Guía de procedementos e servizos

MR553D

Préstamos de financiamento de capital circulante en explotacións de gando bovino.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 08/07/2022 00:00 - 08/08/2022 23:59

Consellería do Medio Rural

1. A presente orde ten por obxecto regular o procedemento para o recoñecemento do dereito a préstamos de financiamento de capital circulante en explotacións bovinas garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), con concesión da subsidiación dos tipos de xuro dos ditos préstamos (axudas de minimis) por parte da Consellería do Medio Rural (código de procedemento MR553D). Só serán obxecto de financiamento, nos termos establecidos nesta orde, as garantías e tipos de xuro dos préstamos que as persoas interesadas formalicen coas entidades financeiras adheridas, mediante a sinatura do correspondente convenio co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, ao Instrumento financeiro de xestión centralizada, e que asinasen un convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural para instrumentar os préstamos indicados.

2. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co artigo 49.4 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (DE) 1698/2005 do Consello, e co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2 establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.

As persoas solicitantes, físicas autónomas ou xurídicas, titulares de explotacións bovinas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540058

Email: sxaexplotacions.mediorural@xunta.gal

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Prazo de presentación: PECHADO

08/07/2022 00:00 - 08/08/2022 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

1. Explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, de acordo co Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

2. Ser peme.

3. De conformidade co establecido nos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter o recoñecemento ao dereito aos préstamos e a subsidiación dos xuros as persoas solicitantes nas cales concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Ter sido condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Teren solicitado a declaración de concurso, teren sido declaradas insolventes en calquera procedemento, atoparse declaradas en concurso, agás que neste adquirise eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou teren sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Teren dado lugar, por causa da cal fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.

d) Estaren incursos a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estaren ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarias destas axudas aquelas que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Teren a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estaren ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.

h) Seren sancionados mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante (se for o caso).

b) Balance e contas de resultados do último ano se son sociedades.

c) Anexo II autorización á SAECA para obter directamente por medios telemáticos a información que considere precisa para elaborar o informe de viabilidade crediticia, seguindo o modelo que figura como anexo II nesta orde.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

h) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.

i) Concesión de subvencións e axudas.

j) Concesións pola regra de minimis.

k) Nivel de renda (IRPF) da persoa solicitante.

l) Informe de vida laboral da empresa da persoa solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 23 de xuño de 2022 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento do dereito a préstamos de financiamento de capital circulante en explotacións de gando bovino garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e con subsidiación dos tipos de xuro (DOG nº 129 do 7 de xullo de 2022).

    • Extracto da Orde do 23 de xuño de 2022 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento do dereito a préstamos de financiamento de capital circulante en explotacións de gando bovino garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e con subsidiación dos tipos de xuro (DOG nº 129 do 7 de xullo de 2022).

    • Resolución do 23 de xaneiro de 2023, de recoñecemento do dereito a préstamos de financiamento de capital circulante en explotacións de gando bovino garantidos polo Instrumento Financieiro de Xestión Centralizada no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e con subsidiación dos tipos de xuro (DOG nº 27 do 8 de febreiro de 2023).

Outros procedementos relacionados

MR407D

Comunicación do emprego dun CUE comercial por parte dunha persoa titular de explotación agraria.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR443A

Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios. Convocatoria 2025.

Aberto todo o ano

MR520A

Rexistro galego de explotacións bovinas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR520B

Rexistro galego de explotacións ovinas e caprinas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano