bens de consumo final.
Non se considerarán substitucións de investimentos, salvo no caso de incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción, no que se subvencionará o diferencial de custo. Neste caso a Administración verificará a valoración do equipamento presentada pola empresa na memoria.
Os investimentos subvencionables son os seguintes:
1º. Bens de equipo e instalacións en serradoiros do proceso de serra e posteriores: carro de serra, serras, canteadora, retestadeiras, empilladora/clasificadora de táboa, instalación antiazulado, etc.
2º. Obra civil necesaria para a instalación da maquinaria de serra, nave de serrado, obra civil para almacenamento de produtos no propio serradoiro.
3º. Bens de equipamento e instalacións en industrias de primeira transformación doutros produtos forestais distintos da madeira e non alimentarios (biomasa, cortiza, etc.), do proceso de transformación e posteriores: esteladoras fixas, cribas, etc.
4º. Obra civil necesaria para a instalación da maquinaria de primeira transformación, nave de primeira transformación, obra civil para almacenamento de produtos forestais distintos da madeira e non alimentarios (biomasa, cortiza, etc.) na propia industria.
Obrigas dos beneficiarios.
1. O beneficiario da axuda está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
2. O beneficiario está obrigado a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.
4. O beneficiario está obrigado a apuntar na contabilidade da empresa, de forma separada ou ben cun código contable axeitado para todas as transaccións relativas á operación, os movementos relativos ás subvencións percibidas, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Ser industria de primeira transformación de produtos forestais que empreguen no proceso de transformación máis de 10.000 m3 de materia prima (rolla ou outros produtos forestais).
c) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:
- Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do seu importe.
- Vendas por importe superior ao triplo do investimento (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).
- Amortizacións máis beneficios superior á sexta parte dos investimentos (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).
- Contratos de venda ou prestación de servizos por importe superior ao investimento.
- Estudo de viabilidade asinado por profesional cualificado.
d) Deberán cumprir a normativa ambiental, que se acreditará coa presentación do documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) (ou certificación da Axencia Tributaria relativa a este) e unha declaración xurada do solicitante de que a empresa cumpre coa normativa ambiental. A empresa deberá estar inscrita no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, requisito que será comprobado pola Subdirección Xeral de Recursos Forestais.
e) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de subvención e un contrato de prevención de riscos laborais.
f) Deberán estar inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor), de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Este requisito será comprobado pola Subdirección Xeral de Recursos Forestais.
g) Deberán ter, polo menos, o 33 % do cadro de persoal da empresa con contratos por tempo indefinido. Para as empresas de nova creación, bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 33 % de estabilidade laboral ao remate do prazo concedido para xustificar o investimento. Non será necesario cumprir este requisito nas subvencións inferiores a 60.102 euros. As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acadar a mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se é o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione.
h) Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2, número 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014. Conforme este regulamento, unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:
1º. Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.
2º. Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.
3º. Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.
As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida no punto 3.
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se atopan en situación de crise conforme a normativa comunitaria. Compróbase a veracidade desta declaración nos controis sobre o terreo que se realicen.
Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Subdirección Xeral de Recursos Forestais
Servizo de Fomento Forestal
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997335
Fax: 981546101
Email: mediorural.recursosforestais@xunta.gal
Servizo de Fomento Forestal
Orde do 19 de maio de 2016 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para investimentos en empresas de primeira transformación de produtos forestais e se convocan para o exercicio orzamentario 2016 (DOG nº 105 do 3 de xuño de 2016).
Prazo de presentación: PECHADO
04/06/2016 00:00 - 04/07/2016 23:59
Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
- Os interesados deberán presentar a seguinte documentación dirixida á Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal:
- a) Solicitude, asinada polo representante legal da empresa ou persoa acreditada mediante poderes para actuar como representante legal, dirixida á Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, segundo modelo que figura no anexo I desta orde. No caso de non estar asinada polo representante legal, deberá presentar documentación xustificativa da acreditación por parte da empresa. No caso de prever investimentos en instalacións, obra civil ou maquinaria fixa, deberá solicitar a comprobación de non inicio dos investimentos neste anexo.
- b) Deberase presentar contrato, factura pro forma ou similar de tres provedores distintos, con indicación do prazo de entrega, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren. As ofertas solicitadas para cada gasto non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.
A Administración fará comprobacións dos prezos de mercado, comprobando que as facturas pro forma se axustan aos ditos prezos.
O investimento subvencionable elixirase conforme a criterios de eficiencia e economía. Deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta máis económica. - c) Certificación da condición de peme, segundo o anexo V. Os empresarios autónomos deberán cubrir as letras b), e) e f). Deberán estar cubertos todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos e de persoal serán referidos aos do último ano pechado. No emprego incluiranse os autónomos que traballen na empresa. Este anexo debe ser presentado tamen cuberto cos datos de cada unha das empresas vinculadas ou asociadas coa solicitante. Presentarase un anexo por cada empresa.
- d) Memoria onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo VI da presente orde.
- e) Ficha cos datos da empresa, segundo as distintas follas do anexo VII, con todos os datos consignados que procedan segundo o tipo de empresa e asinada na última folla.
- f) Copia dos seguintes documentos:
- 1º. Último imposto de sociedades. Na súa falta, deberán presentar declaración do IRPF, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta, a traves de medios electrónicos, por parte do órgano competente da Administración.
- 2º. Copia cotexada do NIF do solicitante, no caso de ser unha persoa xurídica, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta a traves de medios electrónicos, por parte do órgano competente da Administración, ou copia cotexada do DNI, no caso de ser unha persoa física, só no caso de non autorizar expresamente a súa consulta.
- 3º. Vida laboral da empresa dos doce meses anteriores á data de publicación da convocatoria na que solicite a axuda, tanto para o rexime xeral como para o agrario. No caso de que nalgún dos reximes non teña traballadores, debe presentar certificado da seguridade social de non ter traballadores no dito rexime.
- 4º. Último recibo de pagamento dos autónomos da empresa.
- 5º. Documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) ou certificación da Axencia Tributaria relativa a este, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta, a traves de medios electrónicos, por parte do órgano competente da Administración.
- 6º. Póliza do seguro de responsabilidade civil e recibo actualizado.
- 7º. Contrato dun servizo de prevención de riscos laborais e recibo actualizado.
- g) Documentación xustificativa da viabilidade da empresa, segundo o indicado no artigo 3 desta orde.
- h) Plano asinado coa localización da industria e planos asinados de planta coa distribución de edificacións, maquinaria e instalacións, onde veñan reflectidos os investimentos que se van realizar.
- i) No caso de instalacións que así o requiran, copia da presentación no concello da solicitude de licenza de obra ou comunicación previa, segundo proceda.
- k) Acreditación da presentación da comunicación previa do inicio de actividade ou apertura do establecemento establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, con toda a documentación requirida, ou licenza de actividade para as solicitudes de licenza tramitadas antes da entrada en vigor da devandita lei.
- l) No caso de substitucións de investimentos: memoria xustificativa da necesidade e os beneficios esperados pola substitución e valoración económica do equipamento que vai ser substituído.
- m) Xustificación documental de que a industria transforma máis de 10.000 m3 de materia prima.
- n) No caso de empresas vinculadas ou asociadas coa empresa solicitante:
- 1º. Copia das contas anuais do último exercicio pechado de cada unha das empresas.
- 2º. Vida laboral dos doce meses anteriores á data de publicación da convocatoria en que solicite a axuda, tanto para o rexime xeral como para o agrario. No caso de que nalgún dos reximes non teña traballadores, debe presentar certificado da Seguridade Social de non ter traballadores no dito rexime.
- Para xustificar a realización de accións para incrementar a porcentaxe de axuda e a puntuación no baremo deben presentar a documentación que a continuación se relaciona. Esta documentación non e obrigatoria para a tramitación do expediente, só para os efectos do incremento de axuda e puntuación indicados.
- a) Para os cursos de formación: diploma acreditativo ou certificación emitida polo organismo que impartiu o curso. Para cursos aínda non realizados, deberase presentar compromiso mediante declaración responsable, xunto cun informe favorable da asociación sectorial ou organismo capacitado para a realización do curso.
- b) Contrato e recibo actualizado de externalización das garantías dos traballadores.
- c) Recibo de pagamento da cota ou certificado xustificativo de pertencer a asociación profesional do sector.
- d) Xustificación de ter a cadea de custodia certificada.
- e) Xustificación de ter un plan de control da calidade ou mellora da xestión certificado.
- f) Xustificación documental de ser empresa de comercialización conxunta: escritura de constitución e copia do modelo 347 presentado do último ano pechado.
- g) Compromiso ou xustificación de creación de postos de traballo fixos.
- h) Compromiso ou xustificación de creación de posto de traballo fixo a mulleres, menores de 25 anos, persoas con discapacidade ou con dificultade de inserción.
- i) Documentación xustificativa de xerente menor de 55 anos ou descendentes en activo na empresa: anexo XII, de autorización de consulta de identidade, ou copia do DNI no caso de non autorizar a consulta, e nómina do mes da publicación da orde ou, na súa falta, documentación oficial que demostre a xerencia.
- k) Documentación xustificativa de muller xerente: anexo XII, de autorización de consulta de identidade, ou copia do DNI no caso de non autorizar a consulta, e nómina do mes da publicación da orde ou, na súa falta, documentación oficial que demostre a xerencia.
- l) No caso de empresa de nova creación, escritura de constitución ou, na súa falta, documentación oficial xustificativa.
- m) No caso de proxectos innovadores, memoria xustificativa.
- n) Certificación dun plan de xestión ambiental ou de eficiencia enerxetica na empresa.
- As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. - Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
As solicitudes e a documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas. - A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo e inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
- Xustificación
- Anexo VIII
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"