Guía de procedementos e servizos

MR506C

Axudas para paliar as perdas de produción das explotacións apícolas afectadas polos grandes incendios forestais que se produciron en Galicia durante o ano 2022

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 27/05/2023 00:00 - 26/06/2023 23:59

Consellería do Medio Rural

Sobre o procedemento

A concesión de axudas para paliar as perdas de produción das explotacións apícolas afectadas polos grandes incendios forestais que se produciron en Galicia durante o ano 2022, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023.

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas físicas e xurídicas titulares de explotacións apícolas, con exclusión das administracións ou entidades do sector público e as explotacións de autoconsumo, segundo a capacidade produtiva que figura na base de datos oficial do rexistro de explotacións apícolas, que teñan asentamentos nos concellos afectados polos grandes incendios que se produciron en Galicia no ano 2022, e que se relacionan no anexo I.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Gandaría

Servizo de Producións Gandeiras e Benestar Animal

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15771  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881997672

Fax: 981545735

Email: prodgandeiras.sscc.cmrm@xunta.gal

https://mediorural.xunta.gal/gl

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Gandaría da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, nº2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184565

Fax: 981184653

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Gandaría de Lugo

Ronda da Muralla, n º 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294534

Fax: 982294425

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Gandaría de Ourense

Rúa Florentino López Cuevillas, n º 4-6

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386524

Fax: 988386524

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Gandaría de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, n º 43-2º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206569

Fax: 886206590

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

27/05/2023 00:00 - 26/06/2023 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

As persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Ter a explotación apícola rexistrada no rexistro oficial de explotacións apícolas de Galicia con anterioridade ao 1 de xaneiro do 2023, fóra de quen iniciase a actividade a través dun cambio de titularidade de explotacións en estado de alta con anterioridade a esa data.

En caso de fusións de explotacións xa existentes, considerarase a data de inicio da actividade a do titular con maior antigüidade.

2. Que a explotación permaneza en estado de alta no rexistro oficial no momento da solicitude da axuda.

3. Ter realizada á base de datos oficial a declaración de censo de colmeas nos asentamentos localizados nos concellos afectados, con data de referencia a 31 de decembro de 2022, ou posterior a esa data.

4. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) NIF da persoa xurídica solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante

d) NIF da entidade representante.

e) A declaración censual tida en conta para o cálculo da contía da axuda e a información relativa ao titular, tipo e clase de explotación, capacidade produtiva, o número de colmeas, asentamentos da explotación apícola e situación dos mesmos, segundo o rexistro oficial de explotacións apícolas.

f) As certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

g) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.

h) Concesións de subvencións e axudas.

i) Consulta de concesión pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente de solicitude e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 25 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar as perdas de produción das explotacións apícolas afectadas polos grandes incendios forestais que se produciron en Galicia durante o ano 2022, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 99 do 26 de maio de 2023).

    • Extracto da Orde do 25 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar as perdas de produción das explotacións apícolas afectadas polos grandes incendios forestais que se produciron en Galicia durante o ano 2022, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 99 do 26 de maio de 2023).

    • Resolución do 27 de outubro de 2023 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 25 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar as perdas de produción das explotacións apícolas afectadas polos grandes incendios forestais que se produciron en Galicia durante o ano 2022, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 211 do 7 de novembro de 2023).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR407D

Comunicación do emprego dun CUE comercial por parte dunha persoa titular de explotación agraria.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR443A

Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios. Convocatoria 2025.

Aberto todo o ano

MR501A

Rexistro obrigatorio de explotacións avícolas de autoconsumo

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR501B

Inscrición no rexistro galego de explotacións porcinas extensivas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano