Guía de procedementos e servizos

MR520O

Rexistro nacional de lodos.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Medio Rural

A presente orde ten por obxecto establecer a tramitación na Comunidade Autónoma de Galicia de determinados procedementos de prazo aberto previstos en normativa estatal básica e habilitar a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A información que deben proporcionar as instalacións depuradoras de augas residuais urbanas e agroindustriais (EDAR), as instalacións de tratamento dos lodos de depuración e os xestores que realizan a aplicación nas explotacións agrícolas dos lodos de depuración tratados establécense na Orde AAA/1072/2013, de 7 de xuño, sobre utilización de lodos de depuración no sector agrario.

O modelo para a comunicación dos datos e información referidos no parágrafo anterior é o que consta no Anexo XXIX da presente orde co código de procedemento MR520O.

Titulares de estacións depuradoras de augas residuais e xestores que realicen a aplicación de lodos de depuración tratados.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

Servizo de Sanidade e Produción Vexetal

Rúa dos Irmandiños s/n-Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881997443

Fax: 881997442

Email: sspv.cmrmxunta.es

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Período de declaración : Ano 2018.
Remitir anualmente o Anexo pertinente, antes do 1 de marzo do ano seguinte.

  • Comunicación segundo o Anexo  XXIX.

  • Anexo A, debidamente cuberto: Información da estación depuradora de augas residuais (EDAR).

  • Anexo B, debidamente cuberto: información anual das aplicacións de lodos.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas opóñanse a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos:

  • NIF da entidade comunicante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 6 de setembro de 2018 pola que se regula a tramitación de procedementos de prazo aberto previstos en normativa estatal básica e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia (DOG nº 187 do 1 de outubro de 2018).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1310/1990, do 29 de outubro, polo que se regula a utilización dos lodos de depuración no sector agrario (BOE nº 262 do 1 de novembro de 1990).

    • Orde AAA/1072/2013, do 7 de xuño, sobre utilización de lamas de depuración no sector agrario (BOE nº 42, do 14 de xuño de 2013).

Outros procedementos relacionados

MR407D

Comunicación do emprego dun CUE comercial por parte dunha persoa titular de explotación agraria.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR443A

Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios. Convocatoria 2025.

Aberto todo o ano

MR520A

Rexistro galego de explotacións bovinas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR520B

Rexistro galego de explotacións ovinas e caprinas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano