Guía de procedementos e servizos

MR340A

Subvencións para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 25/01/2020 00:00 - 24/02/2020 23:59
Sobre o procedemento

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2020. O código do procedemento é o MR340A.

A concesión destas axudas efectuarase mediante concorrencia competitiva.

Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as que recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren subvencionables.

Investimentos subvencionables

1. Considéranse subvencionables, con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca. Así mesmo, poderán subvencionarse investimentos relativos a procesos de transformación en que interveñan produtos non incluídos no anexo I do tratado, se estes son un compoñente menor do produto final. Considerarase que son un compoñente menor cando a cantidade ou valor económico total destes non supere o 25 % do peso ou valor económico total do produto final.

2. Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do Tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do Tratado). Para estes efectos, considerarase que os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización son produtos agrarios cando a totalidade deles estean incluídos no anexo I do Tratado.

3. Non obstante, non serán subvencionables:

a) Os proxectos en que o importe total dos investimentos subvencionables sexa inferior a 60.000 €.

b) No sector vitivinícola os investimentos relativos aos produtos descritos na parte II do anexo VII do Regulamento UE nº 1308/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007, referente aos produtos amparados polos programas de apoio no sector vitivinícola, xa que poden ser subvencionados a través deses programas específicos.

4. Os tipos de gasto subvencionables son os seguintes:

a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor inferior ao 10 % do total dos gastos subvencionables.

b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.

c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos, así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.

d) Os custos xerais vinculados ás alíneas a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das alíneas a), b) e c) anteriores.

5. Non serán, porén, obxecto de axuda os investimentos relativos aos conceptos e actividades sinalados no anexo I desta orde.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Industrias Agroalimentarias

Avenida do Camiño Francés, 10

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540025

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria da Coruña

Vicente Ferrer, nº 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184530

Fax: 981184651

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294517

Fax: 982294452

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Ourense

R/ Florentino López Cuevillas, 4 - 6

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386547

Fax: 988386566

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria de Pontevedra

Avenida Fernández Ladreda, nº 43 - 2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805460

Fax: 986805485

Subdirección Xeral de Industrias Agroalimentarias
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

25/01/2020 00:00 - 24/02/2020 23:59

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será de un mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, no caso de que o investimento inclúa a construción de novas superficies cubertas ou ampliación das existentes, o solicitante terá un prazo adicional de tres meses para presentar a preceptiva licenza de obras. Así mesmo, no caso de proxectos de investimento incluídos nos supostos do número 1.b) do artigo 6 desta orde, relativos á declaración de impacto ambiental, o solicitante terá un prazo adicional de tres meses para presentar o informe favorable de avaliación ambiental ou ben o informe da autoridade competente que o exima da súa obtención.

Requisitos adicionais do solicitante

Para a concesión e/ou pagamento das axudas, o solicitante deberá cumprir os seguintes requisitos adicionais:

1. Non se concederán axudas a empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Conforme estas considerarase que unha empresa está en crise se concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:

a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando teña desaparecido máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

b) Tratándose dunha sociedade en que, polo menos, algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando teña desaparecido polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

c) Cando a empresa se atope inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia a petición dos seus acredores.

d) Tratándose dunha empresa que non sexa unha Peme, cando durante os dous anos anteriores:

1º. A ratio débeda/capital da empresa fose superior a 7,5, e

2º. A ratio de cobertura de xuros da empresa, calculada sobre a base do EBITDA, fose inferior a 1,0.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na alínea c) do parágrafo anterior.

En todo caso, para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria, así como, no caso de sociedades, fotocopia dos balances e contas de explotación dos tres últimos anos.

Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

2. Non se concederán axudas a solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias que dean lugar á prohibición para obter a condición de beneficiario sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e, en particular aos solicitantes condenados mediante sentenza firme ou sancionados mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.

3. No caso de empresas lácteas que adquiran leite a terceiros, deberán acreditar que dispoñen dos contratos escritos establecidos no capítulo II do Real decreto 95/2019, do 1 de marzo, polo que se establecen as condicións de contratación no sector lácteo e se regula o recoñecemento das organizacións de produtores e das organizacións interprofesionais no sector, e polo que se modifican varios reais decretos de aplicación ao sector lácteo. Esta acreditación deberá facerse cando se solicite a axuda.

Requisitos adicionais dos investimentos

Para a concesión e/ou pagamento das axudas, os investimentos e instalacións deberán cumprir os seguintes requisitos adicionais:

1. Os investimentos e instalacións deben cumprir os seguintes requisitos en materia de ambiente:

a) No caso de proxectos de investimento relativos a instalacións xa existentes, o solicitante deberá acreditar que realizou a comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, presentando toda a documentación requirida, ou ben, no caso de instalacións anteriores á entrada en vigor da devandita lei, que dispón de licenza de actividade.

b) No caso de proxectos de investimento que requiran unha avaliación do impacto ambiental conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o solicitante deberá acreditar a súa dispoñibilidade e sentido favorable cando solicite a axuda.

Para eses efectos, todas as solicitudes referentes a proxectos incluídos nalgún dos seguintes casos citados a continuación deberán incluír coa documentación da solicitude o informe favorable de avaliación ambiental ou ben un informe da autoridade competente que indique que non é necesario:

1º. Proxectos incluídos no anexo I ou anexo II da Lei 21/2013, ou que supoñan a modificación das características dun proxecto incluído nos referidos anexos.

2º. Proxectos que poidan afectar, directa ou indirectamente espazos protexidos da Rede Natura 2000.

c) No caso de novas industrias, así como en investimentos que precisen polas súas características dispoñer ou actualizar a autorización ambiental integrada regulada polo Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, ou a declaración de incidencia ambiental regulada pola Lei 9/2013, deberán acreditar a súa dispoñibilidade e, de ser o caso, o cumprimento das condicións que esta estableza relativas aos investimentos afectados. O prazo máximo para a presentación desta acreditación será o establecido nesta orde para tramitación do pagamento.

2. Os investimentos e instalacións deben cumprir os seguintes requisitos, de ser o caso, en materia de sanidade e benestar animal:

a) No caso de investimentos relativos a instalacións xa existentes, deberá acreditarse coa solicitude de axuda que as referidas instalacións dispoñen de rexistro sanitario, e que cumpren, de ser de aplicación, a normativa de benestar animal, e a relativa á elaboración de produtos para alimentación animal.

b) Para o pagamento das axudas o beneficiario deberá acreditar tras a execución dos investimentos que dispón de rexistro sanitario actualizado ou vixente, así como, de ser de aplicación, que cumpre a normativa de benestar animal ou a relativa á elaboración de produtos para alimentación animal. Esta acreditación non será exixida no caso de que os investimentos previstos, dadas as súas características, non supoñan unha alteración das actividades da empresa que afecten o rexistro sanitario vixente, ou alteren as condicións relativas ao benestar animal ou á elaboración de produtos para alimentación animal.

A resolución de concesión indicará, se é o caso e expresamente, as acreditacións referidas que será necesario presentar para o pagamento da axuda.

3. Non se concederán axudas a investimentos iniciados con anterioridade á presentación dunha solicitude de axuda. Para estes efectos, considerarase como inicio do investimento a data en que se produza, en primeiro lugar, ben o inicio das obras de construción relativas aos investimentos, ou ben o primeiro compromiso xuridicamente vinculante para realizar un pedido de equipamentos ou servizos ou calquera outro compromiso que faga irreversible o proxecto. A compra de terreos, así como os gastos sinalados no número 4.d) do artigo 3 desta orde, non será considerado como inicio do investimento sempre que se iniciasen con posterioridade á aprobación do PDR de Galicia 2014-2020 pola Unión Europea (Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015).

4. Os investimentos obxecto da axuda deberán ter unha execución mínima (investimento xustificado e pagado) na anualidade correspondente á convocatoria á que concorre a solicitude, que será establecida en cada convocatoria anual.

5. Débese respectar a moderación de custos tal como establece o artigo 48.2.e) do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no referente ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade.

Para iso, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberanse solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación, e presentalas coa solicitude de axuda. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social ou epígrafe do imposto de actividades económicas, no momento de emisión da oferta, a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións. Tamén serán admisibles as ofertas de empresas con páxinas web en que figuren referencias ao material ou servizo ofertado.

b) Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

c) Deberán incluír como mínimo o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír no caso de obra civil e instalacións a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo, así como características técnicas, e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado, no cal se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados neste punto.

Outros requisitos e condicións

1. Cando o solicitante estea sometido á normativa de contratación pública conforme o disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, deberá acreditar o seu cumprimento na execución dos investimentos subvencionados con anterioridade ao pagamento da axuda.

2. Para a concesión das axudas teranse en conta as restricións de produción e as limitacións de apoio comunitario que existan de acordo coas organizacións comúns de mercado da Unión Europea. Non se concederán axudas que contraveñan prohibicións ou restricións establecidas nestas.

3. A actividade ou actividades obxecto de axuda, así como os conceptos subvencionados, deberanse manter durante un período non inferior a cinco anos contados desde o momento do pagamento final da axuda ao beneficiario, conforme os criterios establecidos no artigo 71 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello.

Así mesmo, no caso de empresas non pemes, o beneficiario deberá devolver a axuda se nos dez anos seguintes ao pagamento final da axuda a actividade produtiva se somete a unha relocalización fóra da Unión Europea.

4. Non se concederán axudas a investimentos en construción de novas superficies cubertas ou ampliación das existentes, nin aos seus investimentos relacionados, se non se acredita coa solicitude e nos prazos establecidos a dispoñibilidade da licenza de obras correspondente que lle permita iniciar as obras. Así mesmo, no caso de novas instalacións, deberase acreditar coa solicitude a dispoñibilidade do terreo ou recinto en que se van realizar os investimentos.

5. Non se concederá axuda a investimentos relativos a instalacións xa existentes que non estean inscritas no Rexistro de Industrias Agrarias.

6. Non se concederán nin pagarán subvencións a solicitantes ou beneficiarios que non estean ao día nas obrigas tributarias (Ministerio de Economía e Facenda) e fronte á Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma (Consellería de Facenda).

7. No caso de solicitantes non pemes en que os produtos finais dos proxectos presentados non estean incluídos no anexo I do Tratado, deberán cumprir ademais os seguintes requisitos adicionais:

a) A axuda só se concederá para un investimento inicial en favor dunha nova actividade económica na zona de que se trate. Para estes efectos, considerarase como investimento inicial dunha nova actividade económica o investimento en activos relacionado coa creación dun novo establecemento, ou a diversificación da actividade dun establecemento, sempre que a nova actividade non sexa unha actividade idéntica ou similar á realizada anteriormente no establecemento. Tamén terá esa consideración a adquisición de activos (terreo e/ou edificacións) pertencentes a un establecemento que pechou ou que tería pechado se non fose adquirido e que é comprado por un investidor non vinculado ao vendedor, sempre que a nova actividade que vaia realizarse utilizando os activos adquiridos non sexa a mesma actividade ou unha actividade similar á realizada no establecemento con anterioridade á adquisición.

Considérase a mesma actividade ou unha actividade similar unha actividade que entra na mesma categoría (código numérico de catro díxitos) da nomenclatura estatística de actividades económicas NACE Rev. 2, establecida no Regulamento (CE) 1893/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de decembro, polo que se establece a nomenclatura estatística de actividades económicas NACE Revisión 2 e polo que se modifican o Regulamento (CEE) nº 3037/90 do Consello e determinados regulamentos da CE sobre aspectos estatísticos específicos.

b) O beneficiario das axudas deberá achegar unha contribución financeira mínima do 25 % dos custos subvencionables, ben a través dos seus propios recursos, ben mediante financiamento externo exento de calquera tipo de axuda pública.

Presentación de solicitudes e documentación necesaria para a tramitación do procedemento

1. Nos termos previstos no artigo 14.2 da Lei 39/2015, as persoas xurídicas están obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas.

No caso de persoas físicas incluídas no réxime especial de traballadores autónomos, a obriga de relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración fundaméntase no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de Administración dixital de Galicia.

Tendo en conta o anterior, tanto a presentación das solicitudes de axuda, como os demais trámites necesarios para a xestión deste procedemento administrativo, incluídos os requirimentos de emenda e as notificacións, faranse exclusivamente a través de medios electrónicos. Para eses efectos utilizarase o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. As solicitudes de axuda presentaranse no modelo que figura como anexo A1, xunto coa documentación adicional seguinte:

a) Anexo A2: memoria, debidamente cuberto.

b) Estudo técnico co contido mínimo indicado no anexo A3.

c) Estudo económico co contido mínimo indicado no anexo A4.

d) Anexo A5: relación de ofertas solicitadas e elixidas.

e) Documentación adicional:

1ª. Documentos acreditativos da personalidade do solicitante. Para iso, no caso de persoas xurídicas deberase presentar unha copia das escrituras ou documento de constitución onde se recollan os estatutos ou regras fundacionais e debidamente inscritos no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados.

2ª. No caso de empresas xa existentes, balance e contas de resultados dos tres últimos anos se son sociedades. Se a empresa ten ou forma parte dun grupo empresarial, deben presentarse tamén o balance e as contas consolidadas do último ano do grupo.

3ª. No caso de investimentos que inclúan a construción de novas superficies cubertas: xustificación documental da dispoñibilidade da licenza de obras. Así mesmo, no caso de novas instalacións, deberase acreditar a dispoñibilidade do terreo ou recinto en que se van realizar os investimentos, identificable mediante a súa referencia catastral.

4ª. No caso de industrias xa existentes, rexistro sanitario e licenza de actividade do concello ou acreditación da presentación da comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, con toda a documentación requirida. No caso de matadoiros, mercados e outras actividades relacionadas co manexo de gando vivo, deberase acreditar que se cumpren as normas mínimas relativas ao benestar animal, mediante informe ou certificado actualizado expedido por autoridade competente. No caso de industrias de alimentación animal deberase acreditar que se cumpre a normativa específica sobre elaboración dese tipo de produtos, mediante informe ou certificado actualizado expedido por autoridade competente.

5ª. No caso de proxectos incluídos no anexo I ou no anexo II da Lei 21/2013, de avaliación ambiental, ou que supoñan a modificación das características dun proxecto incluído nos referidos anexos, así como cando se trate de proxectos que poidan afectar, directa ou indirectamente, espazos protexidos da Rede Natura 2000, o solicitante deberá presentar o informe favorable de avaliación de impacto ambiental, ou un informe da autoridade competente en que se indique que o referido proxecto non a precisa.

6ª. Todas as ofertas solicitadas relativas aos investimentos que se van realizar e incluídas no anexo A5 desta orde.

7ª. No caso de empresas lácteas que adquiran leite a terceiros, acreditación de que dispoñen dos contratos escritos establecidos no capítulo II do Real decreto 95/2019, do 1 de marzo, polo que se establecen as condicións de contratación no sector lácteo e se regula o recoñecemento das organizacións de produtores e das organizacións interprofesionais no sector, e polo que se modifican varios reais decretos de aplicación ao sector lácteo.

8ª. No caso de producir produtos amparados por unha denominación de calidade recoñecida debe achegarse certificado do consello regulador correspondente sobre a produción amparada no último ano.

9ª. No caso de facturar produtos amparados pola marca de garantía de leite «Galega 100 %» debe presentarse copia do contrato de licenza de uso, así como acreditación do importe facturado no último ano en produtos amparados nesa marca.

10ª. No caso de proxectos innovadores recoñecidos no marco da Asociación Europea para a Innovación, debe achegarse certificado acreditativo da unidade responsable correspondente.

11ª. No caso de proxectos procedentes de iniciativas de cooperación e desenvolvemento local apoiadas a través do artigo 35 do Regulamento UE 1305/2013, debe achegarse certificado acreditativo da unidade xestora correspondente.

A documentación complementaria deberá presentarase electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

3. Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

4. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Documentos acreditativos da personalidade da entidade ou da persoa solicitante, consistentes no NIF cando a solicitante sexa unha persoa xurídica e no DNI ou NIE no caso de persoa física.

b) Declaracións do IRPF (no caso de persoas físicas) dos 3 últimos anos.

c) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

e) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda).

f) Comprobación de que o solicitante non ten concedidas outras axudas incompatibles.

g) Comprobación de que o solicitante non está inhabilitado para obter axudas públicas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Corrección de erros Orde do 22 de xuño de 2020 relativa ao réxime de anticipos, modificacións e renuncia en relación coas axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 128 do 30 de xuño de 2020).

    • Orde do 22 de xuño de 2020 relativa ao réxime de anticipos, modificacións e renuncia en relación coas axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 125 do 26 de xuño de 2020).

    • Orde do 13 de maio de 2020 relativa ás excepcións para o ano 2020 na execución dos controis administrativos e sobre o terreo establecidos nas convocatorias de subvencións desta consellería cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, de conformidade co Regulamento de execución (UE) 2020/532 da Comisión, do 16 de abril de 2020, que establece excepcións, para o ano 2020, aos regulamentos de execución (UE) 809/2014, (UE) 80/2014, (UE) 181/2014, (UE) 2017/892, (UE) 2016/1150, (UE) 2018/274, (UE) 2017/39, (UE) 2015/1368 e (UE) 2016/1240, no que se refire a determinados controis administrativos e sobre o terreo aplicables no marco da política agrícola común (DOG nº 98 do 22 de maio de 2020).

    • Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2020 (DOG nº 16 do 24 de xaneiro de 2020).

    • Extracto da Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2020 (DOG nº 16 do 24 de xaneiro de 2020).

    • Resolución do 26 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2020 (DOG núm. 26 do 9 de febreiro de 2021).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CO301B

Bonos Activa comercio.

Prazo aberto: 20/05/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59

FA300A

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300B

Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300C

Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano