Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR608D
Axudas para a organización de actividades de divulgación sobre Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
A obtención de axudas para a organización e impartición de accións de divulgación que impulsen o coñecemento e poñan en valor a importancia estratéxica das agrupacións forestais de xestión conxunta.
1. Poderán ser entidades beneficiarias desta liña de axudas, sempre que con anterioridade á publicación desta orde cumpran as condicións e os requisitos establecidos nela, as asociacións, fundacións de interese galego e entidades sen ánimo de lucro con base asociativa e que sexan representativas ou estean relacionadas coa propiedade forestal, así como as comunidades e mancomunidades de montes veciñais en man común.
2. Con carácter xeral, as entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Estar legalmente constituídas e rexistradas nos rexistros competentes; ademais, de ser o caso, estar ao día nas obrigas referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos nos devanditos rexistros.
b) Cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, as entidades beneficiarias non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
c) Ter domicilio social e actividade en Galicia, con data anterior á publicación da presente orde.
3. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
Para verificar o cumprimento deste requisito, as entidades solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
4. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Montes de Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184501
Fax: 981 184 651
Email: servizo.montes.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27003 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294528
Fax: 982 294 452
Email: montes.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Montes de Ourense
Rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6 baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386457
Fax: 988 386 566
Email: montes.medio-rural.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Montes de Pontevedra
Avda María Victoria Moreno, nº 43, 2
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805429
Fax: 986 805 485
Email: servizo.montes.pontevedra@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
15/01/2024 00:00 - 23/02/2024 23:59
13/03/2024 00:00 - 12/04/2024 23:59
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I-solicitude), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude de maneira presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A entidade solicitante deberá presentar unha solicitude, dirixida á xefatura territorial da Consellería do Medio Rural da provincia onde teña a sede, axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I (solicitude), que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 10 (documentación complementaria) desta orde xunto cos anexos que sexan necesarios.
3. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables:
a) De todas as axudas solicitadas e concedidas á entidade solicitante para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
b) De que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
c) De que cumpre coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, de que a entidade non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) De que a entidade non está inmersa nun proceso de concurso de acredores nin se encontra en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
e) De que está legalmente constituída e rexistrada nos rexistros competentes e, de ser de aplicación, está ao día nas obrigas referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos nos devanditos rexistros.
f) De que ten domicilio social e actividade en Galicia, con data anterior á publicación da presente orde.
g) Compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR, en concreto os seguintes:
i. Declaración responsable do cumprimento do compromiso de etiquetaxe verde e dixital previsto no PRTR, con base no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. As actuacións previstas nesta liña de axudas teñen asignado un campo de intervención cuxo código é o 050, cunha contribución do 40 % aos obxectivos climáticos e do 100 % aos obxectivos ambientais.
ii. Declaración responsable do cumprimento do compromiso do principio horizontal de «non causar prexuízo significativo» (Do no significant harm, DNSH) que define o artigo 2.6 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):
a) Mitigación do cambio climático.
b) Adaptación ao cambio climático.
c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.
d)Transición cara a unha economía circular.
e) Prevención e control da contaminación.
f) Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.
Atendendo ao concreto tipo de actuación, poderá resultar exixible o condicionado específico que recolle o punto 8 do compoñente 4 do PRTR para este investimento (C04.I04).
h) Declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o compoñente 4 (C04) para dar cumprimento ao establecido no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e segundo o modelo b do anexo IV da citada orde.
i) Declaración de compromiso de cumprimento dos principios transversais en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o compoñente 4 (C04) para dar cumprimento ao establecido no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e segundo o modelo c do anexo IV da citada orde.
4. A entidade beneficiaria deberá especificar na solicitude (anexo I) como vai executar as actividades subvencionables e deberá indicar se a execución das actuacións divulgativas é con medios propios da entidade ou concerta con terceiros a execución total (externalización na súa totalidade) ou parcial (medios propios da entidade beneficiaria e subcontratación de actuacións).
5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras destas axudas pero non implica ningún dereito para a peticionaria mentres non exista resolución favorable á petición.
Documentación complementaria.
1. A entidade solicitante deberá achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.
b) Acreditación do obxecto social e personalidade xurídica da entidade solicitante.
c) Actividades que se van desenvolver e orzamentos detallados cos gastos conforme o anexo II (memoria de actividades).
d) Cando os gastos sexan externalizados e non sexan asumidos con medios propios, os orzamentos ou facturas pro forma, asinados dixitalmente, individualizados para cada gasto e cos seguintes requisitos:
– Non poderán proceder de persoas físicas ou xurídicas vinculadas entre elas nin co solicitante.
– Deberán incluír, como mínimo, o NIF ou CIF, nome e enderezo da empresa ou persoa oferente, o nome ou razón social da entidade solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados e o seu importe unitario.
No caso de que o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior a 15.000 euros, IVE excluído, a persoa solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, en que figurarán detalladas as actuacións que se van realizar (detalle de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de actuación).
A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e cando a elección non recaia na proposta económica máis favorable deberá xustificarse expresamente nunha memoria. Ademais, non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa entidade solicitante da axuda.
Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o CIF ou NIF, nome e enderezo da empresa ou persoa ofertante, o nome ou razón social da entidade solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados e o seu importe unitario.
Por outra banda, non poderá haber vinculación entre a persoa solicitante da axuda e calquera dos ofertantes e, en referencia ao artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso poderá concertar a persoa beneficiaria a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas coa dita persoa beneficiaria. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que se atopen nalgúns dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.
e) Baremo das solicitudes segundo os criterios de priorización establecidos no artigo 8.1 e documentación acreditativa dos puntos incluídos, salvo para o criterio 1.a) e b), que serán comprobados polo órgano instrutor. A información achegarase nun único arquivo en formato .pdf e co nome «baremo_acronimodaentidadesolicitante.pdf».
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario presentar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria de maneira presencial, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias presentadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos establecidos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).
d) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).
e) DNI/NIE da persoa representante da entidade cesionaria (se for o caso).
f) Que a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria están ao día no pagamento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
g) Que a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria están ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
h) Que a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria están ao día no pagamento das obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
i) Estar inhabilitada a entidade solicitante para obter subvencións públicas.
j) Ter recibido a entidade solicitante axudas pola regra de minimis.
k) Concesións de subvencións e axudas á entidade solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. No caso de que na consulta de datos polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, as certificacións que debe entregar a entidade solicitante, logo de requirimento de emenda, deben ter data de expedición posterior á data de consulta.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que a entidade interesada deba realizar tras a presentación da solicitude de axuda deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal).
- Fase de solicitude
- Memoria de actividades (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 9 do 12 de xaneiro de 2024).
-
Extracto da Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 9 do 12 de xaneiro de 2024).
-
Orde do 6 de marzo de 2024 pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR608D, MR608E e MR608F) (DOG nº 51 do 12 de marzo de 2024).
-
Extracto da Orde do 6 de marzo de 2024 pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR608D, MR608E e MR608F) (DOG nº 51 do 12 de marzo de 2024).
-
Resolución do 16 de setembro de 2024 pola que se resolven as solicitudes de subvención presentadas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR608D, MR608E e MR608F). (Diario Oficial de Galicia número 9, do 12 de xaneiro de 2024) (DOG nº 189 do 1 de outubro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Permisos para a realización de queimas.
Aberto todo o ano
Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.
Aberto todo o ano
Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano
Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano