Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR616B
Axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
1. É obxecto da presente subvención o establecido no número 1.a) do anexo I (en diante, cadro de especificacións).
2. Terán a consideración de actuacións ou operacións subvencionables os proxectos, actividades ou conceptos en que se cumpran os requisitos sinalados no número 1 do cadro de especificacións.
3. As presentes axudas enmárcanse no plan nacional, autonómico ou sectorial que se identifica no número 1.b) do cadro de especificacións, cos obxectivos que se indican e a motivación que os fundamenta.
4. As particularidades relativas á execución do obxecto da subvención regúlanse, se é o caso, no número 1.c) do cadro de especificacións.
Gastos subvencionables.
1. Terán a consideración de gastos subvencionables os sinalados no número 5.a) do cadro de especificacións.
As condicións relativas á posibilidade de compensar os gastos subvencionables, así como a inclusión dos custos indirectos como gastos subvencionables, aparecen recollidas nos números 5.b) e 5.c) do cadro de especificacións, respectivamente.
2. O prazo temporal de referencia para identificar os gastos subvencionables será o indicado no número 5.d) do cadro de especificacións. En todo caso, as referencias para o cómputo do prazo atenderán ao establecido polas normas que regulen a xestión dos fondos que financien a subvención e ao principio do límite da anualidade orzamentaria.
Con carácter xeral, a actuación ou o proxecto poderá iniciarse con anterioridade á convocatoria, salvo que no número 5.d) do cadro de especificacións se indique que a axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador.
Sen prexuízo do anterior, a distribución por anualidades da subvención concedida farase atendendo ao ritmo de execución da acción subvencionada.
Existe efecto incentivador cando a axuda cambia o comportamento empresarial de modo que non se emprendería a actuación obxecto da solicitude sen a axuda, ou que só se emprendería dunha maneira limitada ou diferente. A axuda non debe subvencionar os custos dunha actuación que se realizaría en calquera caso.
Para tal efecto, antes de iniciar o proxecto ou actuación, a persoa solicitante deberá ter presentado a solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita a axuda poderá ser realizado con carácter previo á solicitude; de ser así, a totalidade do proxecto será considerado non subvencionable.
Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando existe un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto. Entenderase por proxecto calquera dos investimentos ou gastos da actuación comprendidos na solicitude de axuda. Neste sentido, considérase que existe un compromiso en firme no caso da existencia dun contrato asinado ou oferta aceptada entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables.
De ser o caso, no número 5.h) indicaranse as actuacións que non terán a consideración de inicio dos traballos.
O período durante o cal se deben destinar os bens ao fin concreto, así como as regras en materia de amortización, aparecen recollidos, respectivamente, nos números 5.e) e 5.f) do cadro de especificacións, cando así proceda.
3. Se é o caso, as empresas ou as persoas traballadoras autónomas beneficiarias poderán concertar con terceiras persoas a execución das accións subvencionadas nos termos recollidos no número 5.g) do cadro de especificacións, agás os gastos necesarios para realizar por si mesmas a actividade subvencionada.
Non poderán subcontratarse actividades que incrementen o custo da acción subvencionada e non acheguen valor engadido ao seu contido.
Cando a actividade concertada con terceiras persoas exceda o 20 % do importe da subvención e o dito importe sexa superior a 60.000 €, o contrato deberá subscribirse por escrito e ser autorizado previamente polo órgano concedente nos termos recollidos no número 5.g) do cadro de especificacións. Non poderá fraccionarse un contrato co obxecto de diminuír a súa contía e eludir os requisitos anteriores.
Para a elección dos subcontratistas, as empresas ou as persoas traballadoras autónomas beneficiarias da subvención ateranse ao recollido no artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As empresas e as persoas traballadoras autónomas.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario
Edificio Administrativo núm.4 de San Caetano, 2ª planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996578
Email: sxaexplotacions.mediorural@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
14/10/2022 00:00 - 14/11/2022 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas e as persoas traballadoras autónomas que cumpran os requisitos sinalados no número 4.a) do cadro de especificacións.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas e persoas traballadoras autónomas en que concorra algunha das seguintes circunstancias:
a) Con carácter xeral, aquelas que entren na categoría de empresa en crise definida no número 18 do artigo 2 do Regulamento 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, non poderán obter a condición de beneficiarias destas axudas, salvo que se especifique o contrario no número 4.c) do cadro de especificacións.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), e na oficina virtual do órgano convocante que, de ser o caso, se indique no número 10.c) do cadro de especificacións.
De conformidade co previsto no artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 14 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos, se algunha das empresas ou persoas traballadoras autónomas solicitantes presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda. Se a emenda deste defecto concreto (presentación presencial da solicitude) se realiza unha vez transcorrido o prazo indicado na convocatoria da subvención para a presentación de solicitudes, o órgano competente ditará resolución en que se desestimará a solicitude por presentarse fóra do prazo, de acordo co artigo 23 en relación co artigo 20.2, letra g), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. As empresas e as persoas traballadoras autónomas realizarán as seguintes declaracións responsables, empregando para o efecto o formulario do anexo II:
a) As axudas concorrentes para a mesma actuación, solicitadas ou concedidas, incluídas as axudas pola regra de minimis.
b) A veracidade de todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan.
c) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, agás as establecidas no número 4.c) do cadro de especificacións.
d) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Estar ao día nas obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.
g) Cumprir a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando proceda.
h) Que pode, ou non pode, ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.
i) Non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
j) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos da actuación para a cal se solicita a axuda.
k) Manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con este tipo de fondos de recuperación.
l) Conservar toda a documentación relativa á subvención segundo o establecido nos regulamentos de aplicación aos fondos que financian a axuda concedida durante o período indicado no artigo 26.c).
m) Estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
n) No caso das persoas traballadoras autónomas, estar de alta no réxime da Seguridade Social correspondente (no RETA ou no de traballadores por conta propia do réxime de traballadores do mar).
ñ) A actividade que se subvenciona non causa un prexuízo significativo (do no significant harm) aos obxectivos ambientais nos termos do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088, e restante normativa de aplicación.
o) As demais que se sinalen no número 10.a) do cadro de especificacións.
3. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no número 10.c) do cadro de especificacións.
Documentación complementaria.
1. As empresas ou as persoas traballadoras autónomas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Memoria da actuación, conforme os requisitos previstos no número 11.a) do cadro de especificacións.
b) As empresas que non figuren inscritas no Rexistro Mercantil presentarán a documentación acreditativa da súa válida constitución e do poder de representación das persoas que actúen no seu nome.
c) No caso de persoas traballadoras autónomas societarias, a documentación que acredite a participación en máis do 25 % da persoa solicitante na entidade.
d) A demais documentación indicada no número 11.b) do cadro de especificacións.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola empresa ou pola persoa traballadora autónoma interesada ante calquera Administración. Neste caso, esta deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a súa oposición expresa nos supostos en que o consentimento sexa un requisito legal.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á empresa ou á persoa traballadora autónoma a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das empresas ou persoas traballadoras autónomas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica, de conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 14 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda. Se a emenda deste defecto (presentación presencial) se realiza unha vez transcorrido o prazo indicado na convocatoria da subvención para a presentación de solicitudes, o órgano competente ditará resolución pola que desestimará a solicitude por presentarse fóra do prazo, de acordo co artigo 23 en relación co artigo 20.2, letra g), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As empresas ou as persoas traballadoras autónomas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa, o que deberá ser especificado no número 11.c) do cadro de especificacións, ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitarlles de maneira motivada que presenten unha copia autenticada electrónica.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo dos documentos e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no número 11.c) do cadro de especificacións.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente, con carácter previo á concesión, os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa traballadora autónoma solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) NIF/DNI/NIE da entidade ou persoa representante.
d) Domicilio fiscal da entidade ou persoa traballadora autónoma solicitante
e) Constitución, estatutos e información sobre as persoas que actúen na súa representación, no caso de solicitantes inscritos no Rexistro Mercantil.
f) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE) da entidade e da persoa traballadora autónoma solicitante.
g) Se é o caso, vida laboral da persoa traballadora autónoma solicitante.
h) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
i) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
j) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
k) Os indicados no número 12.a) do cadro de especificacións.
2. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da empresa, da persoa traballadora autónoma ou da persoa representante para realizar a consulta.
As empresas, as persoas traballadoras autónomas ou as persoas representantes que se opoñan á consulta deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo II e achegar os documentos pertinentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás empresas ou ás persoas traballadoras autónomas a presentación dos documentos correspondentes.
4. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente, con carácter previo ao pagamento, os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas:
a) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
b) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
c) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
5. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no número 12.b) do cadro de especificacións.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
1. Todos os trámites administrativos que as empresas ou as persoas traballadoras autónomas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á súa Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
2. As particularidades e as excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no número 13.a) do cadro de especificacións.
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 3 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 195 do 13 de outubro de 2022).
-
Extracto da Orde do 3 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 195 do 13 de outubro de 2022).
-
Resolución do 19 de xaneiro de 2023 pola que se resolven as solicitudes de subvención destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 23 do 2 de febreiro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano