Guía de procedementos e servizos

MR333A

Creación de grupos operativos de innovación da AEI en materia de productividade e sostenibilidade, agrícola e forestal.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 10/01/2017 00:00 - 09/02/2017 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións para o apoio á creación de grupos operativos (GO) da Asociación Europea de Innovación conforme o artigo 35.1.c) e os artigos 56 e 57 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda para o desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

2. E, así mesmo, convocar, para o ano 2017, as axudas á iniciativa de creación de grupos operativos para gastos destinados á definición, elaboración e busca de socios para proxectos innovadores, de acordo coas bases reguladoras sinaladas no punto anterior.

Gastos subvencionables.

1. As axudas previstas nesta orde destinaranse a cubrir os gastos, efectuados posteriormente á presentación da solicitude da axuda, que estean directamente relacionados co orzamento de constitución do grupo operativo, e poderán aplicarse aos conceptos que a seguir se detallan:

a) Gastos de viaxe e reunións vinculados ao obxectivos de creación e busca de información do grupo operativo.

b) Accións formativas puntuais, concretas e xustificadas que posibiliten a capacitación de membros do grupo operativo, vinculadas aos obxectivos propostos polo grupo.

c) Elaboración e redacción do proxecto de innovación e/ou plan empresarial que analice a viabilidade do proxecto.

d) Custo da contratación dos servizos do axente de innovación.

e) Estudos preparativos vinculados á temática do proxecto do grupo operativo con obxectivo de definir e valorar os resultados esperados.

2. O IVE só será subvencionable no caso de que sexa real e definitivamente soportado polo beneficiario e, polo tanto, non recuperable, agás no caso de que o beneficiario sexa un organismo de dereito público, xa que neste caso non será subvencionable a través da axuda Feader.

Gastos non subvencionables.

Non será subvencionable ningún gasto correspondente a actuacións ou actividades anteriores á data de presentación da solicitude.

1. Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións as persoas físicas ou xurídicas tales como agricultores, gandeiros, silvicultores e as organizacións representativas destes; investigadores, persoas que desenvolvan por conta propia a súa actividade no eido do medio rural; empresas do sector agrícola, gandeiro ou forestal e as súas organizacións representativas; cooperativas agrarias e as súas asociacións e outras entidades que demostren intereses no fomento da competitividade da agricultura, na sustentabilidade dos recursos naturais e do clima ou desenvolvemento das economías e comunidades rurais.

2. O solicitante presentará a solicitude de axuda para a definición, elaboración e busca de socios co fin da constitución dun grupo operativo para a elaboración dun proxecto innovador en materia de sustentabilidade e produtividade agrícola no marco da Asociación Europea de Innovación (AEI).

3. Só serán elixibles aquelas solicitudes de carácter autonómico que presenten un proxecto que se vaia desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia destinado a resolver un problema existente no sector agrario, forestal ou agroalimentario galego.

Obrigas dos beneficiarios.

Sen prexuízo das demais obrigas que resulten do capítulo III do título preliminar do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigados a:

1º. Proceder ao reintegro das cantidades percibidas coa subvención, xunto cos xuros de demora calculados en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días entre a data de reembolso ou dedución.

2º. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. A maiores, ao tratarse de axudas cofinanciadas co fondo Feader, os beneficiarios deberán someterse aos específicos controis administrativos sobre o terreo e a posteriori, segundo o recollido no Regulamento (UE) nº 809/2014.

3º. Os beneficiarios deberán levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas á acción de cooperación subvencionada.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540021

Fax: 981540018

Email: mediorural.recursosforestais@xunta.gal

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Prazo de presentación: PECHADO

10/01/2017 00:00 - 09/02/2017 23:59

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

1. A persoa física ou a entidade solicitante deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Realizar a actividade obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

b) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

c) No caso de entidade, posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitada para a obtención da subvención pública ou para contratar co Estado, coas comunidades autónomas ou outros entes públicos.

d) No caso de persoa física, demostrará a súa actividade profesional no sector agrícola ou forestal.

e) Non incorrer nalgunha das circunstancias relacionadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Relación de axudas de minimis percibidas polo solicitante nos últimos 3 anos, recollida no anexo I.

2. Os consellos reguladores das denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario que aínda non teñan acadada personalidade xurídica de seu, por non ter adaptados os seus regulamentos ao establecido na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, poderán solicitar as axudas reguladas pola presente orde sempre que cumpran co recollido no punto 3 do artigo 8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Os membros comprometeranse a permanecer no grupo operativo durante o período de creación do grupo, deseño e redacción do proxecto innovador.

  • A solicitude incluirá a seguinte documentación:

    • a) Anexo I. A solicitude da axuda cos datos de identificación da iniciativa do proxecto, datos da persoa ou entidade solicitante, que asumirá a xestión económica do proxecto e a plena responsabilidade fronte á Administración para os efectos de pagamentos, reembolsos e recuperacións.

    • b) Anexo II. Memoria descritiva da iniciativa do proxecto de innovación que se vai desenvolver.

    • c) Modelo do acordo de colaboración entre as entidades participantes.

    • d) Relación de proxectos de I+D+i no sector agrario, forestal ou agroalimentario e/ou experiencia temática na iniciativa do proxecto da entidade solicitante, onde se detallen, como mínimo, breve descrición da acción, data de realización, orde de convocatoria e publicación e participantes.

    • e) Copia dos estatutos fundacionais da entidade solicitante en que apareza recollido o seu obxecto social.

    • f) Documentación acreditativa da representatividade suficiente para asinar a solicitude. Cando se trate dun empresario individual, deberá achegar a copia compulsada do DNI, só no caso de denegar expresamente a súa consulta. Se se trata dunha persoa xurídica deberá achegar a copia do NIF só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, os profesionais colexiados, as persoas representantes dunha das anteriores. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

    Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a traves da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

  • Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a traves da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

    Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

  • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 27 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a creación de grupos operativos de innovación da Asociación Europea de Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 5 do 9 de xaneiro de 2017).

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano