Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR348A
Declaración responsable para a prestación de servizos como entidade identificadora.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Este decreto ten por obxecto establecer as condicións que teñen que cumprir as entidades identificadoras para prestar os servizos de identificación do gando bovino, ovino e cabrún, definir as súas funcións e crear o seu rexistro oficial.
As entidades que pretendan a tenza e aplicación de dispositivos oficiais de identificación de animais das especies bovina, ovina e cabrúa deberán cumprir as seguintes condicións:
a) Ter personalidade xurídica propia.
b) Dispor de medios técnicos suficientes para a realización das funcións de identificación e en concreto:
-Aplicadores semiautomáticos de brincos auriculares (tenaces).
-Medios informáticos adecuados para realizar a conexión vía web coa oficina agraria virtual.
-No caso de entidades que realicen a identificación do gando ovino e cabrún, equipos e dispositivos de lectura correspondente á norma UNE-ISO 11785:2005 e aptos para a lectura de transpondedores HDX e FDX-B, sendo a distancia mínima de lectura de 12 centímetros.
c) Contar con persoal coa formación e experiencia suficiente e na cantidade necesaria para cumprir coas súas funcións, segundo o número de explotacións ás que se preste o correspondente servizo e o ámbito territorial de prestación de servizos de identificación do gando.
d) Designar unha persoa responsable da recepción dos dispositivos de identificación. Cada vez que se produza un cambio neste, os datos do novo representante deberán ser comunicados á dirección xeral competente en materia de gandaría.
f) Adestrar previamente o persoal en materias básicas relacionadas co benestar animal, técnicas de manexo pecuario, particularidades operativas da aplicación dos dispositivos de identificación e cumprimento das restantes funcións relacionadas coa identificación e rexistro dos animais bovinos, ovinos e cabrúns.
Funcións das entidades identificadoras.
1. As entidades identificadoras custodiarán un número de dispositivos oficiais de identificación proporcional ao censo de reprodutoras das explotacións ás que estean vinculadas. A persoa responsable designada pola entidade identificadora solicitará na oficina agraria comarcal correspondente ás súas zonas de actuación, logo de acreditar a súa identidade, a entrega do número de dispositivos de identificación que lles corresponda, que quedará convenientemente rexistrada.
2. En ningún caso se entregarán novos dispositivos mentres se manteñan en custodia un número superior ao 15% dos facilitados na entrega anterior.
3. As entidades identificadoras deberán levar un rexistro, de forma manual ou informatizada, que inclúa todos os datos dos animais identificados. O dito rexistro estará á disposición dos servizos veterinarios oficiais da consellería competente en materia de gandaría, e deberá ser presentado a solicitude destes. O rexistro conservarase un mínimo de tres anos tras a identificación dos animais.
4. As entidades identificadoras, por petición do titular da explotación á que presten os seus servizos, poderán realizar a través da oficina agraria virtual a comunicación de movementos (entradas e saídas) establecida no artigo 5 do Real decreto 728/2007, do 13 de xuño, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Movementos de Gando e o Rexistro Xeral de Identificación Individual de Animais, cos datos sinalados no seu anexo VI.
5. As obrigas de subministración de información á base de datos dos animais bovinos nados na explotación, ou dos movementos de entrada e saída de animais bovinos nesta, segundo o establecido no artigo 13 do Real decreto 1980/1998, e de movementos de entrada e saída dos ovinos e cabrúns, así como os datos dos ovinos e cabrúns identificados electronicamente, segundo establecen os artigos 12 e 13 do Real decreto 947/2005, consideraranse cumpridas por parte dos titulares das explotacións cando a entidade identificadora comunique os correspondente datos destes sucesos a través da oficina agraria virtual.
Créase o Rexistro de Entidades Identificadoras de Gando Bovino, Ovino e/ou Cabrún na Comunidade Autónoma de Galicia, para a custodia e aplicación de dispositivos oficiais para a súa identificación, como un rexistro público informativo adscrito á consellería competente en materia de gandaría e xestionado pola dirección xeral competente nesa materia.
A presentación da declaración responsable suporá a inscrición de oficio no Rexistro Galego de Entidades Identificadoras de Gando Bovino, Ovino e/ou Cabrún, sen prexuízo das consecuencias derivadas do disposto no artigo seguinte.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545732
Fax: 981545735
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Declaración segundo o Anexo.
Relación de concellos ou ámbito territorial para os que a entidade exercerá as súas funcións.
Identificación da persoa responsable da recepción e custodia dos elementos de identificación e teléfono de contacto.
Copia da acta de constitución, en caso de entidades ou persoas xurídicas.
Outros (indicar).
Acreditación da representatividade (se é o caso).
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos:
DNI/NIE da persoa declarante.
NIF da entidade declarante.
DNI/NIE da persoa representante.
NIF da entidade representante.
- Fase de solicitude
- Declaración (Anexo)
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 1980/1998, do 18 de setembro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina (BOE nº 239, do 6 de outubro de 1998).
-
Lei 8/2003, de 24 de abril, de sanidade animal (BOE nº 99 do 25 de abril de 2003).
-
Real Decreto 685/2013, do 16 de setembro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e caprina (BOE nº 234, do 30 de setembro de 2013).
-
Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
-
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 183/2010, do 4 de novembro, polo que se regulan as entidades identificadoras para a prestación de servizos de identificación do gando bovino, ovino e cabrún e o seu rexistro oficial (DOG nº 215 do 9 de novembro de 2010).
-
Outros procedementos relacionados
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector subministrador de medios de defensa fitosanitaria.
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de tratamentos fitosanitarios
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e peradores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de asesoramento fitosanitario.
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector usuarios profesionais.
Aberto todo o ano