Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR604H - Declaración responsable para aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.
O 20 de maio publicouse o Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta norma modifica a tramitación dos aproveitamentos madeireiros e leñosos.
As principais novidades poden consultarse nesta guía rápida.
Esta orde ten por obxecto a aprobación do modelo normalizado de declaracións responsables de aproveitamentos madeireiros en montes de xestión privada, que se recollen como anexo II, que vén a modificar e substituír ao actual anexo II do Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal.
* Onde acudir:
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
SECRETARÍA XERAL DO MEDIO RURAL E MONTES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS FORESTAIS
Avda. San Lázaro, s/n
15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfonos: 981546112 / 981546128 Fax: 981546101
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
SERVIZO DE MONTES
R/ Vicente Ferrer, 2
15008
A CORUÑA
Teléfono: 981184575 Fax: 981184672
DISTRITO FORESTAL I-FERROL
Praza Camilo José Cela, s/n
15403 FERROL
Teléfono: 981337341 Fax: 981337346
DISTRITO FORESTAL II-BERGANTIÑOS-AS MARIÑAS CORUÑESAS
O Carregal, s/n
15300 BETANZOS
Teléfono: 981775870 Fax: 981774389
Tras da Igrexa, s/n
15680 CARBALLO
Teléfono: 981755190 Fax: 981755190
DISTRITO FORESTAL III-SANTIAGO-MESETA INTERIOR
Rúa Nova, 41-2º
15680 ORDES
Teléfono: 981688470 Fax: 981681798
Avda. de Santiago, 24
15810 ARZÚA
Teléfono: 981500868 Fax: 981500868
DISTRITO FORESTAL IV-BARBANZA
Rúa Pintor Xenaro Carrero, 15
15200 NOIA
Teléfono: 981824079 Fax: 981824079
DISTRITO FORESTAL V-FISTERRA
Codeseiras, 11
15129 VIMIANZO
Teléfono: 981707470 Fax: 981716041
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO
SERVIZO DE MONTES
Ronda da Muralla, 70
27071
LUGO
Teléfono: 982294531 Fax: 982294874
DISTRITO FORESTAL VI-A MARIÑA LUCENSE
Avda. Ramón Canosa, s/n
27850 LODEIRO-VIVEIRO
Teléfono: 982561018 Fax: 982561018
Rúa Pardo de Cela, 22
27740 MONDOÑEDO
Teléfono: 982507409 Fax: 982507409
DISTRITO FORESTAL VII-A FONSAGRADA-OS ANCARES
Rúa Ano Vello, s/n, entrechán
27640 BECERREÁ
Teléfono: 982360713 Fax: 982369029
Lugar Os Chaos, s/n
27100 A FONSAGRADA
Teléfono: 982340474 Fax: 982340474
DISTRITO FORESTAL VIII-TERRA DE LEMOS
Estrada Castro Caldelas, s/n
27400 MONFORTE DE LEMOS
Teléfono: 982889119 Fax: 982889125
Rúa do Rego, 3
27600 CHANTADA
Teléfono: 982440124 Fax: 982454108
DISTRITO FORESTAL IX-LUGO-SARRIA
Rúa Benigno Rivera, 62, baixo (Polígono do Ceao)
27003 LUGO
Teléfono: 982209527 Fax: 982207137
Rúa Vázquez Queipo, 25
27600 CHANTADA
Teléfono: 982533313 Fax: 982533313
DISTRITO FORESTAL X-A TERRA CHÁ
Rúa Poetisa Carmiña Prieto Rouco, s/n
27800 VILALBA
Teléfono: 982523440 Fax: 982523441
Praza do Concello, s/n
27420 MEIRA
Teléfono: 982330534 Fax: 982330534
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE
SERVIZO DE MONTES
Avda. da Habana, 79-3º
32004
OURENSE
Teléfono: 988386695 Fax: 988386697
DISTRITO FORESTAL XI-RIBEIRO-ARENTEIRO
Estrada O Carballiño-Cea (OU-204), km 4
O CARBALLIÑO
Teléfono: 988274436 Fax: 988530213
DISTRITO FORESTAL XII-MIÑO-ARNOIA
Avda. da Habana, 79-5º
32004 OURENSE
Teléfono: 988237896 Fax: 988269105
Rúa Fonte dos Canos, 6
32700 MACEDA
Teléfono: 988237896 Fax: 988463365
DISTRITO FORESTAL XIII-VALDEORRAS-TRIVES
Casa Grande de Viloira
32300 O BARCO DE VALDEORRAS
Teléfono: 988325144 Fax: 988326495
Avda. Ourense, 36
32760 CASTRO CALDELAS
Teléfono: 988203523 Fax: 988203523
DISTRITO FORESTAL XIV-VERÍN-VIANA
Rúa Rosalía de Castro, 63-1º
32600 VERÍN
Teléfono: 988411451 Fax: 988590407
Rúa Beato Aparicio, s/n
32540 A GUDIÑA
Teléfono: 988594010 Fax: 988594008
DISTRITO FORESTAL XV-A LIMIA
Rúa Prolongación Irmáns Martínez, 4-6
32840 BANDE
Teléfono: 988444419 Fax: 988444489
Rúa Vicente Risco, 9-1º
32630 XINZO DE LIMIA
Teléfono: 988462488 Fax: 988462488
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA
SERVIZO DE MONTES
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003
PONTEVEDRA
Teléfono: 986805411 Fax: 986805478
DISTRITO FORESTAL XVI-DEZA-TABEIRÓS
Polígono 2000 (Edificio Expodeza), 2ª
36500 LALÍN
Teléfono: 986794494 Fax: 986794495
DISTRITO FORESTAL XVII-O CONDADO-A PARADANTA
Rúa Paseo Matutino, 35-1º A/B
36860 PONTEAREAS
Teléfono: 986644120 Fax: 986644030
DISTRITO FORESTAL XVIII-VIGO-BAIXO MIÑO
Rúa Riveira, s/n Edif. Multiusos de Torneiros
36400 O PORRIÑO
Teléfono: 986344620 Fax: 986335455
Paseo A Xunqueira, 15-1ºB
36800 REDONDELA
Teléfono: 986402723 Fax: 986402723
DISTRITO FORESTAL XIX-CALDAS-O SALNÉS
Centro de Apoio Cabanas, s/n
36143 SALCEDO
Teléfono: 986868538 Fax: 986868594
Praza Ravella, 13-5º
36600 VILAGARCÍA DE AROUSA
Teléfono: 986505778 Fax: 986505778
Persoas físicas ou xurídicas de dereito privado que xestionen aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de natureza privada situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
1. Nos montes ordenados, cando os aproveitamentos madeireiros e leñosos se fagan de acordo co instrumento de ordenación ou de xestión aprobado, non se precisará autorización e abondará a presentación dunha declaración responsable con carácter previo ao inicio dos traballos.
2. Fóra do caso previsto no punto anterior, os donos de predios poden realizar aproveitamentos madeireiros e leñosos de masas forestais poboadas das especies que non estean incluídas no anexo I e que non formen parte de espazos suxeitos a algún réxime de protección nin estean afectadas por algunha lexislación de protección do dominio público, así como executar cortas a feito, rareos con aproveitamento comercial ou entresacas, presentando con carácter previo ao seu inicio unha declaración responsable de que non concorren as circunstancias que fan precisa a autorización administrativa de acordo co establecido nesta orde.
En masas forestais que cumpran os requirimentos descritos no parágrafo anterior e inclúan pés maiores nunha proporción reducida de especies incluídas no anexo I, poderase admitir o seu aproveitamento cunha declaración responsable, segundo as condicións que se determinan nesta orde. Considerarase que existe unha proporción reducida de especies incluídas no anexo I cando a proporción de especies do anexo I non supere o 10 por cento do número de pés con respecto ao total do aproveitamento. Así mesmo, consideraranse pés maiores aqueles que presenten un diámetro normal igual ou superior a 7,5 centímetros.
3. Nos terreos que formen parte de espazos suxeitos a algún réxime de protección ou estean afectados por algunha lexislación de protección do dominio público, cando se aprobasen mediante orde das consellarías competentes pregos coas condicións sectoriais a que deberán suxeitarse os aproveitamentos madeireiros das especies contidas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a declaración responsable do cumprimento dos requisitos contidos nos devanditos pregos substituirá a solicitude de autorización do aproveitamento. Non obstante, exixirase autorización cando a corta afecte á especie piñeiro silvestre (Pinus sylvestris).
4. Quedan de igual forma suxeitos unicamente á obriga de declaración responsable previa ao seu inicio:
a) Os aproveitamentos madeireiros e leñosos para uso doméstico.
b) Os aproveitamentos madeireiros e leñosos en zonas afectadas por unha expropiación.
c) As cortas de arboredo que sexan de obrigada execución de acordo co establecido na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e as que se realicen para a obrigada adaptación ás distancias mínimas sinaladas no anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
d) As cortas de arboredo que sexan obrigatorias cando a consellaría competente en materia de montes declare a existencia dunha praga ou enfermidade forestal, delimite a zona afectada e dite as medidas e tratamentos fitosanitarios para o control e a loita contra a praga.
e) As cortas de arboredo implícitas nas autorizacións outorgadas pola Administración forestal con motivo da autorización dun cambio de actividade forestal a agrícola dos terreos, de conformidade co establecido no artigo 60 da Lei 7/2012, do 28 de xuño.
5. Cando os aproveitamentos requiran unicamente a presentación de declaración responsable segundo o establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, non se requirirá a solicitude de informes previos sectoriais, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrese a persoa declarante polo incumprimento das condicións contidas na declaración.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Subdirección Xeral de Recursos Forestais
*Consultar o apartado obxecto.
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 97 do 20 de maio de 2020).
Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012).
Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (DOG nº 86 do 7 de maio de 2014).
Orde do 20 de abril de 2018 pola que se modifican os anexos II, III e VI do Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, e se regulan os procedementos de autorización, declaración responsable e comunicación final de aproveitamentos madeireiros (DOG nº 81 do 26 de abril de 2018).
Orde do 25 de marzo de 2020, conxunta da Consellería do Medio Rural, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se aproban os pregos de condicións aos cales se deberán suxeitar os aproveitamentos madeireiros das especies recollidas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, en terreos suxeitos a algún réxime de protección ou afectados pola lexislación de protección do dominio público. (DOG nº 64 do 1 de abril de 2020).
O 20 de maio publicouse o Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta norma modifica a tramitación dos aproveitamentos madeireiros e leñosos.
As principais novidades poden consultarse nesta guía rápida.
Prazo de presentación: PECHADO
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
-
Declaración responsable segundo o Anexo II.
-
DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA OU XA PRESENTADA CON ANTERIORIDADE (neste último caso presumirase que a consulta é autorizada).
-
Acreditación da representación .
-
Acordo previo da asemblea xeral da comunidade propietaria, ben por medio da copia da acta da asemblea ou ben por medio de certificación expedida polo secretario da comunidade.
-
Se o motivo se refire a aproveitamentos madeireiros e leñosos en zonas afectadas por expropiación, deberase xuntar planimetría suficiente onde se sinale o obxecto de actuación.
-
Declaración de impacto ambiental favorable (se procede).
-
-
DOCUMENTACIÓN ADICIONAL PARA AS AUTORIZACIÓNS SECTORIAIS.
-
Plano catastral no que se delimite aproximadamente a zona de corta (Confederacións Hidrográficas).
-
Reportaxe fotográfica da zona do aproveitamento (Confederacións Hidrográficas).
-
Outra documentación (especificar).
-
-
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán chegar unha copia dos documentos.
-
DNI/NIE da persoa declarante.
-
NIF da entidade declarante.
-
DNI/NIE da persoa representante.
-
NIF da persoa representante.
-
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
O 20 de maio publicouse o Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta norma modifica a tramitación dos aproveitamentos madeireiros e leñosos.
As principais novidades poden consultarse nesta guía rápida..
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Inscrición no Rexistro Público de terreos forestais de pastoreo.
Declaración responsable para aproveitamentos de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola administración.
Solicitude de prórroga para aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.