Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR605A - Accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais.
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, en réxime de concorrencia competitiva (procedemento MR605A), e se convocan para o ano 2019, a través de dúas liñas de axuda.
2. As dúas liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:
a) Liña I (medida Feader 8.3): axudas para realizar tratamentos silvícolas (prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible, como son rozas, desmestas, rareos e podas) coa finalidade de prevención de incendios.
b) Liña II (medida Feader 8.5): axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.
3. Estas axudas ampáranse nos artigos 21.1.c), 21.1.d), 24 e 25 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello (DOUE do 20.12.2013, L347), e tramítanse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobado por Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro, e modificado mediante Decisión de execución da Comisión C (2017) 5420 final, do 26 de xullo, e por Decisión de execución da Comisión C (2018) 5236 final, do 30 de xullo.
Ámbito de aplicación .
1. O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión:
a) Dos bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central, autonómica ou local.
b) Dos bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.
c) Dos bosques que pertenzan a empresas públicas.
d) Dos bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.
e) Dos terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa.
f) Dos hábitats definidos como prioritarios pola Directiva 92/43/CEE, do 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.
2. No caso de montes propiedade do Estado, da Comunidade Autónoma de Galicia ou das entidades locais, a axuda poderá ser concedida se o órgano que xestiona esas terras é un organismo privado.
3. Tamén serán elixibles as actuacións en montes que teñan subscrito un convenio coa Xunta de Galicia ou en montes que teñan solicitado o cambio de consorcio a convenio, nos cales non estea prevista ningunha actuación con cargo ao convenio, e o proxecto de ordenación o permita, logo de informe favorable do servizos provinciais responsables dos recursos forestais correspondentes. Os montes consorciados coa Administración non poden solicitar as axudas dentro da superficie consorciada.
1. Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, sen que se admita a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.
2. Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.
- Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda. Así mesmo, deberán ter presentadas as comunicacións dos ingresos e reinvestimentos do ano 2017, de acordo co establecido no capítulo III do Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal.
- As Sofor deberán ter a inscrición definitiva no Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.
- Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorre, polo menos, unha das seguintes circunstancias:
a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.
b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.
c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.
As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise, salvo que cumpran a condición establecida na letra c).
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
- Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
- Non poderán ser beneficiarias as entidades locais.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Subdirección Xeral de Recursos Forestais
Avda. San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546112 / 981546128
Fax: 981546101
Email: mediorural.recursosforestais@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Montes de Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184575
Fax: 981184672
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294531
Fax: 982294874
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Montes de Ourense
Avda. da Habana, 79-3º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386695
Fax: 988386697
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Montes de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805411
Fax: 986805478
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Orde do 13 de maio de 2020 relativa ás excepcións para o ano 2020 na execución dos controis administrativos e sobre o terreo establecidos nas convocatorias de subvencións desta consellería cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, de conformidade co Regulamento de execución (UE) 2020/532 da Comisión, do 16 de abril de 2020, que establece excepcións, para o ano 2020, aos regulamentos de execución (UE) 809/2014, (UE) 80/2014, (UE) 181/2014, (UE) 2017/892, (UE) 2016/1150, (UE) 2018/274, (UE) 2017/39, (UE) 2015/1368 e (UE) 2016/1240, no que se refire a determinados controis administrativos e sobre o terreo aplicables no marco da política agrícola común (DOG nº 98 do 22 de maio de 2020).
Orde do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 24 do 4 de febreiro de 2019).
Extracto da Orde do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 24 do 4 de febreiro de 2019).
Anuncio do 13 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios e desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 24, do 4 de febreiro) (DOG nº 180 do 23 de novembro de 2019).
Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Reglamento (CE) nº 1698/2005 do Consello
Prazo de presentación: PECHADO
05/02/2019 00:00 - 18/03/2019 23:59
1. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde. /
2. Os traballos solicitados na solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da inspección previa a que se refire o artigo 18 desta orde e estarán condicionados á aprobación da axuda.
- As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Se a presentación se realiza presencialmente, requiriráselle á persoa solicitante que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- A documentación complementaria presentarase tamén por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se a presentación desta documentación se realiza presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- A persoa solicitante fará constar na solicitude de axuda (anexo I) se a superficie de actuación comprende zonas incluídas na Rede Natura 2000, zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou se está afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia, conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, así como calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal.
Nestes casos, o solicitante pedirá autorización/informe ao órgano competente por razón da materia. No caso de que a autorización/informe sexa desfavorable ou non se atope en poder da subdirección xeral responsable dos recursos forestais no momento en que o xefe territorial de cada provincia propoña a relación de solicitudes que cumpren os requisitos da convocatoria, a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.
- Deberán presentar a solicitude correctamente cuberta conforme o anexo I, xunto co resto de anexos, se fose necesario. Os datos da solicitude que se citan a seguir considéranse o mínimo imprescindible para a súa tramitación, polo que a inexactitude, falsidade ou omisión de calquera dos datos determinará a imposibilidade de continuar coa tramitación da subvención e dará lugar á inadmisión da solicitude, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedan. Estes datos son:
a) Datos da persoa solicitante (nome, apelidos, NIF e enderezo completo).
b) En todos os casos, correo electrónico ou teléfono móbil.
c) Datos do tipo de solicitante.
d) Copia da súa adhesión aos modelos silvícolas da totalidade do monte, agás nas excepcións establecidas na orde.
e) Tres ofertas de diferentes provedores.
- Para cada liña de axuda soamente se poderá presentar unha solicitude por titular e ano e para os terreos que se encontren nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50 % dos seus membros deberá ser distinto. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberase presentar unha solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.
- Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos. Tamén se poderá acceder a través da Oficina Agraria Virtual (OAV) dispoñible no enderezo http://mediorural.xunta.gal/es/institucional/oficina_virtual/.
- A presentación da solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.
Documentación .
- Documentación que se deberá presentar xunto coa solicitude (anexo I):
- a) Documentación xeral :
- a.1) No caso do representante, e de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberá acreditar esa representación mediante algún dos seguintes medios de acreditación:
A. Por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna:
- 1. Poder notarial.
- 2. Representación legal, deberase presentar a autorización asinada e a copia de escrituras ou poderes onde se acredite a representación legal.
B. Mediante declaración en comparecencia persoal do interesado (poder apud acta):
- Realizará o levantamento de acta un funcionario público dunha oficina de asistencia en materia de rexistros, e deixará constancia de que a partir dese momento un suxeito actuará como representante doutro, apartarase desde ese momento a persoa representada do procedemento e dirixiranse as seguintes actuacións ao representante.
- a.2) Os propietarios particulares de forma individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas, as CMVMC, as sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, cooperativas agrícolas, proindivisos, de varas, abertais, de voces, de vocerío, de fabeo, comunidades de bens e outras persoas xurídicas deberán presentar o proxecto (en formato PDF ou similar, e coa cartografía en soporte dixital en formato vectorial), de acordo co establecido no artigo 8, asinado por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal, e co nomeamento do director de obra.
- a.3) Unha copia compulsada do documento que acredite a propiedade dos terreos (só aos efectos desta orde) e, no caso de titulares non propietarios do terreo, copia compulsada do contrato de arrendamento ou de xestión cunha duración equivalente, polo menos, ao período de compromiso da axuda.
A propiedade acreditarase, no caso das CMVMC, de acordo cos datos que figuren no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común. No caso de propietarios particulares de xeito individual mediante algún dos seguintes documentos: escritura pública ou privada na que se inclúa a relación catastral das parcelas e permita xustificar a propiedade ou outro dereito adquirido; contrato de xestión; inscrición rexistral dos predios; certificación catastral; fichas catastrais (nominais) e/ou xustificante do pagamento do IBI; inscrición como titular dunha explotación agraria no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, así como dos predios sobre os cales se solicita a axuda. No caso de agrupacións de propietarios legalmente constituídas (SAT ou cooperativas), mediante a comprobación no Rexistro de SAT e no das cooperativas de Galicia da existencia dalgún dos seguintes documentos: escritura pública ou privada en que se inclúa a relación catastral das parcelas e permita xustificar a propiedade ou outro dereito adquirido; contrato de xestión; inscrición rexistral dos predios; certificación catastral; fichas catastrais (nominais) e/ou xustificante do pagamento do IBI, ou inscrición como titular dunha explotación agraria no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, así como dos predios sobre os cales se solicita a axuda.
- a.4) En todos os casos o solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, nas cales figurarán detalladas as actuacións que se van realizar (desagregación de todas as actuacións polas cales se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra, incluído o cartel publicitario, se for o caso). A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable, sen que se admitan as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre ellas nin coa persoa solicitante da axuda, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público. Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Así mesmo, as empresas e persoas individuais que sexan responsables deses orzamentos deberán exercer a súa actividade vinculada á silvicultura (Clasificación nacional de actividades económicas –CNAE– subgrupo A02: Silvicultura e explotación forestal, códigos 021 ou 024, ou obxecto social en que figure a dita vinculación; ou epígrafe do IAE), polo que xunto cos orzamentos se deberá presentar documentación xustificativa da CNAE ou do IAE ou do obxecto social de cada un dos provedores, para así poder xustificar a súa vinculación ligada á silvicultura.
- a.5) Nas zonas de monte ou terreo forestal, copia da adhesión aos modelos silvícolas, no caso de que non fose presentada con anterioridade ou non teña plan de xestión aprobado e inscrito no Rexistro de Montes Arborizados de Galicia. A adhesión será da totalidade do monte, non só da superficie obxecto de axuda.
- a.6) Declaración responsable da clasificación urbanística das parcelas para as que se solicita a axuda e localización nos planos do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de ditas parcelas. No caso dunha afección distinta da forestal (Camiño de Santiago, patrimonio, dominio público hidráulico, etc.), farase constar tamén nesta declaración responsable.
- b) Documentación específica :
- b.1) Para asociacións ou agrupacións formalmente constituídas inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia, presentarán debidamente asinado por todos e cada un dos compoñentes da agrupación o anexo II ou acordo de cesión. A asociación ou agrupación deberá estar inscrita no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia na data do remate do prazo da solicitude de axuda.
- b.2) Para proindiviso, de varas, fabeo, de vocerío, de voces, abertais e comunidade de bens, presentarán debidamente asinado por todos e cada un dos seus compoñentes o anexo III «Acordo de compromisos e obrigas» e deberán presentar a acreditación da persoa física que as representa.
- b.3) No caso de propietarios particulares de forma individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, documento descritivo das actuacións ou anexo V.
- c) Documentación complementaria :
- c.1) No caso de CMVMC: certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan que o presidente da CMVMC solicite axudas á consellería competente no medio rural para executar as accións obxecto da solicitude.
- c.2) No caso de cooperativas agrarias: copia dos estatutos e anexo VI debidamente cuberto.
- c.3) No caso doutras entidades xurídicas (asociacións, agrupacións, etc.): copia dos estatutos ou escrituras de constitución e acreditación da persoa física que as representa e anexo VI debidamente cuberto.
- c.4) No caso de propietarios particulares, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, do proindiviso (copropietarios), de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens que teñan parcelas inscritas no Rexistro da Propiedade, e unicamente para os efectos de desempate na puntuación da orde de prioridade, deberán presentar copia de documento que acredite as parcelas inscritas no Rexistro da Propiedade.
- d) Malia o indicado nos parágrafos anteriores, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos .
- A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.
- Comprobación de datos .
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
- a) DNI/NIE da persoa solicitante.
- b) NIF da entidade solicitante.
- c) DNI/NIE da persoa representante (de ser o caso).
- d) DNI/NIE da persoa cesionaria (de ser o caso).
- e) NIF da entidade cesionaria (de ser o caso).
- f) Estar ao día de pagamento coa Seguridade Social a persoa solicitante e, de ser o caso, a persoa cesionaria.
- g) Estar ao día de pagamento de obrigas tributarias (AEAT) a persoa solicitante e, de ser o caso, a persoa cesionaria.
- h) Estar ao día de pagamento coa Xunta de Galicia a persoa solicitante e, de ser o caso, a persoa cesionaria.
- i) Estar inhabilitada a persoa solicitante para obter subvencións públicas.
- j) Ter recibido a persoa solicitante axudas pola regra de minimis.
2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.
3. Nos supostos de imposibilidade material de obter algún dos anteriores documentos, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"