Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR360F
Axudas para o establecemento de novas plantacións de lúpulo e para a reconversión e mellora das plantacións existentes.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
A presente orde de convocatoria ten por obxecto convocar para o ano 2021 a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o establecemento de novas plantacións de lúpulo, a reconversión e a mellora das plantacións existentes (procedemento administrativo MR360F) e a adquisición de maquinaria específica para a mecanización do dito cultivo (procedemento administrativo MR360G).
As axudas contempladas nesta orde teñen como finalidade fomentar a produción do cultivo do lúpulo con novas plantacións, a reconversión e a mellora das plantacións existentes e a súa mecanización para asegurar o futuro do sector do lúpulo, evitar a tendencia ao abandono e adecuar a produción á demanda da industria, garantir a súa permanencia, rendibilidade e viabilidade a longo prazo.
Liñas de axuda e actividades subvencionables.
1. Terán a consideración de subvencionables as actividades seguintes:
Liña A) Axudas para o establecemento de novas plantacións de lúpulo e a reconversión e mellora das explotación existentes:
a) A adquisición do material vexetal e/ou os investimentos realizados polos produtores dirixidos á reconversión varietal das superficies plantadas de lúpulo, con vistas a mellorar a calidade do lúpulo, a súa adaptación ao cambio climático e a súa rendibilidade.
b) A compra e instalación das estruturas de soporte e guía do cultivo, incluíndo substitución de postes en superficies reconvertidas con variedades, que debido ao seu porte e peso durante o período vexetativo e desenvolvemento, aconsellan estruturas máis robustas que a existente.
c) A implantación de sistemas de rega máis eficientes, como a rega por goteo ou regas ambientais máis sustentables (como a rega solar).
Gastos subvencionables.
Consideraranse gastos subvencionable os custos derivados das actividades previstas no artigo 4 da presente orde e cumpran os requisitos establecidos neste punto.
Liña A) Axudas para o establecemento de novas plantacións de lúpulo e a reconversión e mellora das explotación existentes:
As novas plantacións que se pretendan executar deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) A superficie mínima por explotación, exixible ás novas plantacións para poder percibir a axuda, será de 0,5 hectáreas, agás que o beneficiario xa sexa titular dunha explotación dedicada ao cultivo do lúpulo, nese caso a «superficie plantada» mínima exixible será de, polo menos, 0,2 hectáreas a condición de que a superficie resultante da explotación sexa de, polo menos, 0,5 hectáreas. Estas superficies poderán ser obxecto de ampliación anualmente na correspondente convocatoria de axudas, en función da estrutura da propiedade e das condicións edafoclimáticas das zonas nas que se establezan as novas plantacións. Non obstante, no caso de plantacións obxecto de reconversión ou mellora, poderase actuar sobre superficies inferiores sempre que afecten a totalidade do recinto Sigpac.
b) As cabeceiras das novas plantacións, así como a distancia entre liñas, deberán ter unha anchura mínima que permita a adecuada mecanización dos labores de cultivo.
c) A densidade de plantación estará comprendida entre 1.600 e 3.000 plantas por hectárea en función da variedade. A densidade de plantación non poderá ser modificada, salvo por razóns debidamente xustificadas e deberá ser autorizada pola dirección xeral con competencia en materia de produción agraria.
d) A plantación deberá ser realizada con material vexetal, xustificándose a súa orixe co correspondente pasaporte fitosanitario e factura de compra a un viveirista rexistrado oficialmente ou co título de produtor seleccionador ou multiplicador de lúpulo.
e) As plantacións obxecto de reconversión non presentarán estado de abandono.
f) Non deberán ter percibir nos últimos cinco anos subvención algunha polo mesmo concepto e para a mesma parcela.
g) Naqueles casos en que a persoa beneficiaria non sexa propietaria das superficies incluídas na solicitude, deberá xustificar que dispón autorización expresa do propietario para realizar as operacións declaradas.
Liña A) Axudas para o establecemento de novas plantacións de lúpulo e a reconversión e mellora das explotación existentes:
As persoas físicas ou xurídicas, ou agrupacións de persoas físicas ou xurídicas incluídos os entes sen personalidade xurídica, titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Comunidade Autónoma de Galicia (Reaga), con experiencia no ámbito da actividade agraria ou que conten co nivel de capacitación suficiente e que presenten unha memoria valorada na que se describa a viabilidade do investimento ou da actuación. Así mesmo, en caso de novas plantacións deberán presentar un plan de mellora no que se contemplen os requisitos establecidos no anexo IV e en caso de reconversión varietal segundo o anexo V desta orde, que deberán contemplar aspectos ambientais.
Deberán cumprir as seguintes obrigacións:
1º. A adquisición e plantación do material vexetal realizarase coas variedades recomendadas que figuran no anexo VII desta orde. Estas deberán cumprir os requisitos de adaptación ás necesidades de comercialización e ás condicións edafoclimáticas da zona na que se establecerá a nova plantación e terase en conta criterios de adaptación aos escenarios futuros de cambio climático.
2º. No caso de reconversión varietal, realizarase a plantación cunha variedade distinta da plantación substituída, de maneira que se consiga unha mellora da calidade da produción e a adaptación ao cambio climático. Este suposto deberá constatarse nalgunha mellora das características agronómicas ou comerciais ou ambientais (adaptación ao cambio climático, entre outros).
3º. Cumprir o plan de mellora, en caso de reconversión varietal.
4º. Manter as novas plantacións obxecto de axuda, en produción e cultivadas de maneira sustentable (con especial énfase no aspecto ambiental) e en condicións de obter un rendemento óptimo de cultivo, de acordo coas condicións agroclimáticas da zona onde se atopen situadas, durante un período mínimo de 5 colleitas desde a concesión da subvención.
5º. Comunicar inmediatamente á autoridade competente, a finalización da execución das medidas aprobadas.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
Servizo de Sanidade e Produción Vexetal
Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños
Teléfono: 881997441
Prazo de presentación: PECHADO
04/05/2021 00:00 - 03/06/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
1. Os beneficiarios deberán, así mesmo:
a) Ter a condición de peme conforme o anexo I do Regulamento (CE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
b) Non ter a consideración de empresa en crise conforme a definición establecida no artigo 2 do Regulamento (CE) nº 702/2014.
c) Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarios aqueles solicitantes en quen concorra algunha das circunstancias previstas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Serán obrigacións do beneficiario, ademais das previstas na presente orde e a correspondente orde de bases, as establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.
Forma e lugar de presentación das solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados (anexo I ou anexo II, segundo a liña que se solicite) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As persoas físicas con capacidade técnica e dedicación profesional suficiente, terán a obriga de relacionarse a través de medios electrónicos, consonte o artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 10.1.a) e artigo 10.3 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
2. Non serán admitidas a trámite as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido nesta convocatoria e resolverase a súa inadmisión, que deberá ser notificada aos interesados nos termos previstos no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
3. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na presente convocatoria, o órgano competente requirirá ao interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de dez (10) días, indicándolle que, se non o fixese, se lle terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Documentación que achegará coa solicitude.
1. Sen prexuízo da achega de calquera outro documento e información que a persoa interesada puidese presentar para resolver sobre o outorgamento da subvención ou as que puidese solicitar a Administración, o beneficiario deberá xuntar á solicitude de subvención, en cada caso, a documentación que se indica a continuación:
a) Copia dos estatutos de constitución da entidade e xustificación do carácter de agricultor/a novo/a dos seus membros, se procede.
b) En caso de solicitude colectiva, relación de socios, segundo o anexo IX.
c) Se a persoa beneficiaria non é propietaria da superficie incluída na solicitude, deberá achegar o documento de autorización expresa do propietario para realizar os investimentos previstos ou o contrato de arrendamento, apareza ou outra forma xurídica de disposición das parcelas con duración non inferior a cinco (5) anos desde a data da solicitude.
d) Declaración de superficies de lúpulo e/ou maquinaria incluída na solicitude, segundo anexo III.
e) Cando solicita a liña A, memoria valorada na que describa a viabilidade do investimento ou a actuación xunto co Plan de establecemento de novas plantacións do anexo IV, ou Plan de reconversión varietal ou mellora que se pretenda acometer, segundo anexo V correspondente, que deberá conter, como mínimo, os seguintes aspectos: situación das parcelas obxecto do plan, con referencia Sixpac; nº plantas por escallo/rizomas/chantón; estruturas e instalacións do soporte guía, sistema de rega e superficie que se vai cultivar en cada parcela e, no caso de non actuar na totalidade da parcela, bosquexo acoutado da superficie motivo da actuación.
f) Cando solicita a liña B, proxecto viable desde un punto de vista técnico e económico xunto co Plan de viabilidade de adquisición de maquinaria segundo o anexo VI.
g) Cando o importe individualizado do ben subvencionable supere a contía de 15.000 euros, o beneficiario deberá achegar, como mínimo, tres ofertas (facturas pro formas) de diferentes proveedores, agás que polas especias características daquel non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministre.
h) Acreditación da representación da persoa que subscribe a solicitude, se procede.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. Se algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados pola Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) Certificación de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.
e) Certificación de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
g) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.
h) Concesión de subvencións e axudas.
i) Concesións pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado nos formularios correspondentes (anexo I e II) e no anexo IX, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Declaración de superficies de lúpulo e/ou maquinaria incluída na solicitude (Anexo III)
- Iniciación
- Memoria valorada na que describa a viabilidade do investimento ou a actuación xunto co Plan de establecemento de novas plantacións do anexo IV, ou Plan de reconversión varietal ou mellora que se pretenda acometer, segundo Anexo V correspondente
- Fase de solicitude
- Memoria do plan de establecemento de novas plantacións (Anexo IV)
- Pluralidade de persoas solicitantes (Anexo IX)
- Solicitude (Anexo I)
- Memoria do plan de reconversión varietal e /ou mellora (Anexo V)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 20 de abril de 2021 pola que se convocan as axudas ao sector do lúpulo na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 (DOG nº 82 do 3 de maio de 2021).
-
Extracto da Orde do 20 de abril de 2021 pola que se convocan as axudas ao sector do lúpulo na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 (DOG nº 82 do 3 de maio de 2021).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real decreto 284/2019, do 22 de abril, polo que se establecen as disposicións de aplicación da regulamentación da Unión Europea no sector do lúpulo e se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas estatais de minimis destinadas ao dito sector (BOE nº 107 de 4 de maio de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano
Novacións de débedas
Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00