Guía de procedementos e servizos

MR360E

Autorización de levanza informática de libros rexistro de adegas mediante a aplicación ACIOS.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería do Medio Rural

a) Establecer, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para facilitar a levanza dos rexistros vitivinícolas ou libros rexistro mediante o programa informático Aplicación contabilidade integral oficial (en diante, ACIOS). Mediante o dito programa os operadores poderán anotar, en particular, as entradas e saídas de cada produto, as manipulacións efectuadas sobre estes e os produtos empregados nelas, todo iso de conformidade co disposto no Regulamento (UE) núm. 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) núm. 922/72, (CEE) núm. 234/79, (CE) núm. 1037/2001 e (CE) núm. 1234/2007; e nos seus regulamentos de desenvolvemento, Regulamento delegado (UE) núm. 2018/273 da Comisión, do 11 de decembro de 2017, e Regulamento de execución (UE) núm. 2018/274 da Comisión, do 11 de decembro de 2017, así como no Decreto 158/2011, do 21 de xullo.

b) Determinar o procedemento de autorización dos operadores para a utilización do programa informático ACIOS, utilización que ten carácter voluntario. Este procedemento estará identificado co código de procedemento MR360E.

2. Esta orde aplícase á contabilidade dos produtos do sector vitivinícola a que fai referencia a parte II do anexo VII do Regulamento (UE) núm. 1308/2013, e aos produtos definidos como viños aromatizados no Regulamento (UE) núm. 251/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de febreiro de 2014, sobre a definición, descrición, presentación, etiquetaxe e protección das indicacións xeográficas dos produtos vitivinícolas aromatizados, así como á sangría e á clarea, definidas na Orde do 23 de xaneiro de 1974 pola que se regulamenta a elaboración, circulación e comercio da sangría e doutras bebidas derivadas do viño (BOE do 7 de febreiro).

Exceptúase da súa aplicación o vinagre de viño, ao excluírse este produto na definición de produtos vitivinícolas que se recolle no artigo 2.1.b) do Regulamento delegado (UE) 2018/273.

As persoas físicas ou xurídicas, ou unha agrupación de persoas que, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, elaboren, embotellen, almacenen ou teñan no seu poder baixo calquera concepto, no exercicio da súa profesión ou con fins comerciais, un produto vitivinícola e que están obrigados a levar os libros de rexistro de adegas.

Obrigas dos operadores autorizados.

O operador, unha vez recibida a notificación da resolución de autorización para levar os rexistros mediante o sistema informático ACIOS, deberá realizar o peche dos rexistros en soporte papel, e comunicar ao servizo competente, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da autorización, o peche destes rexistros e a apertura dos rexistros mediante sistema informático.

Se no prazo dun mes, desde o día seguinte ao da notificación da autorización, non se efectúa a apertura dos rexistros informáticos, producirase a caducidade da autorización.

A partir da data en que se inicien as anotacións no sistema informático, só serán eficaces os asentos recollidos no rexistro electrónico e quedarán sen validez os asentos en papel.

Como primeira anotación figurarán as existencias no momento do peche dos rexistros en papel, figurando todos os datos obrigatorios para cada rexistro, diferenciando tipos de produto, graduación, variedades e cantos datos se desexe facer constar na súa designación e presentación.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral da Pac e do Control da Cadea Alimentaria

Subdirección Xeral de Coordinación da Pac, da Cadea e Calidade Alimentaria

Servizo de Control da Calidade Alimentaria

Praza de Europa, nº 5A - 2º Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540065/ 981540047/ 981540027

Email: calidade.agri@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, nº 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184540/ 981184530

Email: ica.mediorural.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294517

Email: ica.mediorural.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Ourense

Rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4-6 baixo

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386559/ 988386510

Email: calidadeou.agri@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, nº 43-2º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805481/ 986805460

Email: calidadepo.agri@xunta.gal

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos 20 días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Os operadores que opten por levar informáticamente os rexistros indicados neste procedemento deberán solicitalo á autoridade competente conforme o establecido no artigo 5 apartado 3 da orde do 10 de xuño de 2020 pola que se establecen as disposicións relativas á levanza informática dos rexistros obrigatorios do sector vitivinícola mediante a aplicación informática ACIOS, ademais, deberán cumprir as seguintes condicións:

a) Ser unha persoa física ou xurídica, ou unha agrupación de persoas que, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, elaboren, embotellen, almacenen ou teñan no seu poder baixo calquera concepto, no exercicio da súa profesión ou con fins comerciais, un produto vitivinícola.

b) Dispor dun sistema informático adecuado para a levanza, e algún dos mecanismos de identificación e sinatura aceptados pola sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/a-sede/sistemas-de-identificacion-e-sinatura).

c) Levar todos os rexistros mediante sistema informático. Non será posible levar uns rexistros mediante o sistema informático e outros rexistros en formato papel.

Aqueles operadores que non opten por acollerse a esta modalidade de levanza informática da contabilidade vitivinícola poderán seguir empregando os rexistros en papel.

As persoas que desexen solicitar a autorización deberán presentar unha solicitude por cada instalación en que realicen a súa actividade, que se axustará ao contido do modelo que figura como anexo I desta orde. A dita solicitude dirixirase á persoa titular da xefatura territorial da Consellería do Medio Rural da provincia onde se sitúe a instalación para a al se solicita a levanza informática dos rexistros e non terá un prazo específico para a súa presentación, podéndose solicitar calquera día do ano.

Na solicitude deberanse especificar os libros rexistro para os que se pide a autorización e os datos das persoas usuarias iniciais que accederán á aplicación ACIOS.

 Nos termos previstos no artigo 14.2 da Lei 39/2015, as persoas xurídicas están obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas.

No caso de persoas físicas incluídas no réxime especial de traballadores autónomos, a obriga de relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración fundaméntase no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

Tendo en conta o carácter empresarial dos operadores, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas en solicitar algún libro rexistro para levar a contabilidade vitivinícola de viños acollidos a unha denominación de orixe protexida (DOP) deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

Documento acreditativo de estar inscrito no rexistro de adegas da correspondente denominación de orixe protexida.

Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que sexa realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas ou entidades públicas:

a) Documentos acreditativos da personalidade da entidade ou da persoa solicitante, consistentes no NIF cando o solicitante sexa unha persoa xurídica e no DNI/NIE no caso de persoa física.

b) Documento acreditativo da persoa representante, consistente no DNI/NIE.

c) Documento acreditativo de inscrición no Rexistro de Industrias Agrarias (RIA).

d) Documento acreditativo de inscrición no Rexistro de Operador Vitivinícola (REOVI).

2. Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Documento acreditativo de inscrición no Rexistro Embotellador.

b) Autorización para a utilización das mencións relativas ao ano de colleita e/ou variedade de uva na etiquetaxe e presentación dos viños sen denominación de orixe nin indicación xeográfica protexida.

c) Documento acreditativo como operador inscrito nalgunha indicación xeográfica protexida (viños IXP).

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 10 de xuño de 2020 pola que se establecen as disposicións relativas á levanza informática dos rexistros obrigatorios do sector vitivinícola mediante a aplicación informática ACIOS (DOG nº 117 do 16 de xuño de 2020).

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

IG534D

Novacións de débedas

Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00

IN201D

Revisión actividades artesás do Rexistro xeral de artesanía de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN201E

Autorización do uso da marca Artesanía de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano