Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR360D
Inscrición no rexistro de embotelladores.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Establecer, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as normas de aplicación do Regulamento (CE) 436/2009 da Comisión, do 26 de maio de 2009, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 479/2008 do Consello no que respecta:
- O Rexistro de embotellador de viños e outras bebidas alcohólicas
No rexistro de embotellator de viños e bebidas alcohólicas deberán inscribirse todas as industrias situadas en Galicia que se dediquen ao embotellamento de viños e bebidas alcohólicas.
Por bebida alcohólica, para os efectos deste decreto, enténdense as bebidas espirituosas reguladas no Regulamento (CE) 110/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de xaneiro de 2008, relativo á definición, designación, presentación, etiquetaxe e protección da indicación xeográfica de bebidas espirituosas e polo que se derroga o Regulamento (CEE) 1576/1989, do Consello
Industrias situadas en Galicia que se dediquen ao embotellamento de viños e bebidas alcohólicas.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral da Pac e do Control da Cadea Alimentaria
Subdirección Xeral de Coordinación da Pac, da Cadea e Calidade Alimentaria
Servizo de Control da Calidade Alimentaria
Avenida do Camiño Francés, 10
15731 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540065
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
a) A previa inscrición no rexistro sanitario industrial e no rexistro de Industrias Agrarias ao que se refire o artigo 41 da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, sen prexuízo do disposto na disposición derradeira primeira.
b) A presentación dunha solicitude, conforme o modelo establecido no anexo VI deste decreto, dirixido ao departamento territorial con competencia en materia de calidade agroalimentaria, na que se fará constar unha relación dos produtos que se van embotellar e as súas marcas.
Solicitude segundo o Anexo I.
Copia do Rexistro Industrial de Galicia - Industrias Agrarias.
Copia do Rexistro Sanitario Industrial.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
NIF da entidade solicitante.
DNI/NIE da persoa solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
NIF da entidade representante.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 158/2011, do 21 de xullo, polo que se ditan normas de aplicación sobre os documentos que acompañan o transporte de produtos vitivinícolas, os rexistros e as declaracións de determinadas prácticas no sector vitivinícola na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 148 do 3 de agosto de 2011).
-
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano