Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR400D
Baixa no rexistro da artesanía alimentaria.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
O obxecto deste decreto é a regulación e o fomento da artesanía alimentaria na Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do marco establecido no capítulo III do título III da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega.
Neste decreto inclúense os seguintes procedementos: declaración responsable do cumprimento das condicións como persoa artesá alimentaria (MR400A), inscrición no Rexistro da Artesanía Alimentaria (MR400B), modificación da inscrición no rexistro (MR400C) e baixa no dito rexistro (MR400D).
O presente decreto é de aplicación á produción e elaboración con destino ao mercado de alimentos artesanais, tanto de orixe agraria como da pesca, do marisqueo ou da acuicultura.
As empresas artesanais inscritas no Rexistro da Artesanía Alimentaria.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)
Avenida do Camiño Francés, nº 10
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997279
Email: agacal.certificacion@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O presente decreto entrará en vigor aos seis meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Procederá a baixa en calquera das seguintes situacións, tras a súa comunicación pola persoa interesada ou quen a represente:
a) Cando cese na actividade a empresa artesanal.
b) En caso de disolución da sociedade.
c) Cando, por falecemento ou outra causa, deixe de haber unha persoa artesá que asuma a responsabilidade e a dirección do proceso de produción.
d) Por vontade da persoa titular da empresa, sen necesidade de acreditar causa ningunha.
Para solicitar a baixa no rexistro, a persoa interesada poderá presentar unha comunicación á Agacal. A dita comunicación presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). O dito formulario figura como anexo V deste decreto.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa comunicación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da comunicación aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación da comunicación poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- A baixa iniciarase de oficio, logo de audiencia á persoa interesada, nos seguintes casos:
a) Pola comisión dunha infracción moi grave da normativa existente en materia de sanidade ou protección ás persoas consumidoras, cando se dite unha resolución firme en vía administrativa.
b) Cando, no suposto da comisión de infraccións graves ou moi graves en materia de defensa da calidade alimentaria, a autoridade competente acorde como sanción accesoria a baixa definitiva do rexistro, segundo o establecido no artigo 72.2 da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega.
c) En xeral, cando se deixen de cumprir os requisitos que motivaron a inscrición.
- A baixa no Rexistro da Artesanía Alimentaria será resolta pola Agacal.
- No caso de que a actividade principal da empresa estea relacionada con produtos da pesca, a acuicultura ou o marisqueo, a Agacal solicitará, antes de proceder á baixa da inscrición, un informe preceptivo e vinculante da dirección xeral con competencias nestas materias.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Para calquera dos procedementos regulados neste decreto, a sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Comunicación (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 174/2019, do 19 de decembro, polo que se regula a artesanía alimentaria. (DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2020).
-
Orde do 16 de febreiro de 2022 pola que se aproban diversas normas técnicas e os distintivos identificadores da artesanía alimentaria (DOG nº 44 do 4 de marzo de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Declaración responsable para a prestación de servizos como entidade identificadora.
Aberto todo o ano
Declaración para a realización de determinadas prácticas enolóxicas R(CE) 606/2009.
Aberto todo o ano
Cumprimento das condicións como persoa artesá alimentaria.
Aberto todo o ano