Guía de procedementos e servizos

MR408C

Cambio de titularidade da explotación no rexistro de explotacións agrarias de Galicia

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Esta orde ten por obxecto:

1. Desenvolver o Decreto 253/2008, do 30 de outubro, polo que se crea e regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), establecendo os procedementos para a xestión das diferentes seccións do rexistro.

2. Regular a cualificación e acreditación das explotacións inscritas na sección de explotacións agrarias prioritarias, de acordo co capítulo III do Reaga.

As explotacións agrarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario

EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO, S/N

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546959

Fax: 981546892

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña

R/ VICENTE FERRER, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184684

Fax: 981184474

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo

RONDA DA MURALLA,70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982889249

Fax: 982294808

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense

R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6 BAIXO

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386692

Fax: 988386482

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra

R/FERNÁNDEZ LADRERA 43-2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206543

Fax: 886206588

Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Durante todo o ano.

Cando a modificación substancial teña como orixe un cambio na titularidade da explotación, presentarase a documentación xustificativa do dito cambio, e utilizarase o modelo do anexo II desta orde, asinado polo antigo e novo titular.

No caso de falecemento do antigo titular, presentarase a documentación xustificativa deste feito, así como a documentación acreditativa da nova titularidade.

Para facer os cambios de titularidade, terase en conta o seguinte:

a) No caso de que o antigo titular tivera contraído compromisos polas diferentes liñas de axudas existentes, o novo deberá subrogarse nestas e acreditar o cumprimento dos requisitos exixidos para a obtención da axuda pola normativa de aplicación.

b) No caso de explotacións con máis dunha unidade produtiva, deberase indicar se se transmite a totalidade da explotación ou ben soamente algunha unidade produtiva, que en todo caso deberá ser íntegra.

c) As solicitudes de cambio de titularidade poderanse presentar durante todo o ano.

  • Solicitude normalizada (anexo II)

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 253/2008, do 30 de outubro, polo que se crea e regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (DOG nº 218 do 10 de novembro de 2008).

    • Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se establecen disposicións para a xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, creado polo Decreto 253/2008, do 30 de outubro, e para a cualificación e acreditación das explotacións agrarias prioritarias (DOG nº 19 do 28 de xaneiro de 2009).

    • Corrección de erros.- Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se establecen disposicións para a xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, creado polo Decreto 253/2008, do 30 de outubro, e para a cualificación e acreditación das explotacións agrarias prioritarias (DOG nº 32 de 16 de febreiro de 2009).

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano