Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR604M
Comunicación final de aproveitamentos de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Procedemento para a presentación da comunicación final ao remate de cada campaña anual de aproveitamentos de resina en montes de xestión privada, que se regulan nos artigos 58 a 60 do capítulo VII do Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia, o modelo normalizado para a súa presentación figura como anexo XI do dito decreto.
As comunicacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude, declaración ou comunicación presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
O período hábil para a realización dos aproveitamentos forestais de resina comprende os meses de xaneiro a novembro. A cantidade final de produto obtido en cada aproveitamento será comunicada á administración forestal a máis tardar no mes de decembro do ano do aproveitamento.
* Onde acudir: no caso de dúbidas sobre a presentación do procedemento poderá solicitar información no Servizo do 012.
Teléfonos:
Desde Galicia: 012 - 981 900 643
Desde fóra de Galicia: 981 900 643
Desde o estranxeiro: 00 34 981 900 643
Correo electrónico: 012@xunta.gal
No caso de dúbidas sobre o estado de tramitación do procedemento poderá solicitar información nas unidades da consellería do Medio Rural que aparecen no apartado “onde acudir” desta guía.
Outra información sobre o estado de tramitación do procedemento:
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Subdirección Xeral de Recursos Forestais
Avda. San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela
Teléfonos: 981546112 / 981-546129 / Fax: 981546101
Servizo de Montes da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña
servizo.montes.coruna@xunta.gal
Tlf.: 981184656
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, 70 - 27071 Lugo
montes.lugo@xunta.gal
Tlf.: 982294469/ 982889223
Servizo de Montes de Ourense
Villaamil y Castro, s/n - 32071 Ourense
montes.medio-rural.ourense@xunta.gal
Tlf.: 988386701
Servizo de Montes de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, 43-2º - 36071 Pontevedra
servizo.montes.pontevedra@xunta.gal
Tlf.: 986805476
Distritos forestais:
DISTRITO FORESTAL I-FERROL
Praza Camilo José Cela, s/n 15403 FERROL
Teléfono: 981337341 Fax: 981337346
DISTRITO FORESTAL II-BERGANTIÑOS-AS MARIÑAS CORUÑESAS
O Carregal, s/n 15300 BETANZOS
Teléfono: 981775870 Fax: 981774389
Tras da Igrexa, s/n
15680 CARBALLO
Teléfono: 981755190 Fax: 981755190
DISTRITO FORESTAL III-SANTIAGO-MESETA INTERIOR
Rúa Nova, 41-2º 15680 ORDES
Teléfono: 981688470 Fax: 981681798
Avda. de Santiago, 24 15810 ARZÚA
Teléfono: 981500868 Fax: 981500868
DISTRITO FORESTAL IV-BARBANZA
Rúa Pintor Xenaro Carrero, 15 15200 NOIA
Teléfono: 981824079 Fax: 981824079
DISTRITO FORESTAL V-FISTERRA
Codeseiras, 11
15129 VIMIANZO
Teléfono: 981707470 Fax: 981716041
DISTRITO FORESTAL VI-A MARIÑA LUCENSE
Avda. Ramón Canosa, s/n 27850 LODEIRO-VIVEIRO
Teléfono: 982561018 Fax: 982561018
Rúa Pardo de Cela, 22 27740 MONDOÑEDO
Teléfono: 982507409 Fax: 982507409
DISTRITO FORESTAL VII-A FONSAGRADA-OS ANCARES
Rúa Ano Vello, s/n, entrechán 27640 BECERREÁ
Teléfono: 982360713 Fax: 982369029
Lugar Os Chaos, s/n 27100 A FONSAGRADA
Teléfono: 982340474 Fax: 982340474
DISTRITO FORESTAL VIII-TERRA DE LEMOS
Estrada Castro Caldelas, s/n 27400 MONFORTE DE LEMOS
Teléfono: 982889119 Fax: 982889125
Rúa do Rego, 3 27600 CHANTADA
Teléfono: 982440124 Fax: 982454108
DISTRITO FORESTAL IX-LUGO-SARRIA
Rúa Benigno Rivera, 62, baixo (Polígono do Ceao) 27003 LUGO
Teléfono: 982209527 Fax: 982207137
Rúa Vázquez Queipo, 25 27600 CHANTADA
Teléfono: 982533313 Fax: 982533313
DISTRITO FORESTAL X-A TERRA CHÁ
Rúa Poetisa Carmiña Prieto Rouco, s/n 27800 VILALBA
Teléfono: 982523440 Fax: 982523441
Praza do Concello, s/n 27420 MEIRA
Teléfono: 982330534 Fax: 982330534
DISTRITO FORESTAL XI-RIBEIRO-ARENTEIRO
Estrada O Carballiño-Cea (OU-204), km 4 O CARBALLIÑO
Teléfono: 988274436 Fax: 988530213
DISTRITO FORESTAL XII-MIÑO-ARNOIA
Avda. da Habana, 79-5º 32004 OURENSE
Teléfono: 988237896 Fax: 988269105
Rúa Fonte dos Canos, 6 32700 MACEDA
Teléfono: 988237896 Fax: 988463365
DISTRITO FORESTAL XIII-VALDEORRAS-TRIVES
Casa Grande de Viloira
32300 O BARCO DE VALDEORRAS Teléfono: 988325144 Fax: 988326495
Avda. Ourense, 36
32760 CASTRO CALDELAS
Teléfono: 988203523 Fax: 988203523
DISTRITO FORESTAL XIV-VERÍN-VIANA
Rúa Rosalía de Castro, 63-1º 32600 VERÍN
Teléfono: 988411451 Fax: 988590407
Rúa Beato Aparicio, s/n 32540 A GUDIÑA
Teléfono: 988594010 Fax: 988594008
DISTRITO FORESTAL XV-A LIMIA
Rúa Prolongación Irmáns Martínez, 4-6 32840 BANDE
Teléfono: 988444419 Fax: 988444489
Rúa Vicente Risco, 9-1º 32630 XINZO DE LIMIA
Teléfono: 988462488 Fax: 988462488
DISTRITO FORESTAL XVI-DEZA-TABEIRÓS
Polígono 2000 (Edificio Expodeza), 2ª 36500 LALÍN
Teléfono: 986794494 Fax: 986794495
DISTRITO FORESTAL XVII-O CONDADO-A PARADANTA
Rúa Paseo Matutino, 35-1º A/B 36860 PONTEAREAS
Teléfono: 986644120 Fax: 986644030
DISTRITO FORESTAL XVIII-VIGO-BAIXO MIÑO
Rúa Riveira, s/n Edif. Multiusos de Torneiros 36400 O PORRIÑO
Teléfono: 986344620 Fax: 986335455
Paseo A Xunqueira, 15-1ºB 36800 REDONDELA
Teléfono: 986402723 Fax: 986402723
DISTRITO FORESTAL XIX-CALDAS-O SALNÉS
Centro de Apoio Cabanas, s/n 36143 SALCEDO
Teléfono: 986868538 Fax: 986868594
Praza Ravella, 13-5º
36600 VILAGARCÍA DE AROUSA
Teléfono: 986505778 Fax: 986505778
Persoas físicas ou xurídicas de dereito privado que xestionen aproveitamentos de resina en montes ou terreos forestais de natureza privada situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Subdirección Xeral de Recursos Forestais
* Consultar o apartado obxecto.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Rúa de Vicente Ferrer, nº 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184501
Email: mediorural.co@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071
Teléfono: 982294469/ 982889223
Email: xefeterritorial.cmr.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Rúa de Florentino L. Cuevillas, nº 4-6 baixo
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386455
Email: mediorural.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, nº 43 - 2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805409
Email: xefaturaterritorial.mrpo@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Este decreto entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Requisitos xerais dos aproveitamentos de resina
1. Poderán realizarse aproveitamentos de resina en montes ou terreos forestais de xestión privada que estean poboados con piñeiros das especies Pinus pinaster Ait., Pinus radiata D. Don e Pinus nigra Arnold.
2. Os aproveitamentos de resina realizaranse de acordo co disposto na Lei 7/2012 e coa normativa que os desenvolva. Sen prexuízo doutras obrigas derivadas da normativa concorrente na materia, procurarase como obxectivo final ademais do propio aproveitamento, a redución ao mínimo posible dos danos sobre os pés resinados, e o mantemento da saúde e vitalidade das masas forestais obxecto do aproveitamento de resina. Con carácter xeral, as masas que se vaian resinar terán un diámetro normal medio igual ou maior de 25 cm; poderase solicitar autorización xustificando a resinación de masas cun valor inferior.
3. O período hábil para a realización dos aproveitamentos forestais de resina comprende os meses de xaneiro a novembro. As solicitudes de autorización e declaracións responsables para un ano natural poderán cursarse desde o 1 de setembro do ano anterior ata o 31 de marzo do mesmo ano, entendéndose denegadas as presentadas fóra dese prazo.
4. A persoa que conste na solicitude do aproveitamento como aquela que vai realizar o aproveitamento resineiro deberá estar dada de alta no Rexistro de Empresas do Sector Forestal de Galicia e ter realizada a pertinente comunicación anual no prazo legalmente estipulado.
5. A cantidade final de produto obtido en cada aproveitamento será comunicada á Administración forestal como máis tarde no mes de decembro do ano do aproveitamento, a través do formulario normalizado recollido no anexo XI (MR604M), achegando a documentación acreditativa da representación, de ser o caso. A persoa interesada poderá achegar outra documentación que considere relevante en relación co aproveitamento.
1. As comunicacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude, declaración ou comunicación presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
2. Para a presentación das comunicacións empregaranse os correspondentes formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que se axustarán aos modelos recollidos nos anexos deste decreto, e poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. As comunicacións reguladas neste decreto dirixiranse á persoa titular da xefatura territorial correspondente. A tramitación dos procedementos regulados neste decreto corresponde á xefatura territorial da consellería competente en materia de montes en cuxo ámbito se sitúe o monte ou terreo forestal en que se vaia realizar o aproveitamento obxecto da solicitude, declaración ou comunicación, ou a maior superficie daquel, no caso de estar situado no ámbito de máis dunha xefatura territorial.
Declaración responsable segundo o Anexo XI.
Acreditación da representación, se for o caso.
Outra documentación que a persoa interesada considere relevante en relación co aproveitamento.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación dos procedementos regulados neste decreto consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos:
a) DNI/NIE da persoa solicitante, declarante ou comunicante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante, declarante ou comunicante.
d) NIF da entidade representante.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deben realizar durante a tramitación destes procedementos deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo para a execución dos aproveitamentos
A persoa titular ou empresa que leve a cabo o aproveitamento disporá para a súa execución dos meses de xaneiro a novembro. O prazo contarase desde a data en que a declaración responsable tivo entrada no rexistro electrónico xeral da Xunta de Galicia.
Comunicación final ao remate do aproveitamento
A cantidade final de produto obtido en cada aproveitamento será comunicada á administración forestal a máis tardar no mes de decembro do ano do aproveitamento, a través do formulario normalizado recollido no anexo XI (MR604M)
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo XI)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012).
-
Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (DOG nº 74 do 17 de abril de 2007).
-
Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 97 do 20 de maio de 2020).
-
Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (DOG nº 86 do 7 de maio de 2014).
-
Outros procedementos relacionados
Permisos para a realización de queimas.
Aberto todo o ano
Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.
Aberto todo o ano
Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano
Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano