Guía de procedementos e servizos

MR435F

Comunicación do inicio da actividade de inspección.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Este decreto ten por obxecto regular na Comunidade Autónoma de Galicia as inspeccións periódicas dos equipos de aplicación dos produtos fitosanitarios, o censo de equipos de aplicación dos produtos fitosanitarios, o procedemento de autorización e rexistro das estacións de inspección, o procedemento e o programa de inspección, a formación dos directores e inspectores das estacións de inspección e a creación do Comité Fitosanitario Galego.

Establécese como modelo oficial de distintivo auto adhesivo o do anexo IV de este decreto. Este distintivo auto adhesivo, que ten que indicar, o ano límite no que ten que pasar a próxima inspección, entregarase conxuntamente co certificado de inspección cando o resultado da inspección sexa positivo e deberá fixarse nun lugar ben visible da maquina.

No momento da inspección ou nos sete días seguintes a esta, emitirase un certificado que reflicta todos os datos do equipo e do titular con todas as comprobacións feitas no momento da inspección e a valoración do cumprimento ou incumprimento destas. A acta reservará un espazo para a validación por parte da administración ou entidades certificadoras das inspeccións sometidas a control oficial. O certificado deberá indicar se a maquina é apta ou non para o seu uso.

As ITEAF que realicen inspeccións oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia comunicarán á Dirección Xeral competente en materia de sanidade vexetal o resultado das inspeccións antes dos sete días seguintes a terse realizado, empregando obrigatoriamente os medios telemáticos que se poñan a disposición das ITEAF para a gravación dos resultados.

Propietarios de maquinaria de aplicación de produtos fitosanitarios.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546186/ 981540048

Fax: 981546892

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • Solicitude segundo o Anexo V.

  • Nova solicitude:

Copia do certificado ou resolución de insrición da ITEAF da mesma titularidade inscrita en calquera outro rexistro da mesma natureza noutras comunidades autónomas ou Estados membros.

Outra documentación.

  • Modificación:

    Outra documentación.

  • Cancelación:

    Outra documentación.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • NIF da entidade solicitante.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade representante.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 60/2014, do 15 de maio, polo que se regulan as inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios e se crea o Comité Fitosanitario Galego (DOG nº 104 do 3 de xuño de 2014).

  • Ámbito Estatal
    • Real decreto 1702/2011, do 18 de novembro, de inspeccións periódicas dos equipamentos de aplicación de produtos fitosanitarios (BOE nº 296 do 9 de decembro de 2011).

    • Corrección de erros do Real decreto 1702/2011, do 18 de novembro, de inspeccións periódicas dos equipamentos de aplicación de produtos fitosanitarios (BOE nº 107 do 4 de maio de 2012).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano