Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR436F
Axudas para a continuidade do sector de vacún de carne
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais
Esta Orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas temporais e excepcionais ao abeiro do disposto no Regulamento (UE) 2020/872 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2020, polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 1305/2013 no que respecta a unha medida específica destinada a proporcionar axuda temporal excepcional no marco do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) en resposta ao brote de COVID-19.
Así mesmo, mediante esta orde convócase para o ano 2020 a concesión da seguintes axudas:
Axudas para a continuidade do sector de vacún de carne (procedemento administrativo MR436F).
Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas físicas e xurídicas:
As persoas titulares de explotacións agrarias con orientación produtiva cárnica de vacún.
Prazo de presentación: PECHADO
30/10/2020 00:00 - 30/11/2020 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
As persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:
1. Ter actividade con anterioridade ao 1.1.2020. As persoas físicas titulares dunha explotación agraria estarán dadas de alta no réxime agrario da Seguridade Social e as persoas xurídicas disporán da alta censual na actividade económica agraria na AEAT. Así mesmo, as asociacións de produtores que realicen comercialización disporán da alta censual na actividade económica correspondente.
2. As explotacións agrarias con orientación produtiva cárnica de vacún deberán estar inscritas no Reaga con clasificación zootécnica de reprodución para produción de carne ou mixta, que tivesen ao menos 10 vacas nutrices, calculadas na data do 14.3.2020 con base na información existente na base de datos oficial de explotacións gandeiras e de identificación individual dos animais bovinos.
3. As empresas que se dediquen á comercialización poderán ser beneficiarias sempre que teñan a consideración de pequena e mediana empresa agraria, segundo o establecido nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal para o período 2014-2020 e no Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño.
4. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias aquelas que incorran nalgunha das causas previstas no artigo 10, puntos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. As pemes non poderán ter a condición de empresas en crise. Considerarase que as empresas en crise son as que concordan coa definición do artigo 2.14 do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión.
Presentación das solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, en función do procedemento, a seguinte documentación:
Axudas para a continuidade do sector de vacún de carne (procedemento administrativo MR436F). Non será necesario que se achegue documentación xunto coa solicitude.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) NIF da entidade representante.
e) Concesión de subvencións e axudas.
f) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.
g) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
h) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
i) Certificado de estar ao día do pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
j) Vida laboral últimos 12 meses.
k) Vida laboral da empresa.
l) Actividade agraria por conta propia.
m) Imposto de actividades económicas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución:
Como máis tarde o 31 de decembro de 2020
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 28 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión das axudas temporais e excepcionais aos sectores agrarios máis desfavorecidos pola incidencia da crise do COVID-19, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan as axudas para o ano 2020 (DOG nº 218 do 29 de outubro de 2020).
-
Extracto da Orde do 28 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión das axudas temporais e excepcionais aos sectores agrarios máis desfavorecidos pola incidencia da crise do COVID-19, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan as axudas para o ano 2020 (DOG nº 218 do 29 de outubro de 2020).
-
Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas tramitadas ao abeiro da Orde do 28 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión das axudas temporais e excepcionais aos sectores agrarios máis desfavorecidos pola incidencia da crise do COVID-19, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan as axudas para o ano 2020 (DOG núm. 27 do 10 de febreiro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano