Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR330D
Autorización para impartición de actividades de formación contínua e transferencia de tecnoloxía agraria.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Esta orde ten por obxecto desenvolver a normativa básica contida no Decreto 247/2000, do 29 de setembro, sobre o procedemento de autorización das entidades que, en colaboración coa Consellaría do Medio Rural, impartan cursos de formación continua e desenvolvan actividades de transferencia de tecnoloxía dirixidas a persoas que traballan no sector agrario dentro da comunidade autónoma galega. Así mesmo, é obxecto desta orde regular o procedemento para a homologación das actividades formativas que as ditas entidades realicen e para o recoñecemento oficial dos certificados, carnés ou diplomas das persoas asistentes aos cursos e actividades impartidas polas entidades colaboradoras.
As disposicións desta orde serán de aplicación con carácter xeral ás actividades de formación continua e transferencia de tecnoloxía agraria que, previamente homologadas pola Consellería do Medio Rural, se realicen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia polas entidades colaboradoras, con independencia de que sexan ou non subvencionadas con cargo aos orzamentos da consellería.
As modalidades formativas que poderán ser desenvolvidas polas entidades colaboradoras, logo de solicitude e concesión da homologación para a súa impartición por parte da Consellería do Medio Rural son as seguintes:
-Cursos de Incorporación á Empresa Agraria.
-Outros cursos exixibles pola normativa vixente, con excepción dos sinalados no punto 2.4 desta orde.
-Ensinanzas de actualización e perfeccionamento profesional.
-Actividades de experimentación, ensaio e transferencia tecnolóxica.
Requisitos do profesorado.
1. As entidades colaboradoras deberán dispor de profesorado cualificado para a impartición das accións formativas, cun perfil de coñecementos adecuados ao contido da acción. Serán persoas con titulación universitaria de grao superior ou medio en materias agrarias e afíns. Tamén poderán participar, como profesorado de prácticas, persoal con titulación de formación profesional dos ciclos medio e superior da familia agraria.
2. Para a impartición dos cursos de Incorporación á Empresa Agraria será necesario contar co seguinte cadro mínimo de profesorado:
-5 profesores con titulación universitaria en materia agronómica ou veterinaria, podendo participar tamén titulados/as en materia forestal, tecnoloxía dos alimentos, enoloxía, bioloxía, química, ciencias ambientais e outras titulacións afíns a estas en función da orientación técnico-produtiva da incorporación.
-2 profesores con titulación en formación profesional de grao medio ou superior en especialidades agrarias.
-Neste tipo de cursos, cada profesor non poderá impartir máis dun total de 40 horas.
3. Para o resto dos cursos será suficiente contar con persoal especializado que acredite a súa formación no contido específico da materia.
Cando a duración dos cursos sexa superior a 30 horas, ou máis, un profesor/a non poderá impartir máis do 50% dos contidos da actividade formativa de que se trate.
Condicións particulares de impartición dos cursos.
1. A duración dos cursos de Incorporación á Empresa Agraria será de 250 horas, debendo o seu contido axustarse ao disposto no anexo V. Para superar os cursos será necesario asistir, como mínimo, ao 90% das horas lectivas e demostrar o seu aproveitamento ao rematar os cursos mediante unha proba obxectiva de aptitude. Esta proba, que se realizará no lugar e polo persoal técnico que designe a Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal.
2.-O número de persoas asistentes aos cursos, agás casos excepcionais debidamente motivados, non poderá superar os 30 alumnos/as.
3.-Previamente ao comezo dos cursos autorizados, as entidades estarán obrigadas a comunicar á Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal da Consellaría do Medio Rural o inicio da acción formativa por escrito, debendo ser recibida na citada dirección xeral, como mínimo, 10 días antes do comezo da actividade, e acompañada pola relación de apelidos e nomes das persoas que solicitan asistir ao curso ordenada alfabeticamente, utilizando para iso o anexo VI desta orde. No caso de variar algunha das circunstancias relativas ao cadro de profesorado, lugar, data ou horario do curso, deberán manifestalo na comunicación. En caso de non recibir notificación en contra, entenderase estimada polo mencionado órgano xestor.
4.-No suposto de que a entidade renuncie a realizar a actividade autorizada ou a mesma sexa suspendida, o feito deberá comunicarse por escrito á Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal.
5.-As entidades impartidoras dos cursos estarán ademais obrigadas a:
a) Nomear un coordinador por curso que será o responsable do seu funcionamento, debendo estar localizable durante as horas de impartición deste.
b) Axustarse aos programas de contidos mínimos establecidos pola Consellaría do Medio Rural.
c) Recepcionar as solicitudes dos alumnos interesados en asistir ás actividades formativas, segundo o anexo VII.
d) Levar as follas de control de asistencia diaria ordenadas alfabeticamente, segundo o anexo VIII, onde asinarán os participantes ao comezo e ao final de cada xornada. As follas deberán ser asinadas polo profesor e o coordinador do curso. A relación de sinaturas diarias así como o programa da actividade, en todo momento estarán a disposición dos supervisores da Consellería do Medio Rural.
O desenvolvemento das accións formativas non consideradas como exixibles pola normativa vixente realizarase consonte á programación e contido aprobado pola administración, séndolle de aplicación os puntos 3 a 6 do artigo anterior. En calquera caso, como norma xeral será necesario asistir, como mínimo, ao 90% das horas lectivas para considerar superado o curso e ter dereito ao outorgamento da correspondente certificación ou diploma oficial.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)
Área de Formación, Innovación e Investigación
Departamento de Formación
Rua Camiño Francés, 10
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546650
Fax: 981546651
Email: formacion.cmrm@xunta.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Solicitude segundo o Anexo I.
Memoria explicativa na que se acredite a dispoñibilidade dos medios e instalacións necesarias para impartir a actividade.
Programa da actividade que se vai impartir (contido e horas lectivas de cada unidade didáctica).
Póliza de seguros (achegar copia dunha das pólizas que se relacionan ou marcar o compromiso de achegalas):
Copia da póliza de seguros de responsabilidade civil referente ás dependencias onde se realizarán os cursos.
Copia da póliza de seguros de accidentes e responsabilidade civil que cubra á totalidade do persoal docente e do alumnado.
Compromiso de achegalas con anterioridade ao comezo da actividade lectiva.
Curriculum Vitae da persoa responsable da formación.
Anexo II para a comprobación de datos da persoa responsable da formación.
Relación das materias que vai impartir .
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
NIF da entidade solicitante.
DNI/NIE da persoa solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
NIF da entidade representante.
Prazo de resolución: Un mes
Sentido do silencio: Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).
-
Orde do 17 de marzo de 2009 pola que se ditan normas relativas á inscrición no rexistro de entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para a realización de actividades de formación continua e transferencia de tecnoloxía en materia agraria e sobre o procedemento de homologación dos cursos realizados por estas entidades e a expedición de certificacións e diplomas oficiais por parte da Administración pública (DOG nº 60 do 27 de marzo de 2009).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano