Guía de procedementos e servizos

MR553C

Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 20/08/2022 00:00 - 30/11/2022 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. O obxecto desta orde é establecer a segunda convocatoria do ano 2022 para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio ou morte de animais, ou pola destrución de produtos, no marco de programas ou actuacións oficiais de vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades animais, e pola morte de animais no contexto das medidas de execución de actuacións sanitarias oficiais impostas pola autoridade competente, ou como consecuencia directa de tratamentos, manipulacións preventivas ou con fins de diagnóstico, así como nos demais supostos recollidos na Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal.

2. Esta orde regulará o procedemento de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, que está recollido na sede electrónica da Xunta de Galicia co código de procedemento MR553C.

Bases reguladoras

As bases reguladoras desta convocatoria son as que se recollen na Orde do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2022 (DOG núm. 10, do 17.1.2022).

1. Poderán optar ás indemnizacións previstas no artigo 1 as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares:

a) De animais que se sacrifiquen ou morran por resultaren reaccionantes ás probas diagnósticas de tuberculose, brucelose, leucose e lingua azul no gando vacún, ovino e cabrún, ou por teren convivido con animais enfermos e que sexan considerados sospeitosos polos veterinarios actuantes.

b) De animais e os seus produtos de calquera especie, sacrificados/mortos e /ou destruídos por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha das encefalopatías esponxiformes transmisibles.

c) De aves reprodutoras ou poñedoras da especie Gallus gallus e reprodutoras da especie Meleagris gallopavo, sacrificadas por orde da autoridade competente dentro dos programas nacionais de control de salmonela.

d) De aves sacrificadas/mortas por mor da declaración oficial dun foco de influenza aviaria, de enfermidade de Newcastle, ou doutra enfermidade das aves declarada oficialmente.

e) De porcos sacrificados/mortos por mor da declaración oficial dun foco de peste porcina clásica ou de peste porcina africana, ou doutras enfermidades porcinas declaradas oficialmente ou durante o desenvolvemento de medidas, probas ou controis ordenados pola autoridade competente.

f) De visóns americanos que se sacrifiquen/morran por resolución da autoridade competente en materia de sanidade animal, afectados por enfermidades distintas das sometidas a programas sanitarios oficiais.

g) De animais que morresen como consecuencia directa de actuacións, tratamentos e manipulacións preventivas ou con fins de diagnóstico e, en xeral, de animais que morran no contexto de medidas de execución de actuacións sanitarias oficiais impostas pola autoridade competente.

h) Os demais supostos recollidos na Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal, e na normativa estatal e da Unión Europea de desenvolvemento dos programas e das actuacións sanitarias de vixilancia, loita, control e erradicación de cada enfermidade.

2. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias das indemnizacións reguladas nesta orde, as persoas ou entidades que se atopen en calquera das circunstancias sinaladas no artigo 10, puntos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, puntos 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Así mesmo, será de obrigado cumprimento a apreciación recollida no artigo 14 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Gandaría da Coruña

R/ VICENTE FERRER, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184565

Fax: 981184653

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Gandaría de Lugo

RONDA DA MURALLA,70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294534

Fax: 982294425

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Gandaría de Ourense

R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386525

Fax: 988386524

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Gandaría de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43-2º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206569

Fax: 886206590

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Prazo de presentación: PECHADO

20/08/2022 00:00 - 30/11/2022 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes e, se é o caso, da correspondente documentación complementaria será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 30 de novembro de 2022, incluíndo ambas as dúas datas no cómputo do prazo.

1. Para os efectos de ter dereito ás indemnizacións reguladas nesta orde, as persoas titulares implicadas e as explotacións gandeiras afectadas:

a) Cumprirán e seranlles de aplicación os contidos da normativa en vigor, citada a continuación, que afecten directamente o correcto desenvolvemento dos programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais: sobre sanidade animal, identificación animal, movemento pecuario, benestar e alimentación animal, e a propia dos programas nacionais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais.

b) Terán a obriga de cumprir o contido do artigo 17 do Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais e, polo tanto, non se atoparán incursas en ningunha das circunstancias causantes da perda do dereito á indemnización previstas no artigo 17.2 do citado Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro.

c) As explotacións afectadas estarán correctamente rexistradas na Comunidade Autónoma de Galicia, en concreto, figurarán inscritas e con todos os seus datos actualizados no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega), establecido polo Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras, e no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) regulado no Decreto 200/2012, do 4 de outubro.

d) Será efectivo o sacrificio obrigatorio de todos os animais incluídos nas resolucións de sacrificio ou/e de baleiro sanitario que fosen emitidas pola autoridade competente.

2. Os servizos de gandaría provinciais da Consellería do Medio Rural, como órganos competentes para a tramitación do procedemento de concesión da indemnización, comprobarán o cumprimento dos requisitos descritos no número 1 anterior.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. A presentación electrónica será obrigatoria para: as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica (sociedades civís-SC, comunidades de bens-CB, etc.), as persoas físicas que sexan traballadoras autónomas, e as persoas representantes dunha das anteriores.

3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

4. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5. Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica (persoas físicas que non sexan traballadoras autónomas), opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación necesaria para a tramitación do procedemento, e segundo o caso de que se trate:

a) Xustificantes (certificado/informe) do sacrificio dos animais no matadoiro, se é o caso. No caso de animais enviados ao matadoiro coa autorización de traslado de animais ao matadoiro (tamén chamado documento Conduce), na cal o sacrificio é certificado polo veterinario oficial, non será necesario que a persoa interesada achegue o certificado/informe do sacrificio emitido polo matadoiro.

b) Xustificantes da morte ou eutanasia dos animais positivos/sospeitosos ou de baleiro sanitario, se é o caso: certificado veterinario oficial, informe do veterinario da explotación. No caso de que o documento sexa un acta de inspección emitida polos servizos veterinarios oficiais que comprobaron os feitos, non será necesario que a persoa interesada a achegue por estar xa en poder da Administración.

c) Documentos comerciais de acompañamento para o transporte de subprodutos animais non destinados ao consumo humano, se é o caso.

d) Documentos acreditativos da inscrición dos animais sacrificados de razas autóctonas nos libros xenealóxicos da raza, se é o caso: para os animais sacrificados que fosen dalgunha das razas autóctonas incluídas no Catálogo oficial de razas de gando de España, previsto no anexo I punto 1 do Real decreto 45/2019, do 8 de febreiro, polo que se establecen as normas zootécnicas aplicables aos animais reprodutores de raza pura, porcinos reprodutores híbridos e o seu material reprodutivo, se actualiza o Programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras e se modifican os reais decretos 558/2001, do 25 de maio; 1316/1992, do 30 de outubro; 1438/1992, do 27 de novembro; e 1625/2011, do 14 de novembro, a persoa solicitante deberá presentar un documento ou certificado emitido pola entidade xestora do libro xenealóxico da raza que acredite que, nunha data anterior á do seu sacrificio, eses animais se atopaban inscritos no correspondente libro xenealóxico, e para os efectos do recollido no anexo I, punto 3, alínea C), e no anexo II, punto 4, alínea C), do Real decreto 389/2011, do 18 de marzo, polo que se establecen os baremos de indemnización polo sacrificio de animais no marco dos programas nacionais de loita, control ou erradicación da tuberculose bovina, brucelose bovina, brucelose ovina e cabrúa, lingua azul e encefalopatías esponxiformes transmisibles.

e) Documento emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social que acredite que a persoa física non se atopa incluída no réxime especial de traballadores autónomos ou por conta propia, se é o caso: só para os casos en que o/a solicitante da indemnización sexa unha persoa física que non é traballadora autónoma e leve a cabo unha presentación presencial da solicitude.

f) Copias dos documentos de constitución da entidade e dos seus estatutos, se é o caso: para os casos en que o/a solicitante é unha persoa xurídica ou unha entidade sen personalidade xurídica (sociedade civil-SC, comunidade de bens-CB, etc.).

g) Documento acreditativo da representación, por calquera medio válido en dereito, se é o caso: un documento que deixe constancia fidedigna da existencia dela. O representante da persoa solicitante poderá ser unha persoa física con capacidade de obrar, ou unha persoa xurídica sempre que isto estea previsto nos seus estatutos.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. No caso de que morran animais da explotación afectada antes do seu traslado con destino ao matadoiro, sen que a persoa titular/responsable destes achegase aos servizos veterinarios oficiais a documentación xustificativa sinalada nas alíneas b) ou c) do punto 1 anterior, os mencionados animais non serán indemnizables aínda que estean incluídos na correspondente resolución de sacrificio ou de baleiro sanitario.

Lugar e forma de presentación da documentación complementaria

As persoas interesadas deberán cumprir o establecido nos artigos 14, 16 e 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e así mesmo ao abeiro do artigo 10.1.a) e c) da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas traballadoras autónomas (persoas físicas) e as persoas que as representen, para os trámites e as actuacións que realicen no exercicio da súa actividade profesional, estarán obrigadas a relacionarse a través dos medios electrónicos para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo no ámbito do sector público autonómico:

1. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

2. A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante, ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

f) Certificado de estar ao día nas obrigas e débedas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día nas obrigas e débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente (anexo I-código de procedemento MR553C) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica, tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 10 do 17 de xaneiro de 2022).

    • Extracto da Orde do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 10 do 17 de xaneiro de 2022).

    • Orde do 4 de agosto de 2022 pola que se realiza a segunda convocatoria do ano 2022 para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades (DOG nº 157 do 19 de agosto de 2022).

    • Extracto da Orde do 4 de agosto de 2022 pola que se realiza a segunda convocatoria do ano 2022 para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades (DOG nº 157 do 19 de agosto de 2022).

    • Corrección de erros. Orde do 4 de agosto de 2022 pola que se realiza a segunda convocatoria do ano 2022 para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades (DOG nº 181 do 22 de setembro de 2022).

Outros procedementos relacionados

MR200A

Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector subministrador de medios de defensa fitosanitaria.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR200B

Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de tratamentos fitosanitarios

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR200C

Rexistro Oficial de Produtores e peradores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de asesoramento fitosanitario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR200D

Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector usuarios profesionais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano