Guía de procedementos e servizos

MR435C

Rexistro de estacións de inspección técnica de equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Este decreto ten por obxecto regular na Comunidade Autónoma de Galicia as inspeccións periódicas dos equipos de aplicación dos produtos fitosanitarios, o censo de equipos de aplicación dos produtos fitosanitarios, o procedemento de autorización e rexistro das estacións de inspección, o procedemento e o programa de inspección, a formación dos directores e inspectores das estacións de inspección e a creación do Comité Fitosanitario Galego.

Créase o Rexistro de estacións de inspeccións técnicas de equipos de aplicación fitosanitarios (RITEAF), autorizadas para realizar inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios, o cal queda adscrito á Consellaría competente en materia de agricultura, a través da Dirección competente en materia de sanidade vexetal.

Estacións de inspeccións técnicas de equipos de aplicación fitosanitarios.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546186/ 981540048

Fax: 981546892

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

1.- Poderán ser titulares das ITEAF os considerados no artigo 7 do Real Decreto 1702/2011, do 18 de novembro, de inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

2.- Deberán dispoñer de persoal axeitado, axustándose ao disposto no artigo 8 do Real Decreto 1702/2011, do 18 de novembro, de inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

3.- Deberán dispoñer de equipamento adecuado, axustándose ao disposto no artigo 9 do Real Decreto 1702/2011, do 18 de novembro, de inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

4.- En cumprimento do disposto no artigo 7.3 do Real Decreto 1702/2011, as ITEAF que non pertenzan a Administración Pública, deberán subscribir unha póliza de responsabilidade civil, avais ou outras garantías que cubra os riscos da súa responsabilidade, respecto de danos ambientais, materiais e persoais a terceiros, por unha contía mínima de 300.000 euros de importe asegurado fronte a danos materiais e persoais, e de 500.000 euros de importe asegurado fronte a danos ambientais por contaminación, incluídos gastos de reparación complementaria e compensatoria.

5.- O persoal das ITEAF estará identificado en todo momento durante a realización das inspeccións da maquinaria de tratamentos fitosanitarios.

  •  Solicitude segundo o Anexo I.  

  •  Documentación para a inscrición no RITEAF :

Acreditación da persoa representante.

Estatutos ou normas de funcionamento da entidade.

Memoria técnica descritiva na que se inclúa:

Instalacións disponibles: descrición, situación e planos destas.

Manuais de inspección.

Procedementos de inspección de acordo cas Normas UNE vixentes.

Persoal dispoñible, as súas funcións e cualificación profesional deste.

Organigrama do sistema de inspección.

Copia da póliza de seguro de riscos.

Declaración/s de non incompatibilidade do persoal.

Inventario da maquinaria dispoñible, características e o número de matrícula.

Plan de viabilidade e prezos de inspección previstos.

Proposta económica das tarifas que se van aplicar nas inspeccións.

Impreso da autoliquidación da taxa de inscrición.

Licenza de apertura da actividade.

Outra documentación que se achega (relacionar).

  • Documentación para a modificación da inscrición:

Documentación que se achega (relacionar).

  • Documentación para a cancelación da inscrición:

Documentación que se achega (relacionar).

  • Compración de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • NIF da entidade solicitante.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade representante.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Estatal
    • Real decreto 1702/2011, do 18 de novembro, de inspeccións periódicas dos equipamentos de aplicación de produtos fitosanitarios (BOE nº 296 do 9 de decembro de 2011).

    • Corrección de erros do Real decreto 1702/2011, do 18 de novembro, de inspeccións periódicas dos equipamentos de aplicación de produtos fitosanitarios (BOE nº 107 do 4 de maio de 2012).

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 60/2014, do 15 de maio, polo que se regulan as inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios e se crea o Comité Fitosanitario Galego (DOG nº 104 do 3 de xuño de 2014).

Outros procedementos relacionados

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR430A

Rexistro de operadores profesionais de vexetais (ROPVEG)

Aberto todo o ano

MR433A

Aprobación do modelo de pasaporte fitosanitario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR433B

Declaración anual de cultivos.

Aberto todo o ano