Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR321B
Subvencións para equipamento informático das organizacións profesionais agrarias e das asociacións agrarias.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería do Medio Rural
A finalidade das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras é a actualización informática das organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias.
Poderán ser beneficiarias das axudas que se regulan nesta orde, as seguintes entidades:
1. As organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas en Galicia que concorreron ás eleccións ás cámaras agrarias que tiveron lugar o 26 de maio de 2002, segundo o recollido na disposición transitoria única da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego.
2. As asociacións agrarias, con ámbito de actuación provincial ou autonómico, legalmente constituídas de acordo coa Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, con código de actividade «811 Agricultura, gandaría, silvicultura, caza, pesca» consonte o Real decreto 949/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546396
Email: sxaexplotacions.mediorural@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
10/05/2023 00:00 - 09/06/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
1. As entidades beneficiarias deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. As asociacións agrarias deberán cumprir polo menos dúas das seguintes condicións:
a) Ter representación da parte produtora e non asociada a cooperativas nas eleccións para renovar os órganos de goberno de determinados consellos reguladores do ámbito agroalimentario, convocadas pola Orde do 7 de novembro de 2022 pola que se convocan eleccións e se ditan normas para a renovación dos órganos de goberno de determinados consellos reguladores do ámbito agroalimentario.
b) Estar inscrita no Rexistro de Entidades con Servizos de Aconsellamento ou Xestión de Galicia.
c) Ser unha entidade colaboradora da política agrícola común (PAC) e ter tramitado polo menos o 1 % das solicitudes únicas da PAC 2022.
d) Ser unha entidade colaboradora da Consellería do Medio Rural para prestar servizos de formación agroforestal durante o ano 2022.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Acreditación da persoa representante legal da súa representación (se fose o caso).
b) Estatutos de constitución da entidade.
c) Memoria xustificativa da necesidade dos investimentos.
d) Orzamentos dos investimentos. Cando o importe do gasto subvencionable supere os 15.000 euros en adquisición de equipos ou os 40.000 euros en obras de instalación, o solicitante deberá achegar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderase solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de xeito presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade representante.
d) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.
e) Concesión de subvencións e axudas.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
h) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 26 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a adquisición dos bens informáticos e os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 88 do 9 de maio de 2023).
-
Extracto da Orde do 26 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a adquisición dos bens informáticos e os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 88 do 9 de maio de 2023).
-
Resolución do 10 de setembro de 2024 pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 26 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a adquisición e mantemento dos bens informáticos e dos medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 180 do 18 de setembro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores.
Prazo aberto: 26/04/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59
Rexistro de sociedades agrarias de transformación.
Aberto todo o ano
Incrición no rexistro de entidades con servizos de aconsellamento ou xestión de Galicia.
Aberto todo o ano
Declaración responsable para a prestación de servizos como entidade identificadora.
Aberto todo o ano