Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR330B
Axudas a actividades de demostración e accións de información.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións destinadas a financiar actividades de demostración e accións de información orientadas a persoas con relación profesional ou con expectativa de incorporación nos sectores produtivos da agricultura, da gandaría, da industria agroalimentaria e da cadea forestal-madeira, dirixidas, en especial, á mocidade e mulleres do medio rural, orientadas a persoas en idade laboral, en activo ou con expectativa de incorporación en sectores produtivos relacionados coa agricultura e a silvicultura, así como facilitar a innovación e a incorporación de novas tecnoloxías e coñecementos aos ditos sectores, coa finalidade de procurar un aumento da produtividade e eficiencia das explotacións agrarias e forestais e das empresas agroalimentarias, e convocar estas axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, parao ano 2018. O seu código de procemento é o MR330B.
2. Para o apoio a estas actividades de demostración e accións de información dotaranse orzamentariamente por separado os seguintes grupos/colectivos de beneficiarios:
a) Axudas para as actividades de demostración e accións de información baixo a submedida 1.2, destinada a actividades cuxos asistentes sexan polo menos o 60 % mulleres.
b) Axudas para as actividades de demostración e accións de información baixo a submedida 1.2, destinada a grupos ou colectivos non comprendidos na letra a).
3. Non se financiará ningunha actividade de investigación nin campos de ensaio.
Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde as entidades privadas, con sede na Comunidade Autónoma de Galicia (entre elas, cooperativas ou outras entidades asociativas agrarias), que teñan entre as súas finalidades a formación e/ou información ao sector que teñan acreditada experiencia de dous anos na organización de actividades de información e/ou demostración en materias relacionadas cos sectores agrícolas, gandeiros, forestais ou agroalimentarios.
Disporán dos medios adecuados e do persoal cualificado para a execución das actividades obxecto da subvención. Titulación universitaria de grao superior ou medio en materias agrarias ou afíns requiridas, segundo se especifica no punto 3.1 de requisitos do beneficiario.
Deberán acreditar experiencia concreta no ámbito da actividade que se vai a desenvolver segundo se especifica no punto 3.1 de requisitos do beneficiario.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)
Área de Formación, Innovación e Investigación
Departamento de Investigación e Transferencia
Avenida do Camiño Francés, 10
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546662
Fax: 981546699
Prazo de presentación: PECHADO
27/07/2018 00:00 - 27/08/2018 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte da súa publicación no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. As entidades beneficiarias das actividades de demostración e accións de información deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) A beneficiaria deberá ter unha sede no territorio autónomo de Galicia.
b) A documentación de constitución da entidade debe ter como obxecto ou finalidade a formación ou o desenvolvemento do medio rural galego.
c) Contar coas licenzas e autorizacións administrativas correspondentes.
d) Cumprir coas súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.
e) Contar cun responsable de formación, cun nivel de titulación universitaria de grao medio ou superior, ou con experiencia profesional acreditada no ámbito da actividade que desenvolva a entidade.
O persoal docente de prácticas deberá contar, como mínimo, coa titulación de formación profesional dos ciclos medio ou superior da familia agraria ou asimilados.
Poderán ser docentes/relatores de accións de demostración os titulares de explotacións agrarias, titulares forestais ou dunha empresa agroalimentaria que acrediten unha experiencia no sector mínima de 5 anos.
f) Acreditar experiencia de polo menos 2 anos na organización de actividades de información e/ou demostración en materias relacionadas cos sectores agrícolas, gandeiros, forestais ou agroalimentarios, ou acreditar unha actividade produtiva ou profesional nalgún dos sectores agrícolas, gandeiros, forestais ou agroalimentarios de, polo menos, 5 anos.
g) Dispor dunha póliza de seguros de responsabilidade civil referente ás instalacións onde se realizarán as actividades e da póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil que cubra a totalidade do persoal docente ou relator e dos asistentes, que deberá estar a nome da entidade beneficiaria.
h) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitada para a obtención pública ou para contratar co Estado, coas comunidades autónomas ou outros entes públicos.
i) Non incorrer nalgunha das circunstancias relacionadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Os consellos reguladores das denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario que aínda non teñan acadada personalidade xurídica de seu, por non ter adaptados os seus regulamentos ao establecido na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, poderán solicitar as axudas reguladas pola presente orde sempre que cumpran co recollido no punto 3 do artigo 8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Deberán reunir os requisitos establecidos no PDR de Galicia 2014-2020, o cal recolle que poderán ser beneficiarios da medida a Administración autonómica, polas actividades que organice baixo a súa propia iniciativa e as entidades públicas ou privadas que teñan entre as súas finalidades a formación e/ou información ao sector e teñan acreditada experiencia na organización de actividades de información e/ou demostración en materias relacionadas cos sectores agrícolas, gandeiros, forestais ou agroalimentarios.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Ficha técnica de cada actividade solicitada, segundo o modelo que figura no anexo II desta orde, debidamente cuberta.
b) Historial profesional da persoa designada como responsable da acción que se vai realizar que conteña: titulación, profesión, experiencia e vinculación coa actividade que cómpre desenvolver. Ademais, cadro de profesorado ou relatores que as vaian impartir, acompañado da copia do título académico, currículo e relación das materias que vai impartir cada un.
c) Memoria explicativa da acción para a cal se solicita a axuda, que deberá desenvolver os seguintes contidos: antecedentes, obxectivos, contidos, duración, medios propios da entidade que se empregarán na súa realización, beneficios da actividade, persoas a que vai dirixida, experiencia da entidade neste tipo de actividades, calendario detallado da actividade, orzamento desagregado das actuacións para as que solicita a subvención, especificando, para cada actividade, os distintos conceptos de gasto e datas estimadas nas que se producirán as xustificacións de gasto, de ser o caso, medios didácticos e humanos que se empregarán e lugar e calendario detallado da actividade.
d) Memoria explicativa das características da entidade solicitante e medios persoais e materiais dos que dispón para o desenvolvemento de actividades.
e) Copia da póliza de seguro de responsabilidade civil referente ás dependencias onde se realizarán as actividades e copia da póliza do seguro de accidentes e de responsabilidade civil que cubra a totalidade do persoal docente ou relator e do alumnado ou compromiso de subscribilo, que deberá estar a nome da entidade beneficiaria.
Deberá incluírse, se é o caso, documentación acreditativa da relación de aseguramento do profesorado.
f) Declaración responsable sobre o obxecto social da entidade (anexo I) xunto coa copia dos estatutos fundacionais ou constitutivos da entidade solicitante, na cal apareza recollido o seu obxecto social.
g) Documento acreditativo da personalidade e certificación da inscrición no rexistro correspondente da entidade solicitante.
h) Declaración responsable acreditando a representatividade suficiente para asinar a solicitude (anexo I) xunto co documento acreditativo da dita representatividade.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
c) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
d) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requeriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica, por parte da persoa solicitante ou representante, supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
Aquelas solicitudes en que falte a documentación solicitada, requirirase o solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles achegue a documentación que falte.
Se a documentación achegada está incompleta, requirirase o solicitante para que, nun prazo de dez días hábiles, que comezará a contar o día seguinte ao de recepción do requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se non o fixer, se terá por desistido da súa petición, e procederase ao arquivamento das actuacións despois da notificación da resolución en tal sentido, de acordo co establecido nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
- Fase de solicitude
- Ficha de cada actividade solicitada (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 12 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o financiamento de actividades de demostración e accións de información para o sector agroforestal e agroalimentario, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 142 do 26 de xullo de 2018).
-
Extracto da Orde do 12 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o financiamento de actividades de demostración e accións de información para o sector agroforestal e agroalimentario, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 142 do 26 de xullo de 2018).
-
Resolución do 16 de abril de 2019 pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 12 de xullo de 2018, da Consellería do Medio Rural, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o financiamento de actividades de demostración e accións de información para o sector agroforestal e agroalimentario, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 80 do 26 de abril de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano