Guía de procedementos e servizos

MR604N

Autorización para aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Medio Rural

O 20 de maio publicouse o Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta norma modifica a tramitación dos aproveitamentos madeireiros e leñosos.

As principais novidades poden consultarse nesta guía rápida.

Tamén pode consultar estes videotitoriais sobre:

  • Tramitación xeral dos aproveitamentos forestais en montes privados (vídeo)
  • Novo asistente para a presentación (vídeo)

Procedemento para a presentación das solicitudes de autorización de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes de xestión privada, que se recollen na sección primeira do capítulo III do decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia, o modelo normalizado para a súa presentación figura como anexo III do dito decreto. Os supostos de autorización recóllense no primeiro punto do apartado requisitos desta guía.

As solicitudes de autorización presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Os aproveitamentos forestais de madeira e leña necesitan para a súa execución unha autorización ou unha declaración responsable, nos termos establecidos neste decreto. A autorización emitida será única no que atinxe ao ámbito competencial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Non requiren declaración responsable nin autorización administrativa:

a) As cortas de policía, os rareos e os demais tratamentos silvícolas sen aproveitamento comercial, que non teñen a consideración de aproveitamentos forestais para os efectos deste decreto.

b) Os aproveitamentos madeireiros que se realicen na zona de servidume do dominio público hidráulico.

c) Os aproveitamentos forestais en terreos que non teñan a consideración de monte, se prexuízo da excepción prevista para os terreos de especial protección na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

*A onde acudir:

No caso de dúbidas sobre a presentación do procedemento poderá solicitar información no Servizo do 012:

teléfono:

Desde Galicia: 012 - 981 900 643

Desde fóra de Galicia: 981 900 643

Desde o estranxeiro: 00 34 981 900 643

Correo electrónico:

012@xunta.gal

Outra información sobre o estado de tramitación do procedemento:

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Subdirección Xeral de Recursos Forestais

Avda. San Lázaro, s/n

15703 Santiago de Compostela

Teléfonos: 981546112 / 981-546129 / Fax: 981546101

Servizo de Montes da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

servizo.montes.coruna@xunta.gal

Tlf.: 981184656

Servizo de Montes de Lugo

Ronda da Muralla, 70 - 27071 Lugo

montes.lugo@xunta.gal

Tlf.: 982294469/ 982889223 

Servizo de Montes de Ourense

Villaamil y Castro, s/n - 32071 Ourense

montes.medio-rural.ourense@xunta.gal

Tlf.: 988386701

Servizo de Montes de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43-2º - 36071 Pontevedra

servizo.montes.pontevedra@xunta.gal

Tlf.: 986805476

Distritos forestais:

DISTRITO FORESTAL I-FERROL

Praza Camilo José Cela, s/n 15403 FERROL

Teléfono: 981337341 Fax: 981337346

DISTRITO FORESTAL II-BERGANTIÑOS-AS MARIÑAS CORUÑESAS

O Carregal, s/n 15300 BETANZOS

Teléfono: 981775870 Fax: 981774389

Tras da Igrexa, s/n

15680 CARBALLO

Teléfono: 981755190 Fax: 981755190

DISTRITO FORESTAL III-SANTIAGO-MESETA INTERIOR

Rúa Nova, 41-2º 15680 ORDES

Teléfono: 981688470 Fax: 981681798

Avda. de Santiago, 24 15810 ARZÚA

Teléfono: 981500868 Fax: 981500868

DISTRITO FORESTAL IV-BARBANZA

Rúa Pintor Xenaro Carrero, 15 15200 NOIA

Teléfono: 981824079 Fax: 981824079

DISTRITO FORESTAL V-FISTERRA

Codeseiras, 11

15129 VIMIANZO

Teléfono: 981707470 Fax: 981716041

DISTRITO FORESTAL VI-A MARIÑA LUCENSE

Avda. Ramón Canosa, s/n 27850 LODEIRO-VIVEIRO

Teléfono: 982561018 Fax: 982561018

Rúa Pardo de Cela, 22 27740 MONDOÑEDO

Teléfono: 982507409 Fax: 982507409

DISTRITO FORESTAL VII-A FONSAGRADA-OS ANCARES

Rúa Ano Vello, s/n, entrechán 27640 BECERREÁ

Teléfono: 982360713 Fax: 982369029

Lugar Os Chaos, s/n 27100 A FONSAGRADA

Teléfono: 982340474 Fax: 982340474

DISTRITO FORESTAL VIII-TERRA DE LEMOS

Estrada Castro Caldelas, s/n 27400 MONFORTE DE LEMOS

Teléfono: 982889119 Fax: 982889125

Rúa do Rego, 3 27600 CHANTADA

Teléfono: 982440124 Fax: 982454108

DISTRITO FORESTAL IX-LUGO-SARRIA

Rúa Benigno Rivera, 62, baixo (Polígono do Ceao) 27003 LUGO

Teléfono: 982209527 Fax: 982207137

Rúa Vázquez Queipo, 25 27600 CHANTADA

Teléfono: 982533313 Fax: 982533313

DISTRITO FORESTAL X-A TERRA CHÁ

Rúa Poetisa Carmiña Prieto Rouco, s/n 27800 VILALBA

Teléfono: 982523440 Fax: 982523441

Praza do Concello, s/n 27420 MEIRA

Teléfono: 982330534 Fax: 982330534

DISTRITO FORESTAL XI-RIBEIRO-ARENTEIRO

Estrada O Carballiño-Cea (OU-204), km 4 O CARBALLIÑO

Teléfono: 988274436 Fax: 988530213

DISTRITO FORESTAL XII-MIÑO-ARNOIA

Avda. da Habana, 79-5º 32004 OURENSE

Teléfono: 988237896 Fax: 988269105

Rúa Fonte dos Canos, 6 32700 MACEDA

Teléfono: 988237896 Fax: 988463365

DISTRITO FORESTAL XIII-VALDEORRAS-TRIVES

Casa Grande de Viloira

32300 O BARCO DE VALDEORRAS Teléfono: 988325144 Fax: 988326495

Avda. Ourense, 36

32760 CASTRO CALDELAS

Teléfono: 988203523 Fax: 988203523

DISTRITO FORESTAL XIV-VERÍN-VIANA

Rúa Rosalía de Castro, 63-1º 32600 VERÍN

Teléfono: 988411451 Fax: 988590407

Rúa Beato Aparicio, s/n 32540 A GUDIÑA

Teléfono: 988594010 Fax: 988594008

DISTRITO FORESTAL XV-A LIMIA

Rúa Prolongación Irmáns Martínez, 4-6 32840 BANDE

Teléfono: 988444419 Fax: 988444489

Rúa Vicente Risco, 9-1º 32630 XINZO DE LIMIA

Teléfono: 988462488 Fax: 988462488

DISTRITO FORESTAL XVI-DEZA-TABEIRÓS

Polígono 2000 (Edificio Expodeza), 2ª 36500 LALÍN

Teléfono: 986794494 Fax: 986794495

DISTRITO FORESTAL XVII-O CONDADO-A PARADANTA

Rúa Paseo Matutino, 35-1º A/B 36860 PONTEAREAS

Teléfono: 986644120 Fax: 986644030

DISTRITO FORESTAL XVIII-VIGO-BAIXO MIÑO

Rúa Riveira, s/n Edif. Multiusos de Torneiros 36400 O PORRIÑO

Teléfono: 986344620 Fax: 986335455

Paseo A Xunqueira, 15-1ºB 36800 REDONDELA

Teléfono: 986402723 Fax: 986402723

DISTRITO FORESTAL XIX-CALDAS-O SALNÉS

Centro de Apoio Cabanas, s/n 36143 SALCEDO

Teléfono: 986868538 Fax: 986868594

Praza Ravella, 13-5º

36600 VILAGARCÍA DE AROUSA

Teléfono: 986505778 Fax: 986505778

Persoas físicas ou xurídicas de dereito privado que xestionen aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de natureza privada situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Rúa de Vivente Ferrer, nº 2 - 7º andar

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184501

Email: mediorural.co@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294469/ 982889223 

Email: xefeterritorial.cmr.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Rúa de Florentino L. Cuevillas, nº 4-6 baixo

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386702/ 988386701

Email: mediorural.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, nº 43 - 2º -

32071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805409

Email: xefaturaterritorial.mrpo@xunta.gaL

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

O 20 de maio publicouse o Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta norma modifica a tramitación dos aproveitamentos madeireiros e leñosos.

As principais novidades poden consultarse nesta guía rápida.

Tamén pode consultar estes videotitoriais sobre:

  • Tramitación xeral dos aproveitamentos forestais en montes privados (vídeo)
  • Novo asistente para a presentación (vídeo)

Prazo de presentación: ABERTO

Este decreto entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

1. As persoas titulares de montes ou terreos forestais de natureza privada xestionados por persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, cando estes montes ou terreos forestais non dispoñan de instrumento de ordenación ou xestión forestal aprobado pola administración competente ou, dispoñendo deste instrumento, pretendan realizar aproveitamentos que non se axusten ao disposto nel, terán que solicitar autorización, empregando para iso o formulario normalizado do anexo III (MR604N), para a realización de aproveitamentos madeireiros e leñosos cando se dea algún dos seguintes supostos:

a) Segundo o disposto no artigo 28, cando os montes ou terreos forestais estean poboados con especies do anexo I nunha proporción de pés significativa ou se atopen en franxas de uso exclusivo para efectos da aplicación do anexo II da Lei 7/2012.

b) Cando os montes ou terreos forestais formen parte de espazos suxeitos a algún réxime de protección ou estean afectados por algunha lexislación de protección do dominio público, agás nos supostos establecidos no artigo 29.

c) Cando a consellería competente en materia de sanidade vexetal declare a existencia dunha praga ou enfermidade forestal segundo o disposto no artigo 33 e obrigue á presentación da dita solicitude para unha determinada especie ou especies forestais nas diferentes zonas das áreas afectadas, en virtude do disposto na Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal.

d) Cando a superficie do aproveitamento madeireiro e leñoso sexa superior a 1 hectárea para masas con especie principal incluída no anexo I e ás 15 hectáreas para as demais masas, isto é, os aproveitamentos que precisen a presentación dun plan de cortas segundo o previsto na disposición transitoria segunda deste decreto.

2. Exceptúanse da necesidade de autorización os supostos recollidos no artigo 24 que regula a declaración responsable. Se a persoa interesada prefire acollerse ao procedemento de autorización nos supostos de declaración responsable, nomeadamente nos aproveitamentos da alínea b) do número anterior, poderá presentar unha solicitude de autorización que se tramitará polo seu procedemento específico.

3. A persoa que conste na solicitude do aproveitamento como aquela que vai realizar o aproveitamento de madeira deberá estar dada de alta no Rexistro de Empresas Forestais de Galicia e ter realizada a pertinente comunicación anual no prazo legalmente estipulado (procedemento MR617E, segundo o anexo XIV do Decreto 50/2014).

4. A realización de calquera tipo de aproveitamento madeireiro ou leñoso implicará a extracción ou a trituración da biomasa forestal residual. No caso de optar pola extracción deberá garantirse a permanencia no monte dos restos forestais de menor tamaño nunha porcentaxe do 50% sobre o total a extraer.

A obriga anterior poderá ser excepcionada, previa autorización da administración forestal, cando concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Dificultades de mecanización xustificadas baseadas en pendentes superiores ao 30 por cento, ou elevada pedregosidade.

b) Condicións de pluviometría que supoñan risco de erosión ou grave compactamento do solo.

c) Motivos ambientais.

  • Solicitude de autorización segundo o Anexo III.

  • Aacreditación da representación, se for o caso.

  • Plan de cortas, cando proceda

  • Acordo previo da asemblea xeral da comunidade propietaria, ben por medio da copia da acta da asemblea ou ben por medio de certificación expedida polo secretario da comunidade. (No caso de montes veciñais en man común)

  • No caso de que a superficie dispoña dun instrumento de ordenación ou xestión forestal aprobado pola administración competente e se pretenda realizar aproveitamentos que non se axusten ao disposto nel, deberá xuntarse a xustificación da necesidade de realizar o aproveitamento.

  • As persoas interesadas poderán presentar outra documentación que consideren relevante en relación co aproveitamento

  • Documentación adicional para as autorizacións sectoriais (acordos de colaboración con organismos de bacía):

  • reportaxe fotográfica da zona do aproveitamento. Esta documentación é opcional.

  • Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas agás no caso de que as persoas interesadas se opoñan, neste caso deberán chegar unha copia dos seguintes documentos.

    • DNI/NIE da persoa declarante.

    • NIF da entidade declarante.

    • DNI/NIE da persoa representante.

    • NIF da persoa representante.

 

DESPOIS DA PRESENTACIÓN

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo para a execución dos aproveitamentos

A persoa titular ou empresa que leve a cabo o aproveitamento ten un prazo máximo de doce meses para a execución dun aproveitamento madeireiro ou leñoso. O prazo contarase desde a data a data da notificación da autorización ou, de ser o caso, desde a data en que se produza o silencio administrativo estimatorio.

Prórroga

Cando se demore a execución dun aproveitamento por causas xustificadas, o prazo para a súa realización poderá ser prorrogado pola correspondente xefatura territorial da consellería competente en materia de montes. A prórroga será por un único prazo, que en ningún caso superará o inicialmente concedido.

A solicitude da prórroga deberá presentarse a máis tardar dous meses antes da finalización do prazo inicial, empregando para elo o formulario recollido no anexo XII (MR604L) do decreto.

Comunicación final ao remate do aproveitamento

No caso de aproveitamentos madeireiros cuxos produtos sexan obxecto de comercialización a variación do volume ou peso do aproveitamento madeireiro por especie finalmente aproveitado deberá ser comunicada, no formulario normalizado recollido no anexo IV (MR604C) do decreto, cando supere o 15 por cento do previamente declarado.

Entenderase que a contía realmente obtida pola persoa titular do aproveitamento é inferior ao 15% se transcorrido o prazo establecido para a comunicación esta non se producise, baixo a responsabilidade do titular do aproveitamento.

A comunicación prevista neste artigo dirixirase á correspondente xefatura territorial da consellería competente en materia de montes no prazo máximo dun mes a contar desde a data máxima concedida para a execución do aproveitamento.

Rexeneración despois do aproveitamento

Unha vez executado o aproveitamento, en casos de corta final a persoa propietaria do predio deberá realizar as actuacións necesarias encamiñadas á rexeneración, natural ou artificial, da superficie afectada.

Para elo a persoa responsable procederá á renovación da masa arborada nun período de tempo non superior a dous anos contados desde a data en que finalice a execución do aproveitamento

A rexeneración da especie ou especies que formaban a masa principal obxecto do aproveitamento, permitirase respectando as distancias e franxas de uso exclusivo para as especies de frondosas do anexo I deste decreto.

O 20 de maio publicouse o Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta norma modifica a tramitación dos aproveitamentos madeireiros e leñosos.

As principais novidades poden consultarse nesta guía rápida.

Tamén pode consultar estes videotitoriais sobre:

  • Tramitación xeral dos aproveitamentos forestais en montes privados (vídeo)
  • Novo asistente para a presentación (vídeo)

Prazo de resolución:

Dos meses

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012).

    • Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (DOG nº 74 do 17 de abril de 2007).

    • Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 97 do 20 de maio de 2020).

    • Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (DOG nº 86 do 7 de maio de 2014).

Outros procedementos relacionados

MR601A

Permisos para a realización de queimas.

Aberto todo o ano

MR604C

Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.

Aberto todo o ano

MR604D

Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR604E

Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano